18 de octubre de 2012

12 Filmes, 12 Sentimentos



A dúas semans desta V Edición, temos estreado unha dúcea de obras que supoñen unha dúcea de sentimentos plurais e diversos, como nos gusta ver, cada ano, en Animacam…

Un eslovaco cantándolle ao seu mundo pintado "Divné Semená", un español-peruano afincado en Mallorca, preocupado pola saúde do planeta "Bendito Machine", unha galega afincada nas Illas Baleares, ríndose retrancuda da morte "Only you", un brasileiro teimado en facernos pensar, incluso na area duhna praia "Little Uncomfortable", outro galego arrulándose coa música entre as augas irmáns do Atlántico Norte e o Alántico sur "Depressa a vida passa", un hispano marroquí teimado en contarnos algo divertidamente universal en escasamente 25 segundos "New animation" , dous italianos xogando coas metáforas e os tópicos da arte e a vida "Dream´s of Leonardo´s Da Vinci" and "Menu Degli Incontri Senna Coperto", un británico elevando a sublime o acedo humor inglés -con Shakespeare incluido nas metáforas do drama "All consuming Love - Man in a cat" , unha muller rusa que debuxa unha búsqueda a través das luces dunha cidade "Night Lights", un norteamericano que nos agasalla cunha delicatesen para nenos de 0 a 100 anos "The Fox made of Socks"; e, finalmente, unha poetisa arxentina que pecha o círculo da vida tal e como se abre: ao parir "Ella".

É o máis fermoso que pode pasarnos para animar o mundo: recibir as vosas historias e difundilas para contalas a todos os mundos, diste plural mundo.

Estimados seguidores, disfrutade do que hai a día de hoxe, e agardade, isto no fixo máis ca empezar…



No hay comentarios:

Publicar un comentario