Estimados amigos e amigas Saúdos dende o Festival Internacional de Debuxos Animados na rede, Animacam.tv !
É un pracer compartillar convosco as actividades e iniciativas desenvolvidas polo Festival, tendo en conta sempre os máis pequenos, xa que para eles Animacam é un espazo idóneo para disfrutar de Debuxos Animados gratuitos de todo omundo.
Esta semana, o Festival terá un eixo temático baixo o título: “Debuxos animados para todos feitos por nenos”. Ano tras ano, non deixamos de marabillarnos dos diversos proxectos que nos chegan a través da rede dos cinco continentes. Pois ben, nesta presente edición de 2010, presentáronse a concurso seis filmes creados, desenvolvidos e debuxados por nenos de entre 8 e 12 anos. Catro dende España e Dous dende o Reino Unido.
Os Catro filmes españois foron presentados polo colectivo PDA (Pequenos Debuxos Animados), unha asociación de artistas audiovisuais que realiza proxectos de curtametraxes de animación coa colaboración de nenos de idade temperá. Co emprego dunha metodoloxía lúdica e didáctica, pretenden así explicar o proceso de creación dun proxecto audiovisual animado. A asociación expuxo un tour de animacións producido en diferentes puntos do país e o resto do mundo, por exemplo Madrid, Zlin (República Checa), Roma ou Orán (Alxeria). O equipo de PDA está composto por Mario Torrecillas (director), Tyto Alba (debuxante e animador), David Borrull (realizador de animación) e Pablo Hernández (experto en artes visuais); catro profesionais da animación que uniron as súas forzas para desenvolver este proxecto pioneiro na introdución á aprendizaxe da creación audiovisual.
Os Dous filmes británicos foron presentados polo animador e director de cine inglés David Bunting. A súa iniciativa foi creada por alumnos de 4º curso da Escola Primaria Bricknell na localidade de Kingston a uns 15 kilómetros da cidade londinense. As animacións forman parte das historias Anim8ed, un programa de educación que ofrece ideas, contactos e suxerencias para os maestros, educadores e persoas interesadas no desenvolvemento de proxectos de animación con grupos de nenos. As historias de Anim8ed son realizadas no Museo Nacional dos Medios de York, e permiten aos profesores e alumnos, nas escolas primarias e secundarias, aproveitar ao máximo a creatividade, o ludismo e o fomento da animación nas aulas.
Nesta Terceira Edición do Festival, en dous meses, presentáronse máis de 90 películas participantes procedentes de 32 países, entre cuxas propostas atopamos traballos de grande calidade artística e sensibilidade.
O Periodo de Recepción de Películas é ata o vindeiro 23 de setembro, e ata dita data, seguirán a chegar películas de animación aptas para todos os públicos.
O 23 de setembro comezará a Segunda Fase do Festival, na que o internauta se converte en protagonista, a través da emisión de voto online. Nese momento os alumnos terán a oportunidade de ver centos de filmes do mundo enteiro en Animacam, e convertírense eles en protagonistas absolutos exercendo de xuíces emitindo o seu voto.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Saúdos afetuosos e animados
Equipo Animacam.tv
No hay comentarios:
Publicar un comentario