GOMA era un planeta de moi alta civilización, un mundo perfecto sen guerras, enfermidades nin problemas de ningunha clase, como un verdadeiro paraíso. A vida en Goma era tan marabillosa, que un día os Gomianos tomaron a decisión de compartir o seu benestar con todo o universo. Enviaron por todo o espazo cápsulas con información da súa alta tecnoloxía xenética e informática.
Hoxe en día, un meteorito choco contra Goma, provocando cambios climáticos, e parece ser que o catastrófico final é inminente. Os científicos traballan contra o tempo, e buscan no espazo algún planeta onde a información xenética enviada hai tempo sementou a vida intelixente, e onde podían salvar aos Gomianos. Existe unha antiga lenda, di, que hai un lugar prometido, un chámanlle Nova Goma e outros simplemente Terra.
Hai tamén outro lugar no Universo. Nos mais profundos buracos negros, cloacas do cosmos, hai un planeta que serve como refuxio a todas as malvadas formas de vida. Aínda por riba una das cápsulas enviadas desde Xel hai anos, con toda a súa alta tecnoloxía chego tamén aquí. A información que contiña agora serve para a creación de seres superpoderosos a fin de conquistar a Terra.
O terceiro planeta de interese é a Terra, en concreto un pobo sen nada especial. Para ser mais exacto, un barrio poboado de xente, que se buscan a vida como poden, ás veces contra a lei
No hay comentarios:
Publicar un comentario