11 de octubre de 2012

Animacam presenta: Bendito Machine IV - Fuel the Machines

A serie de curtametraxes Bendito Machine é un proxecto de animación independente que reflexiona sobre a inxenuidade dunha torpe especie que cre sabelo todo pero que en realidade non comprende moito. 

Pequenos seres obsesionados coas máquinas, coas que tentan simplificar e mellorar as súas existencias, pero que non son capaces de cuestionarse nada máis aló dos seus narices, grazas ao bendito amparo dalgúns codiciosos canallas.

 Trátase dunha serie que engloba moitos tópicos, situacións recoñecibles en calquera recuncho do mundo e que expón de maneira primitiva e sen diálogos, a natureza dunha especie que vive á deriva nun inmenso e misterioso universo que quizais che pareza familiar. 

No último episodio "Bendito Machine IV - Fuel the Machines", Jossie Malis desmenuza a tecnoloxía de transporte e as súas consecuencias ecolóxicas- unha épica viaxe cun final inesperado.


Jossie Malis (Perú, 1976) realiza os seus primeiros traballos en stop-motion aos quince anos en Santiago de Chile. Tras traballar en Estados Unidos durante un tempo, decide asentarse en Barcelona, onde traballa como freelance. É alí onde realizou "Bendito Machine", un proxecto de serie de autor do que xa existen tres episodios e que ten como referente aos teatros de sombras orientais. 

O primeiro capítulo, estreado en marzo de 2006, obtivo vinte e dous recoñecementos internacionais por parte de xurados e público, sendo elixido en 2007 por Animation World Magazine como unha do vinte mellores animacións flash do mundo e pasa a ser incluída en diversos compilatorios de realizadores internacionais. Hoxe preséntanos a súa cuarta entrega: "Bendito Machine IV - Fuel the Machines" .

Desfruta de Bendito Machine IV - Fuel the Machines en Animacam

Accede aos filmes a concurso

Participa en Animacam

Coñece o traballo de Jossie Malis en Zumbakamera

No hay comentarios:

Publicar un comentario