28 de noviembre de 2011

Gran estrea da obra animada da artísta coreana Jisuk Jung en Animacam 2011


Jisuk Jung é unha multiartista coreana, nacida en 1980. A súa achega ao mundo animado comeza en 2002, e dende esta data estivo presente en multitude de festivais de todo o mundo con obras de significativa relevancia. 

A aclamación popular chegoulle por parte do público francés, país onde en 2004 realiza unha presentación dos seus traballos, cultivando unhas fenomenais críticas por parte do sector profesional.

Entre as súas mencións máis importantes poderíase destacar un primeiro premio en "France Flash Festival 2005", na "Internet Festival de Bordeaux", en "Seul Net Festival" e en "Melbourne Festival"; onde triunfou con dúas das súas grandes obras: Reve de Canne e The blue glass bird.

A temática da súa obra céntrase na soidade e o ecoloxismo como reflexo da moderna sociedade globalizada.

Sempre mostrando o seu inconformismo coa perdida da cultura propia, reflicte o concepto de soidade cun sentimento de desesperanza. Este concepto, móstrasenos na temática das súas obras como unha procura dentro dun conflito socializador.

Na vertente máis ecoloxista da súa animación, Jisuk ataca o dano que o ser humano aplica, na súa ansía de crecemento expansionista exacerbado, sobre a natureza. Creando, desta forma, un campo que convida á reflexión sobre a orixe humana dende a súa vertente máis natural.

En canto á súa técnica, Jisuk Jung sérvese dun 2D clásico amparado no debuxo a man, como útil fundamental no desenvolvemento da súa obra. A pesar diso, pódese observar nalgún dos seus traballos o 2D por computador e mix con imaxe real.

Se se tentase facer unha comparación de ambos os aspectos (técnica e temática) con algún artista, sería complicado non atopar unha leve halo reminiscente a Monique Renault e Ellen Meske, tanto no seu estilo como na súa temática revelde e activa. Aínda que Jisuk, móstrase máis propia co uso das cores vivas, con máis contraste e con gran fortaleza. Negros, Vermellos, Azuis e Amarelos ocres buscan o contraste do branco, característico das figuras principais das súas obras.

Para que coñezades de forma máis detallada o seu traballo, dende "Animacam", presentámosvos un especial sobre esta artista que poderedes gozar a través 8 das súas obras máis significativas.

Son as seguintes:









 Podes acceder a cada unha destas obras animadas facendo click no seu título

O vindeiro mércores últimas estreas de Animacam 2011. Prohibido perdelas !!!


25 de noviembre de 2011

9 estreas internacionais para último fin de semana antes das votacións

As votacións achéganse e os directores seguen botando o resto con obras de primerísima calidade de todos os recunchos do mundo.

Sen máis dilación comezamos coas presentacións de hoxe:

Dende Francia, o gran director Carlos de Carvalho agasállanos cunha traballada curta de animación, "Do I have Power "; a cal, por medio de sombras chinesas, adéntranos no peculiar mundo dun neno na súa interacción coa natureza. Non vos perdades a singular beleza da obra que nos achega Carlos.

Acompañaralle en curtametraxe, a obra "Monster and Duimplim" que nos envía desde EE UU o director de Animación Jihwan Jung. "Monster and Duimplim" é unha curtametraxe de animación 3D, que nos narra unha tenra historia sobre a amizade entre un neno e un monstro. Esta obra cultivou diversos premios internacionais en festivais de EE. UU, Corea e Canadá. Ademais, foi seleccionada como finalista en por preto dunha vintena de festivais de animación de todo o mundo.

Desde México DF, os amigos de Llamara de Petate ilústrannos con tres magníficos traballos realizados baixo a súa produción. Unha oferta de calidade para todos os públicos que poderedes gozar na categoría de curtametraxe baixo o nome de: "Sin juicio", "A secas" e "El Cortejo".

E así entramos na categoría multimedia, onde hoxe temos o inmenso pracer de dar unha grande benvida ao prestixioso director mozambiqueño Nildo Essa. Congratulándonos polo seu debut en festivais internacionais, Nildo preséntanos a calidade que atesoura o seu traballo de animación con "Rice Factory"; un interesante filme, dacabalo entre a curtametraxe e o Spot televivo, que fala ás claras do gran emerxer da animación africana nos últimos tempos.

Pasando a retrospectiva, damos a benvida a dous vellos coñecidos de Animacam.

Dende Canada, Scott Portingale preséntanos "Photosyntesis", unha animación en Stop Motion que o encumiou no seu día no máis alto de diversos festivais internacionais.

Pola súa banda, Sil van der Woerd desde Holanda, preséntanos un videoclip animado da cantante Lady Jane Blue, que co seu título "Worms" móstranos a calidade de Sil na ambientación de escenarios en 3D, que xa puidemos gozar na pasada edición de Animacam con "White Swan".

E para finalizar a oferta do fin de semana, dende Eslovaquia, a gran directora de animación Veronika Obertová tráenos unha fantástica obra, que baixo o título de "Viliam", levou a Veronika a triunfar en festivais dos 5 continentes.

E así nos despedimos até o luns, cando poderedes gozar dun especial de obras animadas da gran directora coreana Jisuk Jung.

Feliz fin de semana amigos!!!



23 de noviembre de 2011

Última semana de inscrición de films en Animacam e 6 novas estreas na carteleira máis animada

 A unha semana para o peche de inscrición de filmes en Animacam, seguen chegando ao festival obras animadas de todos os recunchos do mundo. Hoxe propómosvos unha carteleira en grao sumo animada con novos países e interesantes obras que a recado farán as delicias de maiores e pequenos.


Imos coas presentacións

Dende España, Ernesto Lovera e Ester Salgado ofrécennos dúas marabillosas curtametraxes animadas "El regalo de Blanca" e "El laberinto del Fenix". A premiada animación "El regalo de Blanca", levaranos á máxica historia dunha nena que recibe un peculiar agasallo de seu pai. Unha historia chea de tenrura que fará palpitar a todos os corazóns. Non vola perdades na categoría curtametraxe de Animacam. 
Mentres que con "El Laberinto del Fenix", móstrannos unha elaboradísima oda á liberdade caracterizada por un impecable guión e dotada dunha altísima calidade técnica. Dous grandísimos traballos de animación que reflicten ás claras a calidade que atesouran estes dous fantásticos directores.

Da man dos amigos de Animostra, en Portugal, chégannos dous magnificas e didácticas animacións que farán gozar a maiores e pequenos nesta cuarta edición de Animacam. Con " Foxi & Meg", de André Letria, e "Ginjas: Burocracia" de Humberto Santana, poderedes gozar dunha contraposición de apostas, para tocar temas tan candentes como a solidariedade e o afecto conxugándoos con fundamentos de fronteira e trasgresión.

En retrospectiva, temos o inmenso pracer de presentar un dos traballos de animación con maior número de recoñecementos internacionais nos últimos anos. Da man do prestixioso director Eslovaco Boris Sima, presentamos "Chytte ho !!!". Unha excepcional obra animada de 18 minutos de duración que vos fará gozar coas dotes técnicas deste gran director.

E para finalizar un día de grandes presentacións, quen mellor que a pintora pamplonesa Mireya Martín Larumbe, quen nos agasalla para a categoría multimedia coa súa obra "Nosotros cuando amamos". Un fiel reflexo da súa obra pictórica trasladada ao mundo animado que vos fará gozar cos seus dotes artísticos nunha representación inesquecible.

E así despedimonos até o vindeiro venres, cando poderedes gozar de novas obras de primeiro nivel internacional que nos chegan de man de grandes directores de animación de Francia, EE.UU., Canadá, Holanda e México.

Mentres, lembrámosche que aínda estas a tempo de participar. Sobe a túa obra animada á web de Animacam ou envíanola por email ou transferencia web a: info@animacam.tv .

Agardámoste!!!


21 de noviembre de 2011

Goza de 8 novas estreas en Animacam 2011

 Comeza unha nova semana e cada vez queda menos para o duelo final das votacións en Animacam 2011. Hoxe temos o inmenso pracer de presentarvos nove animacións que cultivaron un reputado prestixio internacional .

E así comezan as presentacións.

Dende Inglaterra, Kirk Hendry agasállanos coa súa premiada obra"Round". "Round" é unha fantástica obra de arte creada a partir de sombras que recrean a vida nunha selva que poderedes gozar na categoría retrospectiva de Animacam. Prohibido perderse este espectaculare filme, amigos.

En curtametraxe acompáñalle "El Forastero", un western futurista cheo de tensión e intriga que nos chega da man do director de animación arxentino Nicolás Dezellio.

Dende Rumania, o noso gran amigo e prestixioso director Ion Octavian Frecea agasállanos coa súa última obra mestra: "The Fresco-The curse of Dragulea". Un filme sobre o amor e a dificultade, unha lenda onde os amantes deben loitar polo seu amor.

Dende Francia chéganos "Eskimo", unha divertida historia en 3D sobre uns divertidos esquimales.

Na categoría multimedia poderemos gozar do vídeo arte "Spain", inspirado e ambientado en España por parte dos directores de animación Lucia Cernekova  e Peter Luha. A maxia e o colorido póñense de manifesto neste magnífico filme animado.

Acompáñalle nesta categoría unha pequena animación para móbiles que nos chega dende Perú por cortesía de Boris Cornejo, baixo o nome de "San Valentín"

Dende España chéganos a divertida obra "Jessica va al casting", unha sarcástica proposta animada coa que nos agasalla o director Harold Jimenez e que poderedes gozar na categoría restrospectiva de Animacam.

E para finalizar, tamén en retrospectiva da man do director Victor Amanatidis, chéganos "Water Loop"; un interesante e divertido Documental en Flash sobre o ciclo da auga. Con esta didactica obra animada  poderán gozar dende os maiores aos máis pequenos da casa.

E así nos despedimos até o mércores, lembrándovos que se achega o fin de prazo de inscrición de filmes. Tedes unha semana e media para subir ou enviar as vosas animacións, agardámosvos.

Feliz semana a todos!!!


18 de noviembre de 2011

8 grandes estreas da mellor animación internacional en Animacam 2011

 Achégase a recta final do Animacam 2011 e séguennos chegando obras de enorme calidade ao festival máis animado. Desta forma, 8 grandes estreas serán os protagonistas da fin de semana, a través das cales poderemos gozar da mellor animación mundial.

Para comezar as presentacións ninguén mellor que Malika Whitaker, quen nos agasalla con dúas marabillosas obras de arte cargadas de marcadas tinguiduras intimistas, por medio da cales nos convida á reflexión sobre o lado máis particular do sentimento do compromiso. Con "Fear me not" en curtametraxe e "Lettin´go" en retrospectiva, poderemos observar a evolución do sentimento máis íntimo desta prestixiosa directora de animación francesa.

De man dos amigos de Divulgare chégannos dous elaboradísimos traballos documentais á categoría multimedia do festival. Con "Invasións biolóxicas: o caso do visón americano" e "Estratexias Adaptativas: hipotesis da alarma contra ladróns" móstrannos dunha forma moi amena o lado científico da nosa realidade máis próxima .

Os traballos de Divulgare gozarán da compañía dunha promo-presentación do día dos mortos en México. Un suxestivo traballo animado que nos achega Cesar Omar Esparza, e que é fiel reflexo da gran cultura e idiosincrasia deste país.

Dende Bélxica, da man de Britt Raes, chéganos "I like a bird". Unha fantástica historia dotada de gran beleza visual que nos conducirá de pleno a un mundo surrealista. Goza desta gran animación na categoría retrospectiva de Animacam.

Acompáñalle en retrospectiva outra singular obra do director Hicham Bouzahzah, quen con Street Fighter rende homenaxe ao archiconocido videoxogo de Capcom que triunfou en videoconsolas e salóns recreativos nos 90.

Para finalizar, o lado máis cómico chéganos dende Hungría da man de Csaba Bardos.  Coa súa obra "Albert" faranos gozar duns divertidos momentos animados, condimentados cunha proposta que soborda calidade polo catro custados. Gozade deste gran traballo do director Csaba Bardos na categoría curtametraxe do festival.

E así despedímosnos até o vindeiro luns, cando poderedes gozar da grandísima carteleira con premiadas obras da animación internacional que vos temos preparada en Animacam 2011.

Feliz fin de semana a todos amigos!!!

17 de noviembre de 2011

Estrea especial das obras de animación de Balieri Studio en Animacam 2011

 Hoxe temos o pracer de presentar 6 obras animadas dos amigos de Balieri Studio, a través das cales faremos un repaso pola carreira animada destes reputados amigos animados.

Sen máis dilación imos coas presentacións. E para comezar por orde cronolóxica temos o pracer de presentar na categoría retrospectiva a obra do director Renato Roldán Ramis: "La semilla del recuerdo". Unha fantástica animación sobre o recordo cara os seres queridos que xa non están.

Seguindo na categoría retrospectiva, presentámosvos outra volta de torca sobre a popularísima serie "Lost". Se es un apaixonado de "Lost", non podes perderche: "Lost, the lost charpter".

Continuando coa gran creatividade que atesouran os amigos de Balieri Studio, temos o pracer de presentar "Nono y la luna" (teaser). Un fantástico proxecto dotado de grandísima calidade técnica e colorido que vos deixará cun sabor de boca moi doce.

E desta forma entramos na categoría multimedia e curtametraxe para presentarvos tres obras en proxecto de desenrolo que buscan financiamento para seguir desenvolvendo as grandes dotes destes artistas.

Con "Kutxu!" preséntannos unha máis que entrañable proposta animada cun claro enfoque cara ao público infantil. Desexamos vela pronto convertida nunha serie que a recado terá un éxito asegurado.

O lado máis suxestivo chéganos co proxecto "Lorna 2.0". Un thriller futurísta cheo de suxerentes formas e endiañada acción que se unen nun crisol de marcada calidade técnica para dotar a esta obra como un máis que interesante reclamo animado.

E para finalizar, presentamos na categoría curtametraxe a obra "Once upon a Love". Unha divertidísima historia de amor revosante de comicidade que reflicte ás claras a gran creatividade da que son posuidores Renato Roldán e os amigos de Balieri Studio. Esperamos que a aventura continúe no móbil.

E con isto despedímonos por hoxe lembrándovos que se achega o "duelo final" das votacións en Animacam. Só quedan dúas semanas e aínda podedes enviar os vosos filmes a: info@animacam.tv ou subilos directamente á Web.

Agardámosvos !!!


14 de noviembre de 2011

Oito grandes estreas da mellor animación internacional en Animacam 2011

 Achégase o duelo final das votacións en Animacam, e séguennos chegando multitude de filmes de todas as rexións do mundo. Lembrade que aínda estades a tempo de participar no festival máis animado, sube á web ou envíanos a túa película por mail a: info@animacam.tv e poderás gañar 600 euros. Anímate a participar.

Acto seguido imos coas presentacións de hoxe: e para comezar, quen mellor que o reputado director de animación Checo Pavel Soukup, que presenta a sección oficial tres interesantísimas obras.

Para a categoría curtametraxe, temos o pracer de presentar "Tumorrows never Knows"; unha obra chea de plasticidade que complementa a unha depurada técnica e gran calidade, para presentar un dos traballos animados que máis recoñecementos logrou en 2011.

Acompáñalle nesta categoría a premiadísima "Feeders". Unha xenial curtametraxe de animación que cultivou unha inmensa cantidade de premios en 2010, non a perdas!

Para a categoría multimedia preséntanos unha interesante arte visual baixo o nome de "Women Type" no que nos convida á reflexión sobre os valores e gustos masculinos acerca das mulleres.

Seguindo coa nutrida oferta de calidade de hoxe en Animacam, temos o inmenso pracer de presentar tres obras producidas pola da Escola Superior de Arte ESDIP. Por medio das cales, os alumnos desta recoñecida escola móstrannos os seus grandes dotes artísticos a través de tres  grandísimas curtametraxes de animación.

Da man do director Rouzbeh Soljouh preséntasenos "Humo", unha metáfora gráfica que vai máis aló das nefastas consecuencias do tabaquismo. Aborda o impacto ecolóxico producido pola contaminación que xera o noso estilo de vida.

César Desmond Fdez. preséntanos "El arbol Umdoni". Unha historia no corazón de Sudáfrica, onde Nandi e a súa filla Mbali viven soas e traballan moi duro nos campos. Un día, a súa rutina verase interrompida por algo que lles cambiará a vida para sempre.

Con "Yaku", Nacho Pesquera e Nacho Subirats penétrannos na historia dun neno especial. Un día alguén lle arrebata a súa ilusión, pero cando pensa que o perdeu todo, un descoñecido embarcaralle nunha viaxe máxica.

Se de historias cheas de tenrura falamos, hoxe temos o pracer de presentar unha das obras máis significativas da animación lituana de todos os tempos: "Brother Bebe", do gran director Rasa Joni, que lucirá na categoría retrospectiva cunha historia chea de ideais que fará as delicias do público infantil.

E para rematar as presentacións, o toque máis animado chéganos dende Arxentina da man do grupo musical Bela Lugosi, co seu gran éxito "Mondongo Reggae". Unha animación cortesía dos directores Damián Planas e Nicolás Alcetegaray. Un traballo xenial Amigos!

E con isto depedimonos até o mércores, onde vos ofreceremos os grande traballos animados dos amigos de Balieri Studio. Non debedes perdervos o gran talento destes amigos.

Saúdos animados e moi feliz semana!!!

11 de noviembre de 2011

Max Hattler e Pooja Pottenkulam os nomes propios da semana en Animacam 2011


Se o mércores eran as animacións do director de orixe Hindú Pooja Pottenkulam as que brillaban con luz propia na categoría retrospectiva da carteleira de Animacam; neste venres, temos o gran pracer de presentar as obras do prestixioso e recoñecido director Max Hattler, que mostrará a gran calidade que atesoura con obras que triunfaron en festivais e grandes eventos en aberto de todo o mundo.

E por orde cronolóxica rexerémonos para presentar as cinco animacións coas que nos agasalla Pooja Pottenkulam, este excepcional animador de orixe hindú sempre tan relacionado coa canle de televisión de MTV.

"Killing Time" preséntanos unha excepcional obra, utilizando a técnica da plastilina, na que uns nenos mentres esperan ao seu pai cren ver a un secuestrador. Unha magnífica obra producida na India.

Con "Nap" móstranos un relato costumista na relación nai e fillo que se remarca cunha excepcional tenrura para dotar á animación dun carisma especial.

Por medio da técnica Cut Out, Pooja móstranos a imaxinativa historia de dous nenos reflectida nun singular acuario baixo o título de "Walking on water with fish in it".

E para completar as súas achegas presentamos dúas MTV channel IDE filler baixo o título de: "Girl with Rabbit" e "Traffic"

Lembra que poderás gozar destas fantásticas animacións na categoría retrospectiva de Animacam 2011.

E nas estreas de hoxe, tal e como vos adiantamos, o nome do gran director experimental Max Hattler loce cheo de colorido con tres fantásticas animacións, que se repartirán entre a categoría retrospectiva e a multimedia, para mostrar ás claras a inmensa calidade que catapultou a este director para triunfar en festivais e eventos en aberto de todo o mundo.

Como mostra diso presentamos "Jovanotti: L´Ombelico do mondo" un concerto visual creado e elaborado por Max e Jovanotti que reune a milleiros de espectadores, e dota de maior calidade se cabe a obra do músico italiano.

Con "Collision" móstranos un abstracto filme político no que por medio de patróns islámicos e acolchados norteamericanos mostra, utilizando as cores e a xeometría das bandeiras, un interesante campo á reflexión.

E para finalizar as achegas de Max, na categoría multimedia poderedes gozar da promo-presentación do Vienna Independent Shorts Fetival 2011.

Un gran traballo de Max co que nos depedimos até o vindeiro luns, onde vos esperamos con grandes obras de consagrados directores do mundo da animación Internacional.

Feliz fin de semana a todos!!!


7 de noviembre de 2011

Nova semana e novas estreas de Francia, Serbia e Arxentina en Animacam 2011

Para comezar a semana presentámosvos as últimas achegas de Supinfocom 2010, que lucirán na categoría curtametraxe xunto a unha máis que destacable obra que nos chega de Serbia e a unha "promo-presentación" que nos chega dende Arxentina para a categoría multimedia.

A falta de poucos días para o peche do prazo de recepción de filmes, lembrámosvos que se producirá o próximo 30 de novembro, Animacam 2011 congratúlase de presentarvos estás seis importantes obras da Animación internacional na carteleira máis Animada.

Para despedirnos das achegas da Escola Superior de Animación Supinfocom temos o inmenso pracer de presentar:

"The Make Over", unha elaboradísima obra de animación que reflicte a gran calidade que atesouran os alumnos de Supinfocom nos seus traballos.  Na obra móstrasenos por medio dunha historia actual, unha xenial homenaxe a algunhas das máis importantes películas de Disney.

A particular parada dos Monstros chega á cidade. Damas e cabaleiros, nenos e nenas pasen e vexan: "Tous des Monstres". Un xenial filme de Animación en 3D que soborda calidade polo catro custados.

Co lado máis divertido, dotado da gran calidade que atesouran as estreas deste luns, temos o pracer de presentarlles a obra "Vie D´enfer", na que un pequeno diaño escápase do inferno para conquistar o reino dos ceos.

E para pór o broche de ouro á participación de Supinfocom en Animacam, temos o pracer de compartir convosco "8-bits". Unha obra de xenial calidade que nos mostra un elaboradísimo homenaxe ao mundo do videoxogo dos anos 90. Un filme que non poderedes deixar de ver.

Moitas grazas aos amigos de Supinfocom por estas grandes achegas, e moitas grazas tamén aos amigos de Premium Films por apostar por Animacam na promoción das mellores obras de animación das máis prestixiosas Escolas Francesas do xénero. Recibide os nosos mellores desexos!. Esperámosvos en Animacam V.

E despois dunha despedida, unha nova presentación. Dende Serbia, para a categoría curtametraxe, temos o inmenso pracer de presentarvos a gran obra da director Vid Rajin, "CINEmataclysm". Onde se nos narra a historia dunha proxección de cinema que saíu terriblemente mal, aínda que o público parece estar encantado. Non te perdas este proxecto de fin de estudos que nos mostra ás claras a gran calidade que atesoura este director serbio.

E para finalizar as presentacións: dende Arxentina, para a categoría multimedia da man de Juan Manuel Costa, chéganos esta promo-presentación do Festival de Animación de Cordoba ANIMA. Moitas grazas pola achega e moitos saúdos a Juan Manuel e aos compañeiros de ANIMA.

E isto é todo por hoxe amigos. Lembrade que aínda estades a tempo de enviar as vosas animacións e participar na sección oficial de Animacam 2011. Esperámosvos o vindeiro mércores con máis animacións interncionais e novas sorpresas en Animacam IV edición.

4 de noviembre de 2011

Gran semana da animación en Animacam con diversas propostas internacionais que poderedes gozar na carteleira máis animada.

 Sete novas animacións que se unen as sete estreas do pasado mércores para formar un máis que atractivo elenco de posibilidades para todos os públicos dentro do festival máis animado.

A aposta de Supinfocom 2010 en curtametraxe únese a unha máis que atractiva oferta en multimedia para agasallar a todos os públicos cuns amenos intres na compaña da mellor animación internacional de 2010 e 2011.

E como é habitual, comezaremos as presentacións coas obras de Supinfocom 2010:

A proposta máis natural chéganos coa obra "D´unha rare crudite", onde se nos mostra a vida dun colorista xardín baixo a expresividade dunha máis que interesante animación. 

Enxalzando unha depurada técnica en 3D, "Fly me Out" achéganos unha tenra historia de dous nenos na busca dunha fuxida, na busca da liberdade, na busca de voar.

O toque máis terrorífico chéganos con "Hambuster". Outra película de zombies?, non. A mellor ambientación ao máis puro estilo Resident Evil nesta fascinante historia de animación que non vos deixará indiferentes.

Para os máis pequenos, temos unha gran aposta con "Hezarfen", onde varios alumnos de Supinfocom, móstrannos unha divertida historia nun bazar, con marcadas reminiscencias ao Aladín de Disney. Un gran traballo dos amigos da Escola Superior de Animación Supinfocom!

Un toque colorista e extremadamente xenial chéganos con "Matatoro", unha épica apelación á cultura taurina cargada de máxica poesía nunha das obras máis coloristas desta cuarta edición de Animacam. Con tinguiduras de Picaso a Dalí, non debedes perdervos baixo ningún concepto esta grandísima achega dos alumnos de Supinfocom.

Con "Maximall" móstrasenos un filme cheo de intriga, caracterizado por unha gran ambientación e depuradísima técnica que nos achega un thriller no que un mozo tenta fuxir dun centro comercial mentres é atacado por todo obxecto que alí habitan. Non te perdas un momento rebosante de emoción con esta magnífica curta animada.

Unha das máis divertidas e dinámicas aventuras de Animacam, chéganos baixo o título de "Meet Buck", unha cómica e trepidante persecución por parte do pai dunha noiva en busca do seu trofeo de caza.

Entra nunha peculiar clínica de adelgazamento para vivir o amor de dous noivos con "Slim Time", un estudado filme de animación que vos fará pensar.

Supinfocom presenta dúas arte visuais para a categoría multimedia que vos mostrarán ás claras a gran a calidade que atesoura esta prestixiosa escola de animación. Se unha imaxe vale máis que mil palabras, pasen e vexan estas grandes ofertas: "Split" e "Telegraphics"

Para continuar coa oferta en multimedia e retrospectiva temos o inmenso pracer de presentarvos catro grandes achegas:

Dende Rusia, Marina Moshkova agasállanos con "Duality", un mix Stopmotion de imaxe real con 2D, que nos mostra a loita interna das dúas partes dun ser. Non te perdas esta gran achega que nos envía Marina.

Dende España cunha depurada beleza visual, acompañada dunha grandísima ambientación musical, temos un vídeoarte cortesía de Eila Pérez Vázquez e Clara Pisón López, que nos achegan un grande traballo de coidadísima e estudada elaboración, "Heteorotopías". Parabéns por esta obra amigas Eila e Clara. 

Un novo clip musical que nos chega dende Holanda da man de Job Roggeveen, Joris Oprins e Marieke Blaauw, que pon en escena o tema "Born with Bothered Mind" do prestixioso grupo "Happy Camper".

E dende España, para todos os públicos, a historia da última innovación de Skynet: "T-1200". Unha divertida obra en 3D do noso amigo Hicham Bouzahzah, que a recado vos fará pasar un divertido momento animado.

E isto é todo por esta semana amigos, o luns novos estreas internacionais de todos os recunchos do planeta no festival máis animado.

Feliz fin de semana!!!