Yulunga é unha película sobre unha tribo, na cal se trata de mostrar e representar a relación entre o nacemento dun bebé san e a última loita dun águia.
Ao meu pai e ao meu avó: 1936- 2006. Con esta adicatoria aos seus seres queridos, Cristiano Mourato abre e presenta esta curtametraxe portuguesa na cal as cores vermella e negra son protagonistas do ritmo incesante e inquedante de formas e símbolos misturados con auténtica destreza e xenialidade. Feita con 2D tradicional, a obra dirixida por Mourato e producida por Quest animation, trata de mostrar, a través dunha sátira social o simbolismo e a semiótica da esencia do propio ser humano a partires da súa representación básica e máis próxima: o sistema tribal, que, en ocasións pecamos de tachalo de primitivo e non moderno, e moitas veces remata por seres a verdadeira mostra da nosa natureza.
Cun son acústico e vocal axeitado para a composición visual e a dinámica acadada, a obra presenta uns matices suxerentes e vivos, misturando figuras perfectamente recoñecibles con formas irrepetible e insinuantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario