Mostrando entradas con la etiqueta Animacam 2012. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Animacam 2012. Mostrar todas las entradas

30 de septiembre de 2013

PREMIOS SOLSTICIO DE VERÁN ANIMACAM V EDICION AO MELLOR GUIÓN E AOS MELLORES EFECTOS VISUAIS


A película canadense Second Hand, de Isaac King e a italiana The Box, de Dadomani Studio, premios do público ao mellor Guión e Efectos Visuais, respectivamente.

Corenta e dúas películas de debuxos animados procedentes de 22 países - premiadas en festivais de todo o mundo e finalistas no Festival Internacional ANIMACAM 2012 - déronse cita do 15 ao 18 de agosto de 2013 no "1er Maratón de Animación Internacional Festival Animacam V Edición", celebrado en San Xoán de Río, Ourense.

O público asistente - ao redor de 300 persoas de todas as idades que se desprazaron á localidade ourensá - exerceu o seu dereito a voto tras as proxeccións dos filmes, para outorgar os Premios Solsticio de Verán ao mellor Guión e aos mellores Efectos Visuais das películas Finalistas participantes na Maratón.

 Así, a película canadense Second Hand de Isaac King, seleccionada polo público como mellor guión, xunto á italiana The Box de Dadomani Studio, mellores efectos visuais, completaron un Palmarés integrado pola alemá Rising Hope do Director Milen Vitanov, como mellor película e por Zeinek  Gehiago Iraun de Gregorio Muro, que encumiou ao realizador vasco como mellor director.


Desta maneira, o canadense Isaac King  fíxose co premio a mellor guión grazas a un filme que nos representa o vórtice da vida urbanita actual, onde unha exacerbada dinámica cotiá marca o efémero dos útiles, converténdoos en bens de usar e tirar.

Con Second Hand, King propón unha sutil pero, á vez, voraz crítica contra o modelo de vida perecedoiro, contrapondo a visión deste con outro paralelo centrado na reciclaxe e o respeito e integración natural.

A través de coidadas técnicas de animación mixtas - conformadas por Stopmotion a través de cut-out, drawing 2D e tinguiduras 3D -, Isaac King afronta o sempre eterno dilema da controvertida integración humana contemporánea en confrontación co respecto ao ámbito ecolóxico e natural.

Con este novo galardón, o filme canadense completa un envexable  palmarés que se compón de máis de 11 premios outorgados polos xurados máis importantes do xénero en países como Francia, Croacia, Nova Zelandia, Estados Unidos, Portugal, México, Italia, España e Xapón.


Pola súa banda, o premio a mellores efectos visuais foise para a produción italiana "The Box", de Dadomani Estudo.

A través de depuradas técnicas de Stopmotion de plastilina e fluidaxe,  os animadores de Dadomani mergúllannos no onírico mundo dunha caixa que afronta os seus peores pesadelos, nunha curiosa e divertida aposta.

Co transfondo do poder coercitivo da televisión dentro da psique humana, a película traza unha tenue liña entre a realidade e a ficción para realizar unha análise psicopático da influencia das difusións no comportamento humano individual.

Con máis de 30 dos máis prestixiosos festivais internacionais ás súas costas e importantes premios, "The Box" completa un dos palmareses máis esixentes da historia do Festival Internacional de Animación Animacam, onde, este ano, déronse cita dende as candidatas aos Óscar ou Goya 2012 e 2013, aos máis premiados filmes dos eternos e máis reputados festivais internacionais nos últimos anos.


Con isto, Animacam pecha unha inesquecible V edición coa firme convicción de seguir tendendo a man ao mundo animado a través desta "pequena - gran xanela"

Agradecendo a directores, produtoras, distribuidoras, patrocinadores e a todo o público en xeral a súa compañía un ano máis, desde Animacam ofrecémosvos abrir a nosa xanela para futuras edicións e, así e a través desta gran comunidade, seguir "xuntos" animando o mundo.

Agardámosvos en próximas edicións !!!





25 de febrero de 2013

TOP 10 Animacam 2012




Categoría Online – Mellor Director de Animación (41 Filmes a competición)


1. Gregorio Muro con Zeinek Geihago Iraun – 14.244 votos – 70.724 puntos(ESPAÑA)

2. Zina Papadopoulou & Petros Papadopoulos con Eight Minutes Deadline – 14.184 votos – 70.354 puntos (GRECIA)

3. Silvia Carpizo con Alienation – 13.970 votos – 69.330 puntos (ESPAÑA)

4. Alejandro Cervantes Bueno e Raquel Diana Rodríguez Lago con The End – 13.150 votos – 65.094 puntos (ESPAÑA)

5. Dustin Rees con Borderline – 11.544 votos – 57.072 puntos (SUIZA)

6. Mariana Ramírez con Pardesi – 8.127 votos – 40.008 puntos (INDIA)

7. Hélène MARCHAL, Samy BARRAS, Romain BLONDELLE e Céline SEILLE con De Riz ou d'Armenie – 6.082 votos – 29.812 puntos (FRANCIA)

8. Belén Sousa con Only You – 5.424 votos – 26.627 puntos  (ESPAÑA)

9. Anu Laura Tuttelberg con Fly Mill – 4.429 votos – 21.570 puntos (LETONIA)

10. Caroline Reucker e Dennis Lutz con Perpetuum -  3.053 votos – 14.822 puntos (ALEMANIA)


Categoría Offline – Mellor curtametraxe de Animación (77 Films a competición)


1. Rising Hope de Milen Vitanov – 100 Puntos (ALEMANIA)

2. A Morning Stroll de Grant Orchard – 97 Puntos (REINO UNIDO)

3. Bajo la Almohada de Isabel Herguera – 85 Puntos (ESPAÑA)

4. El Club del Bromista de Luis Usón – 83 Puntos (ESPAÑA)

5. Chambré 69 de Claude Barras – 80 Puntos  (BÉLXICA)

6. Tunnel de Maryam Kashkoolinia -79 Puntos (IRÁN)

7. The Pub de Joseph Pierce -78 Puntos (REINO UNIDO)

8. Where Dogs Die de Svetlana Filippova – 77 Puntos (FRANCIA)

9. Head Over Heels de Timothy Reckart -70 Puntos (REINO UNIDO)

10. Luminaris de Juan Pablo Zaramella – 66 Puntos (ARXENTINA)

Harbor Tale de Yichi Ito – 66 Puntos (XAPÓN)





11 de octubre de 2012

Animacam presenta: Bendito Machine IV - Fuel the Machines

A serie de curtametraxes Bendito Machine é un proxecto de animación independente que reflexiona sobre a inxenuidade dunha torpe especie que cre sabelo todo pero que en realidade non comprende moito. 

Pequenos seres obsesionados coas máquinas, coas que tentan simplificar e mellorar as súas existencias, pero que non son capaces de cuestionarse nada máis aló dos seus narices, grazas ao bendito amparo dalgúns codiciosos canallas.

 Trátase dunha serie que engloba moitos tópicos, situacións recoñecibles en calquera recuncho do mundo e que expón de maneira primitiva e sen diálogos, a natureza dunha especie que vive á deriva nun inmenso e misterioso universo que quizais che pareza familiar. 

No último episodio "Bendito Machine IV - Fuel the Machines", Jossie Malis desmenuza a tecnoloxía de transporte e as súas consecuencias ecolóxicas- unha épica viaxe cun final inesperado.


Jossie Malis (Perú, 1976) realiza os seus primeiros traballos en stop-motion aos quince anos en Santiago de Chile. Tras traballar en Estados Unidos durante un tempo, decide asentarse en Barcelona, onde traballa como freelance. É alí onde realizou "Bendito Machine", un proxecto de serie de autor do que xa existen tres episodios e que ten como referente aos teatros de sombras orientais. 

O primeiro capítulo, estreado en marzo de 2006, obtivo vinte e dous recoñecementos internacionais por parte de xurados e público, sendo elixido en 2007 por Animation World Magazine como unha do vinte mellores animacións flash do mundo e pasa a ser incluída en diversos compilatorios de realizadores internacionais. Hoxe preséntanos a súa cuarta entrega: "Bendito Machine IV - Fuel the Machines" .

Desfruta de Bendito Machine IV - Fuel the Machines en Animacam

Accede aos filmes a concurso

Participa en Animacam

Coñece o traballo de Jossie Malis en Zumbakamera

1 de octubre de 2012

ANIMACAM V EDICIÓN 2012


365 DÍAS PARA CELEBRAR 5 ANOS ANIMANDO O MUNDO



Á XENTE DO MUNDO ANIMADO
AO PÚBLICO ONLINE NO MUNDO
A TOD@s, ¡BENVIDOS!

RECEPCIÓN DE FILMES
1 OUTUBRO 31 DECEMBRO 2012

NOMINACIÓN DE FINALISTAS
7 XANEIRO 2013

VOTACIÓN PÚBLICO ONLINE
8 XANEIRO 8 FEBREIRO 2013

8-9 FEBREIRO 2013

FALLO PREMIOS ANIMACAM ONLINE E ANIMACAM OFFLINE 2012
12 FEBREIRO 2013

MELLOR DIRECTOR/A ANIMACIÓN 2012: 1.000€
MELLOR FILME ANIMACIÓN 2012: 1.000€

FALLO PREMIOS SOLSTICIO DE VERAO E PALMARÉS ANIMACAM 2012
30 AGOSTO 2013

MELLOR GUIÓN 2012: 500€
MELLORES EFECTOS VISUAIS 2012: 500€

CLAUSURA V EDICIÓN E APERTURA VI
1 OUTUBRO 2013