Comeza unha nova semana e cada vez queda menos para o duelo final das votacións en Animacam 2011. Hoxe temos o inmenso pracer de presentarvos nove animacións que cultivaron un reputado prestixio internacional .
E así comezan as presentacións.
Dende Inglaterra, Kirk Hendry agasállanos coa súa premiada obra"Round". "Round" é unha fantástica obra de arte creada a partir de sombras que recrean a vida nunha selva que poderedes gozar na categoría retrospectiva de Animacam. Prohibido perderse este espectaculare filme, amigos.
En curtametraxe acompáñalle "El Forastero", un western futurista cheo de tensión e intriga que nos chega da man do director de animación arxentino Nicolás Dezellio.
Dende Rumania, o noso gran amigo e prestixioso director Ion Octavian Frecea agasállanos coa súa última obra mestra: "The Fresco-The curse of Dragulea". Un filme sobre o amor e a dificultade, unha lenda onde os amantes deben loitar polo seu amor.
Dende Francia chéganos "Eskimo", unha divertida historia en 3D sobre uns divertidos esquimales.
Na categoría multimedia poderemos gozar do vídeo arte "Spain", inspirado e ambientado en España por parte dos directores de animación Lucia Cernekova e Peter Luha. A maxia e o colorido póñense de manifesto neste magnífico filme animado.
Acompáñalle nesta categoría unha pequena animación para móbiles que nos chega dende Perú por cortesía de Boris Cornejo, baixo o nome de "San Valentín"
Dende España chéganos a divertida obra "Jessica va al casting", unha sarcástica proposta animada coa que nos agasalla o director Harold Jimenez e que poderedes gozar na categoría restrospectiva de Animacam.
E para finalizar, tamén en retrospectiva da man do director Victor Amanatidis, chéganos "Water Loop"; un interesante e divertido Documental en Flash sobre o ciclo da auga. Con esta didactica obra animada poderán gozar dende os maiores aos máis pequenos da casa.
E así nos despedimos até o mércores, lembrándovos que se achega o fin de prazo de inscrición de filmes. Tedes unha semana e media para subir ou enviar as vosas animacións, agardámosvos.
Feliz semana a todos!!!

Accede ás curtametraxes a concurso
Accede ás animacións multimedia
Coñece as obras que compiten en retrospectiva
Coñece a carteleira de Animacam IV edición
No hay comentarios:
Publicar un comentario