18 de octubre de 2012

12 Filmes, 12 Sentimentos



A dúas semans desta V Edición, temos estreado unha dúcea de obras que supoñen unha dúcea de sentimentos plurais e diversos, como nos gusta ver, cada ano, en Animacam…

Un eslovaco cantándolle ao seu mundo pintado "Divné Semená", un español-peruano afincado en Mallorca, preocupado pola saúde do planeta "Bendito Machine", unha galega afincada nas Illas Baleares, ríndose retrancuda da morte "Only you", un brasileiro teimado en facernos pensar, incluso na area duhna praia "Little Uncomfortable", outro galego arrulándose coa música entre as augas irmáns do Atlántico Norte e o Alántico sur "Depressa a vida passa", un hispano marroquí teimado en contarnos algo divertidamente universal en escasamente 25 segundos "New animation" , dous italianos xogando coas metáforas e os tópicos da arte e a vida "Dream´s of Leonardo´s Da Vinci" and "Menu Degli Incontri Senna Coperto", un británico elevando a sublime o acedo humor inglés -con Shakespeare incluido nas metáforas do drama "All consuming Love - Man in a cat" , unha muller rusa que debuxa unha búsqueda a través das luces dunha cidade "Night Lights", un norteamericano que nos agasalla cunha delicatesen para nenos de 0 a 100 anos "The Fox made of Socks"; e, finalmente, unha poetisa arxentina que pecha o círculo da vida tal e como se abre: ao parir "Ella".

É o máis fermoso que pode pasarnos para animar o mundo: recibir as vosas historias e difundilas para contalas a todos os mundos, diste plural mundo.

Estimados seguidores, disfrutade do que hai a día de hoxe, e agardade, isto no fixo máis ca empezar…



11 de octubre de 2012

Animacam presenta: Bendito Machine IV - Fuel the Machines

A serie de curtametraxes Bendito Machine é un proxecto de animación independente que reflexiona sobre a inxenuidade dunha torpe especie que cre sabelo todo pero que en realidade non comprende moito. 

Pequenos seres obsesionados coas máquinas, coas que tentan simplificar e mellorar as súas existencias, pero que non son capaces de cuestionarse nada máis aló dos seus narices, grazas ao bendito amparo dalgúns codiciosos canallas.

 Trátase dunha serie que engloba moitos tópicos, situacións recoñecibles en calquera recuncho do mundo e que expón de maneira primitiva e sen diálogos, a natureza dunha especie que vive á deriva nun inmenso e misterioso universo que quizais che pareza familiar. 

No último episodio "Bendito Machine IV - Fuel the Machines", Jossie Malis desmenuza a tecnoloxía de transporte e as súas consecuencias ecolóxicas- unha épica viaxe cun final inesperado.


Jossie Malis (Perú, 1976) realiza os seus primeiros traballos en stop-motion aos quince anos en Santiago de Chile. Tras traballar en Estados Unidos durante un tempo, decide asentarse en Barcelona, onde traballa como freelance. É alí onde realizou "Bendito Machine", un proxecto de serie de autor do que xa existen tres episodios e que ten como referente aos teatros de sombras orientais. 

O primeiro capítulo, estreado en marzo de 2006, obtivo vinte e dous recoñecementos internacionais por parte de xurados e público, sendo elixido en 2007 por Animation World Magazine como unha do vinte mellores animacións flash do mundo e pasa a ser incluída en diversos compilatorios de realizadores internacionais. Hoxe preséntanos a súa cuarta entrega: "Bendito Machine IV - Fuel the Machines" .

Desfruta de Bendito Machine IV - Fuel the Machines en Animacam

Accede aos filmes a concurso

Participa en Animacam

Coñece o traballo de Jossie Malis en Zumbakamera

5 de octubre de 2012

Aberto Prazo Recepción de Filmes en Animacam 2012



Dende o pasado 1 de outubro ata o 31 de decembro, Animacam manterá aberto o prazo de Recepción de Filmes para a súa V Edición 2012.

Animacam invítavos a participar e promocionar os vosos Filmes Animados nesta V Edición do Festival que este ano incrementa Premios (Catro en total, dotados con 3.000€) e presenta Sede Física Offline, nun dos máis relevantes espacios culturáis de España, o MUSEO DE ARTE CONTEMPORANEO GAS NATURAL FENOSA, en  A Coruña. Podedes realizar unha primeira visita virtual ao Museo a través do vídeo que pecha este artigo.

Para participar consultade as Bases, cumprimentade e asinade a Ficha Técnica que se adxunta na cabeceira deste apartado na Web de Animacam 2012; e enviádea ao enderezo indicado no fondo.


Posteriormente, debedes subir o Vídeo desde na Sección USUARIO unha vez vos teñades rexistrado.


Nesta V Edición non hai data de inicio de producción do Filme, sendo o único esixible para concursar, que a Obra se finalizara entre os  anos 2011 e 2012.

Lembrámosvos que para poder Competir na Selección de Finalistas e optar a un dos Catro Premios, que se outorgarán en función da votación do público, tanto o Online a través da Rede, coma o Offline asistente aos actos de Exhibición dos filmes en Galicia, debedes enviar unha copia en DVD HD do filme participante a:

ANIMACAM

APARTADO 1.044

32080 OURENSE ESPAÑA

Canto antes comecedes a enviar Filmes, maior defusión e impacto internacional terán.



1 de octubre de 2012

ANIMACAM V EDICIÓN 2012


365 DÍAS PARA CELEBRAR 5 ANOS ANIMANDO O MUNDO



Á XENTE DO MUNDO ANIMADO
AO PÚBLICO ONLINE NO MUNDO
A TOD@s, ¡BENVIDOS!

RECEPCIÓN DE FILMES
1 OUTUBRO 31 DECEMBRO 2012

NOMINACIÓN DE FINALISTAS
7 XANEIRO 2013

VOTACIÓN PÚBLICO ONLINE
8 XANEIRO 8 FEBREIRO 2013

8-9 FEBREIRO 2013

FALLO PREMIOS ANIMACAM ONLINE E ANIMACAM OFFLINE 2012
12 FEBREIRO 2013

MELLOR DIRECTOR/A ANIMACIÓN 2012: 1.000€
MELLOR FILME ANIMACIÓN 2012: 1.000€

FALLO PREMIOS SOLSTICIO DE VERAO E PALMARÉS ANIMACAM 2012
30 AGOSTO 2013

MELLOR GUIÓN 2012: 500€
MELLORES EFECTOS VISUAIS 2012: 500€

CLAUSURA V EDICIÓN E APERTURA VI
1 OUTUBRO 2013