Mostrando entradas con la etiqueta N. Subirats. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta N. Subirats. Mostrar todas las entradas

14 de noviembre de 2011

Oito grandes estreas da mellor animación internacional en Animacam 2011

 Achégase o duelo final das votacións en Animacam, e séguennos chegando multitude de filmes de todas as rexións do mundo. Lembrade que aínda estades a tempo de participar no festival máis animado, sube á web ou envíanos a túa película por mail a: info@animacam.tv e poderás gañar 600 euros. Anímate a participar.

Acto seguido imos coas presentacións de hoxe: e para comezar, quen mellor que o reputado director de animación Checo Pavel Soukup, que presenta a sección oficial tres interesantísimas obras.

Para a categoría curtametraxe, temos o pracer de presentar "Tumorrows never Knows"; unha obra chea de plasticidade que complementa a unha depurada técnica e gran calidade, para presentar un dos traballos animados que máis recoñecementos logrou en 2011.

Acompáñalle nesta categoría a premiadísima "Feeders". Unha xenial curtametraxe de animación que cultivou unha inmensa cantidade de premios en 2010, non a perdas!

Para a categoría multimedia preséntanos unha interesante arte visual baixo o nome de "Women Type" no que nos convida á reflexión sobre os valores e gustos masculinos acerca das mulleres.

Seguindo coa nutrida oferta de calidade de hoxe en Animacam, temos o inmenso pracer de presentar tres obras producidas pola da Escola Superior de Arte ESDIP. Por medio das cales, os alumnos desta recoñecida escola móstrannos os seus grandes dotes artísticos a través de tres  grandísimas curtametraxes de animación.

Da man do director Rouzbeh Soljouh preséntasenos "Humo", unha metáfora gráfica que vai máis aló das nefastas consecuencias do tabaquismo. Aborda o impacto ecolóxico producido pola contaminación que xera o noso estilo de vida.

César Desmond Fdez. preséntanos "El arbol Umdoni". Unha historia no corazón de Sudáfrica, onde Nandi e a súa filla Mbali viven soas e traballan moi duro nos campos. Un día, a súa rutina verase interrompida por algo que lles cambiará a vida para sempre.

Con "Yaku", Nacho Pesquera e Nacho Subirats penétrannos na historia dun neno especial. Un día alguén lle arrebata a súa ilusión, pero cando pensa que o perdeu todo, un descoñecido embarcaralle nunha viaxe máxica.

Se de historias cheas de tenrura falamos, hoxe temos o pracer de presentar unha das obras máis significativas da animación lituana de todos os tempos: "Brother Bebe", do gran director Rasa Joni, que lucirá na categoría retrospectiva cunha historia chea de ideais que fará as delicias do público infantil.

E para rematar as presentacións, o toque máis animado chéganos dende Arxentina da man do grupo musical Bela Lugosi, co seu gran éxito "Mondongo Reggae". Unha animación cortesía dos directores Damián Planas e Nicolás Alcetegaray. Un traballo xenial Amigos!

E con isto depedimonos até o mércores, onde vos ofreceremos os grande traballos animados dos amigos de Balieri Studio. Non debedes perdervos o gran talento destes amigos.

Saúdos animados e moi feliz semana!!!