30 de junio de 2010

Mércores de estrea!

Tras unha semana de cinco novas estreas adicadas á Semana Especial Mulleres Animando, mostrando e presentando obras feitas por mulleres animadoras procedentes de diferentes países e elaboradas en diversas técnicas: 2D, 3D, flash, stop-motion, destinadas a todos os públicos, de novo, presentamos cinco novas películas de animación chegadas de todas as partes do mundo, coma estamos acostumados. Diferentes historias, diferentes xéneros, diferentes cores... Seguimos camiñando xuntos para animar o mundo en Animacam!

Boris Cornejo del estudio peruano de animación Cilantro Animation Studios nos presenta Johnny the roofer, sobre un executivo de Nova York que está cansado da súa monótona vida e decide darlle un xiro a esta situación. A alemana Evgenia Gostrer participa en Animacam con Waves of time: "Conmemoración, a realidade, a imaxinación. Hai límites entre estas mareas na nosa mente?". Roman Rybakiewicz vuelve a participar con Animacam, tras presentar Goma, nos muestra Marcianos, una serie para toda la familia, con una orientación hacia espectadores adolescentes y adultos.

Tunc Gencer dende Turquía amósanos a obra Holy Water, presentada a multitude de festivais, centrada no espazo entre a mente e a lingua e a relación entre a auga sagrada e a lingua. Por último, dende Chile, Galvarino Ibaceta participa en Animacam cun anuncio publicitario creado para un producto ficticio: Ojos claros, no que un touareg emprega colirio para obviar as tormentas de area.

29 de junio de 2010

Aberto ao cambio. Aberto ao novo

A artista de orixe búlgara Borislava Zahova - que participou nesta edición de Animacam coa súa obra experimental Meaning- móstranos o filme Open coa filosofía: aberto para o cambio, aberto para o novo.

Hai un vello dito que di "Fóra o vello co novo".
Como se pode encher a túa cunca con algo novo senón baleiras primeiro a cunca e vólvela útil?

Ás veces chégase a un enfoque aínda máis radical. A copa ten que romper por completo. Cando a copa rompe, non hai forma de enchela máis. Toda a existencia convértese nunha choiva de todas as dimensións, dende todas as direccións. A película é unha expresión peculiar desta catarse.

Aberto para o cambio.

Aberto ao novo.

The lost glove

The lost glove é unha animación que nos narra a amizade entre un can e unha nena onde aprendemos unha valiosa lección: "facer as cousas sen esperar nada a cambio pode resultar moi gratificante".

Justina Švambarytė naceu en Vilnius-Lituania-o 30 de setembro de 1987. Desde ese día, Justina quería ser unha artista. Despois de 22 anos, terminou en Vilnius na Escola Superior de Deseño e Construción e converteuse oficialmente nunha deseñadora.

28 de junio de 2010

Esti mese (Bedtime Story)

Bedtime Story cóntanos a historia dunha familia que é moi afeccionada á torta de mel.

A directora romanesa Kassay Réka presenta esta animación 2D titulada Bedtime Story - no orixinal, Esti mese-, gañadora no Festival de Piatra 2009. Creadora doutras animacións como Pub Turism ou Power Station, a animadora de Bucarest é toda unha especialista en 2D, empregando diferentes cores e cunha caracterización das personaxes moi elaborada.

25 de junio de 2010

Crema Suprema

Como os pasteleiros sabotéanse os seus pasteis "obras maestras", parece que ninguén vai resultar vencedor. Só unha tarta pode gañar.

A polifacética artista canadense Elleonora Ventura - creadora, guionista, animadora e deseñora de Ventura Studio- compite coa súa multipremiada obra Crema Suprema (gañadora entre outros do Femme Filme Festival e presente no Cannes Short Film Corner 2009), narra as sabotaxes entre pasteleiros no transcurso dun concurso de cociña.

24 de junio de 2010

Hallucination

Yalda Nasirian (animadora e creadora de personaxes iraniana) preséntanos unha animación que mostra as consecuencias das drogas: Hallucination.

Nada en 1983 en Teherán, diplomada no ámbito de programas informáticos na sucursal da Universidade Azad-Abhar, Licenciada no curso de animación na sucursal Jahad universitario Karaj, animadora, deseñadora de personaxes, graduada en bachlor no ámbito da «it» na rama noor Payame universitario Karaj.

Yalda abre a Semana Especial de Animacam: Mulleres Animando

23 de junio de 2010

Semana especial en Animacam: Mulleres Animando

Coinciendo co terceiro aniversario de Animacam, tras o seu nacemento o 23 de xuño de 2008, e para celebrar o solsticio 2010, o tres anos de vida do Festival e o recentemente creado blog Mulleres Animando, dedicamos esta semana Especial á muller animadora, estreando cinco obras creadas e dirixidas por mulleres.

Para todas e todos quen compartides o noso soño de “camiñar xuntos para animar o mundo”, vai unha nova xanela á que asomarnos para homenaxear ás mulleres animadoras (Mulleres Animando pretende ser un espello no que contemplarnos, xa que consideramos imprescindible a mirada feminina para compartir o camiño).

Son cinco obras do trinque procedentes de diferentes países as que forman a carteleira de Mulleres Animando en Animacam.

Yalda Nasirian
(animadora e creadora de personaxes iraniano) preséntanos unha animación que mostra as consecuencias das drogas: Hallucination.

A polifacética artista canadense Elleonora Ventura - creadora, guionista, animadora e deseñora de Ventura Studio- compite coa súa multipremiada obra Crema Suprema (gañadora entre outros do Femme Filme Festival e presente no Cannes Short Film Corner 2009), narra as sabotaxes entre pasteleiros no transcurso dun concurso de cociña.

A directora romanesa Kassay Réka presenta unha animación 2D titulada Bedtime Story - no orixinal, Esti mese-, gañadora no Festival de Piatra 2009, que relata as aventuras dunha familia que é moi afeccionada á torta de mel.

The lost glove é unha animación que nos narra a amizade entre un can e unha nena onde aprendemos unha valiosa lección: “facer as cousas sen esperar nada a cambio pode resultar moi gratificante”. Creada e escrita por Justina Švambaryte, unha muller lituana, que, con tan só 22 anos, xa realizou dúas obras de animación.

Finalmente, a artista de orixe búlgara Borislava Zahova - que participou nesta edición de Animacam coa súa obra experimental Meaning- móstranos o filme Open coa filosofía: aberto para o cambio, aberto para o novo.

Agardamos a vosa participación en Mulleres Animando e insistimos en que aquí teñen cabida non só proxectos actuais realizados por animadoras, senón tamén calquera proxecto producido ao longo da historia da animación, para crear un punto de encontro online a nivel internacional.

Desexamos que esta nova iniciativa sexa de voso agrado.

Moitas grazas polo voso apoio e confianza

Saúdos afectuosos e animados

Equipo Animacam

Mail: info@animacam.tv
Páxina web: http://www.animacam.tv
Blog oficial: http://mulleresanimando.blogspot.com
Grupo en Facebook:
http://www.facebook.com/#!/group.php?gid=125320004167166&ref=ts

22 de junio de 2010

Un imitador de arte

Unha curta sobre o futuro dun artista que está a roubar os estilos artísticos dos demáis.

Imitator é a nova obra de animación do artista búlgaro Danny Lazarov. Recreando uns escenarios total e absolutamente oníricos e impensábeis, o autor tratános de mostrar a pescuda dun artista a través do roubo e plaxio de ideas, obras, pensamentos e materiais do resto do gremio de profesionais do arte.

21 de junio de 2010

Yoochitai comezou!

YOOCHITAI comezou por fin! Qu e Vu vanse de aventuras por todo o mundo para traer a felicidade á vida de todos. A través de imaxes, gustaríanos ofrecer o amor, o soño, a paixón e o sorriso aos nenos que levan o seu futuro. Esa é a nosa visión de futuro.

Takeshi Inoue preséntanos esta simpática e sinxela animación en flash que ten coma protagonistas a dous personaxes que están namorados o un doutro sen sabelo. Percorren diferentes lugares do planeta, por terra, mar e aire... Quizais o segredo saia á luz...

18 de junio de 2010

Seis arriba de Philipina Bitch

Tres galos que lle cantan ao sol, un tigre xa extinto, unha chica, un can e unha avestruz retratan o single da banda Philipina bitch.

Seis Arriba é o título deste single representativo do novo álbume Vecindad maldita da banda sudamericana Philipina Bitch. El Estudio de Lejos está formado por un grupo de catro amigos, animadores profesionais independentes que crearon e desenvolveron esta animación durante o pasado ano.

17 de junio de 2010

Hoxe é día de estrea en Animacam

Tras unha semana de cinco novas estreas, mostrando e presentando obras feitas en diferentes técnicas: 2D, flash, stop-motion, destinadas a todos os públicos, de novo, presentamos cinco novas películas de animación chegadas de todas as partes do mundo, coma estamos acostumados. Diferentes historias, diferentes xéneros, diferentes cores... Seguimos camiñando xuntos para animar o mundo en Animacam!

Alex Budovskiy continua exhibindo as súas obras en Animacam, de novo voltando á dualidade de cores con Flagged, unha curta de animación adicada ao aniversario da alunizaxe de 2009. Joaquín Carrasquilla estrea esta semana a súa peculiar e satírica obra Chollywood Fight Match, sobre o combate nas eleccións presidenciais panameñas.

Danny Lazarov dende Bulgaria comparte connosco unha experiencia única baixo o título Imitator, sobre o roubo de estilos artísticos por parte dun artista. Un grupo de catro rapaces independientes chilenos de Estudio de Lejos presentan unha animación musical, titulada Seis Arriba. E por último, o nipón Takeshi Inoue participa en Animacam con YOOCHITAI, na que Qu e Vu vanse de aventuras por todo o mundo para traer a felicidade á vida de todos.


16 de junio de 2010

Vixen en linguaxe raposa

Durante unha inundación unha raposa fíxose cargo dun coello. Todos os días ela díxolle: »Será bo volver". Despois da tormenta, a raposa non espertou. Mesmo hoxe en día vén a súa mente a oración que só ela coñece na linguaxe raposa - »Será bo volver".

O animador esloveno Blaz Cadez preséntanos esta fermosa fábula en stop-motion, recreando unha longa pradería e unha raposeira onde se agachan os protagonistas da historia. Interesante aposta pola animación das personaxes e tamén a súa caracterización. Ao final sempre queda unha interesante moralexa.

15 de junio de 2010

De tour con Bob Dylan, Willie Nelson e John Mellencamp

Alex Budovskiy regresa a Animacam tras a súas dúas curtas sobre a Revolta dos cucos cunha animación introductoria para o tour de verán Wiyos, que contiña as actuacións de Bob Dylan, Willie Nelson e John Mellencamp.

O animador ruso torna participando con esta animación introductoria en flash, cun ritmo dinámico e chocante da man de tres artistas estadounidenses que realizaron o tour veraniego de Wiyos!

14 de junio de 2010

Bang!

No corazón de Barcelona, onde a fantasía, a imaxinación e os farsantes están á orde do día, nace unha historia onde nada é o que semella ser.

Esta obra foi realizada por José Martínez, co obxectivo de amosar unha clásica historia de amor encadrada nun espazo totalmente novedoso. Mozo coñece a moza, mozo namórase de moza e mozo tenta de conquistar á moza. A este clásico argumento, engádelle unha cidade condal apocalíptica e unhas personaxes do máis pintorescas e dirás: Bang!

11 de junio de 2010

Unha vez máis... Venres de estrea!

Tras unha semana adicada aos máis pequenos, mostrando e presentando obras feitas por nenos de entre 6 e 12 anos destinadas a todos os públicos, de novo, presentamos cinco novas películas de animación chegadas de todas as partes do mundo, coma estamos acostumados. Diferentes historias, diferentes xéneros, diferentes cores... Xa que na variedade está o gusto, velaquí tedes Animacam!

Alex Budovskiy regresa a Animacam tras a súas dúas curtas sobre a Revolta dos cucos cunha animación introductoria para o tour de verán Wiyos, que contiña as actuacións de Bob Dylan, Willie Nelson e John Mellencamp. En Bang!, unha historia dos estudios Bouman dende o corazón de Barcelona, amósanos como é a realidade na que nada é o que parece. Dende España tamén nos chega a animación de Ivan Lobon, que nos mostra que peripecias pode chegar a realizar un mago e o seu coello.

Joaquín Carrasquilla repite experiencia en Animacam, cunha nova animación en plastilina: un noticiario animado panameño baixo o título Panamá Toons. Dende Eslovenia, Blaz Cadez nos amosa unha fermosa fábula sobre unha raposa que coida dun coello abandoado. Descubride que moralexa se pode sacar dela!

10 de junio de 2010

Immersion emergence

Un conto de amor perdido, a historia de Sohni Mahiwal é un dos mundos clásicos das historias de amor tráxico. Contada en animación cut-out e inspirado pola pintura Arpana Caur de "Inmersión, Aparición", a película foi feita por alumnos de 8 anos na Titus Salt School, Bradford. Inspirado por unha viaxe á galería de arte de Bradford Cívica, Cartwright Hall, a película creouse parte das historias Anim8ed 2008 / 9 programa de educación.

Dirixida polo animador David Bunting no Museo Nacional dos Medios, as Historias Anim8ed permite aos profesores e alumnos nas escolas primarias e secundarias para aproveitar ao máximo a creatividade, a diversión e o empoderamiento da animación no salón de clases mentres traer coleccións dos museos á vida. Co apoio de DCMS e DCSF a través da posta en servizo estratéxico do programa.

9 de junio de 2010

O Queimapapeleiras


Nunha vila chamada Algodonales habita un home que se lle coñece como o queimapapeleras. Nin sequera el sabe que un día pegará lume a unha papeleira e de súpeto, aparecerá o seu gran amor ao primeiro golpe de lume... Esta curta surrealista escrita a dúas mans por dous nenos de 11 anos realizouse en Algodonales (Xerez) dentro do colexio Cervantes.

Título: O Queimapapeleiras
Produción: PDA

Duración: 4’49’’ aprox.
Realización:Juan Astete,
Francisco Javier Bernal, Alba Marian Camacho, Miranda Ramírez, Noelia Toralba, Marta Vázquez, Marcos Vega, Jose Antonio Jiménez., Juan Diego Molina, Francisco José Ávarez Javier Amado, María Pilar Amaya, Jose Antonio Morillo, Daniel Nadales, Desire Orozco, Estela Carretero, Alvaro Carretero, Ana García, Javier Jurado, Ale Anaya, Elvira DelaTorre, Jorge Escalón, Hugo Eloy, Alba Lucía Flores, Aida Vazquez.

8 de junio de 2010

The lion at home

Un terremoto provoca que un cachorro de león comeza a dar voltas fóra dun cadro e embárcase nunha incrible aventura a través dunha serie de pinturas na Galería de Arte Ferens en Hull.

Creado por alumnos de 4º curso na Escola Primaria Bricknell como parte das historias Anim8ed 2008 / 9 programa de educación. Dirixido polo animador David Bunting no Museo Nacional dos Medios, Historias Anim8ed permite aos profesores e alumnos nas escolas primarias e secundarias para aproveitar ao máximo a creatividade, a diversión e o fomento da animación no salón de clases mentres traer coleccións dos museos á vida. Co apoio de DCMS e DCSF a través da posta en servizo estratéxico do programa.

7 de junio de 2010

Debuxos animados para todos feitos por nenos

Estimados amigos e amigas Saúdos dende o Festival Internacional de Debuxos Animados na rede, Animacam.tv !

É un pracer compartillar convosco as actividades e iniciativas desenvolvidas polo Festival, tendo en conta sempre os máis pequenos, xa que para eles Animacam é un espazo idóneo para disfrutar de Debuxos Animados gratuitos de todo omundo.

Esta semana, o Festival terá un eixo temático baixo o título: “Debuxos animados para todos feitos por nenos”. Ano tras ano, non deixamos de marabillarnos dos diversos proxectos que nos chegan a través da rede dos cinco continentes. Pois ben, nesta presente edición de 2010, presentáronse a concurso seis filmes creados, desenvolvidos e debuxados por nenos de entre 8 e 12 anos. Catro dende España e Dous dende o Reino Unido.

Os Catro filmes españois foron presentados polo colectivo PDA (Pequenos Debuxos Animados), unha asociación de artistas audiovisuais que realiza proxectos de curtametraxes de animación coa colaboración de nenos de idade temperá. Co emprego dunha metodoloxía lúdica e didáctica, pretenden así explicar o proceso de creación dun proxecto audiovisual animado. A asociación expuxo un tour de animacións producido en diferentes puntos do país e o resto do mundo, por exemplo Madrid, Zlin (República Checa), Roma ou Orán (Alxeria). O equipo de PDA está composto por Mario Torrecillas (director), Tyto Alba (debuxante e animador), David Borrull (realizador de animación) e Pablo Hernández (experto en artes visuais); catro profesionais da animación que uniron as súas forzas para desenvolver este proxecto pioneiro na introdución á aprendizaxe da creación audiovisual.

Os Dous filmes británicos foron presentados polo animador e director de cine inglés David Bunting. A súa iniciativa foi creada por alumnos de 4º curso da Escola Primaria Bricknell na localidade de Kingston a uns 15 kilómetros da cidade londinense. As animacións forman parte das historias Anim8ed, un programa de educación que ofrece ideas, contactos e suxerencias para os maestros, educadores e persoas interesadas no desenvolvemento de proxectos de animación con grupos de nenos. As historias de Anim8ed son realizadas no Museo Nacional dos Medios de York, e permiten aos profesores e alumnos, nas escolas primarias e secundarias, aproveitar ao máximo a creatividade, o ludismo e o fomento da animación nas aulas.

Nesta Terceira Edición do Festival, en dous meses, presentáronse máis de 90 películas participantes procedentes de 32 países, entre cuxas propostas atopamos traballos de grande calidade artística e sensibilidade.

O Periodo de Recepción de Películas é ata o vindeiro 23 de setembro, e ata dita data, seguirán a chegar películas de animación aptas para todos os públicos.

O 23 de setembro comezará a Segunda Fase do Festival, na que o internauta se converte en protagonista, a través da emisión de voto online. Nese momento os alumnos terán a oportunidade de ver centos de filmes do mundo enteiro en Animacam, e convertírense eles en protagonistas absolutos exercendo de xuíces emitindo o seu voto.

Moitas grazas pola vosa colaboración.
Saúdos afetuosos e animados

Equipo Animacam.tv

3 de junio de 2010

Goma: O planeta dos tolos

GOMA era un planeta de moi alta civilización, un mundo perfecto sen guerras, enfermidades nin problemas de ningunha clase, como un verdadeiro paraíso. A vida en Goma era tan marabillosa, que un día os Gomianos tomaron a decisión de compartir o seu benestar con todo o universo. Enviaron por todo o espazo cápsulas con información da súa alta tecnoloxía xenética e informática.

Hoxe en día, un meteorito choco contra Goma, provocando cambios climáticos, e parece ser que o catastrófico final é inminente. Os científicos traballan contra o tempo, e buscan no espazo algún planeta onde a información xenética enviada hai tempo sementou a vida intelixente, e onde podían salvar aos Gomianos. Existe unha antiga lenda, di, que hai un lugar prometido, un chámanlle Nova Goma e outros simplemente Terra.
Hai tamén outro lugar no Universo. Nos mais profundos buracos negros, cloacas do cosmos, hai un planeta que serve como refuxio a todas as malvadas formas de vida. Aínda por riba una das cápsulas enviadas desde Xel hai anos, con toda a súa alta tecnoloxía chego tamén aquí. A información que contiña agora serve para a creación de seres superpoderosos a fin de conquistar a Terra.
O terceiro planeta de interese é a Terra, en concreto un pobo sen nada especial. Para ser mais exacto, un barrio poboado de xente, que se buscan a vida como poden, ás veces contra a lei

2 de junio de 2010

En 13 y a ganar!

Joaquín Carrasquilla volve participar cunha animación creada para un programa de televisión llamado En 13 a ganar!

Curiosa animación panameña presentada de novo por Joaquín Carrasquilla na que fai unha parodia da vida familiar ao redor da televisión, misturando a imaxe real coa animación en plastilina.

1 de junio de 2010

Lebensader, de Angela Steffen

Unha rapaciña descobre o mundo enteiro dentro dunha folla.

A alemana Angela Steffen presenta a súa nova animación Lebensader en Animacam, unha fermosa historia entre un pai e unha filla na que a nena lle explica o universo que ve a través dunha pequena folla dunha árbore.

Dirección Angela Steffen
Guión
Angela Steffen
Produción
Filmakademie Baden-Württemberg / Ludwigsburg
Animación Angela Steffen
Ano de produción
2009
Duración
6 min.
Formato
35 mm