Tras unha semana de cinco novas estreas, mostrando e presentando obras feitas en diferentes técnicas: 2D, flash, stop-motion, destinadas a todos os públicos, de novo, presentamos cinco novas películas de animación chegadas de todas as partes do mundo, coma estamos acostumados. Diferentes historias, diferentes xéneros, diferentes cores... Seguimos camiñando xuntos para animar o mundo en Animacam!
Alex Budovskiy continua exhibindo as súas obras en Animacam, de novo voltando á dualidade de cores con Flagged, unha curta de animación adicada ao aniversario da alunizaxe de 2009. Joaquín Carrasquilla estrea esta semana a súa peculiar e satírica obra Chollywood Fight Match, sobre o combate nas eleccións presidenciais panameñas.
Danny Lazarov dende Bulgaria comparte connosco unha experiencia única baixo o título Imitator, sobre o roubo de estilos artísticos por parte dun artista. Un grupo de catro rapaces independientes chilenos de Estudio de Lejos presentan unha animación musical, titulada Seis Arriba. E por último, o nipón Takeshi Inoue participa en Animacam con YOOCHITAI, na que Qu e Vu vanse de aventuras por todo o mundo para traer a felicidade á vida de todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario