As votacións achéganse e os directores seguen botando o resto con obras de primerísima calidade de todos os recunchos do mundo.
Sen máis dilación comezamos coas presentacións de hoxe:
Dende Francia, o gran director Carlos de Carvalho agasállanos cunha traballada curta de animación, "Do I have Power "; a cal, por medio de sombras chinesas, adéntranos no peculiar mundo dun neno na súa interacción coa natureza. Non vos perdades a singular beleza da obra que nos achega Carlos.
Acompañaralle en curtametraxe, a obra "Monster and Duimplim" que nos envía desde EE UU o director de Animación Jihwan Jung. "Monster and Duimplim" é unha curtametraxe de animación 3D, que nos narra unha tenra historia sobre a amizade entre un neno e un monstro. Esta obra cultivou diversos premios internacionais en festivais de EE. UU, Corea e Canadá. Ademais, foi seleccionada como finalista en por preto dunha vintena de festivais de animación de todo o mundo.
Desde México DF, os amigos de Llamara de Petate ilústrannos con tres magníficos traballos realizados baixo a súa produción. Unha oferta de calidade para todos os públicos que poderedes gozar na categoría de curtametraxe baixo o nome de: "Sin juicio", "A secas" e "El Cortejo".
E así entramos na categoría multimedia, onde hoxe temos o inmenso pracer de dar unha grande benvida ao prestixioso director mozambiqueño Nildo Essa. Congratulándonos polo seu debut en festivais internacionais, Nildo preséntanos a calidade que atesoura o seu traballo de animación con "Rice Factory"; un interesante filme, dacabalo entre a curtametraxe e o Spot televivo, que fala ás claras do gran emerxer da animación africana nos últimos tempos.
Pasando a retrospectiva, damos a benvida a dous vellos coñecidos de Animacam.
Dende Canada, Scott Portingale preséntanos "Photosyntesis", unha animación en Stop Motion que o encumiou no seu día no máis alto de diversos festivais internacionais.
Pola súa banda, Sil van der Woerd desde Holanda, preséntanos un videoclip animado da cantante Lady Jane Blue, que co seu título "Worms" móstranos a calidade de Sil na ambientación de escenarios en 3D, que xa puidemos gozar na pasada edición de Animacam con "White Swan".
E para finalizar a oferta do fin de semana, dende Eslovaquia, a gran directora de animación Veronika Obertová tráenos unha fantástica obra, que baixo o título de "Viliam", levou a Veronika a triunfar en festivais dos 5 continentes.
E así nos despedimos até o luns, cando poderedes gozar dun especial de obras animadas da gran directora coreana Jisuk Jung.
Feliz fin de semana amigos!!!
Accede ás curtametraxes a concurso
Accede ás animacións multimedia
Coñece as obras que compiten en retrospectiva
Coñece a carteleira de Animacam IV edición
No hay comentarios:
Publicar un comentario