Esta fin de semana pasada clebrouse a XXV edición do Festival Intercéltico. O venres 31 puidemos disfrutar das actuacións entregadas e espectaculares de Gwendal e Óscar Ibañez e o sábado 1 de agosto actuaron Milladoiro e amigos. Foi un auténtico éxito con máis de catro mil asistentes completando totalmente o aforo dos mil cincocentos asientos. O público agradeceu o cambio de ubicación do Festival ao Paseo Marítimo de Moaña, con moitas máis facilidades de acceso, e a única queixa foi a corta duración do festival aínda que como di o refrán: "O bo, se breve, dous veces bo!".
O Festival Intercéltico do Morrazo comezou a súa andadura no ano 1985, organizado pola Asociación Cultural Semente Nova, que foi no seu tempo a Banda de Gaitas máis representativa do noso país, representando a Galicia no mítico Festival de Lorient. Da escola de gaitas desta banda xurdiu por exemplo Xosé Manuel Budiño.

Na terceira edición, tendo en conta a repercusión social e organizativa que acadou, foi o propio Concello de Moaña o que se encargou da organización dun festival que co paso dos anos foise consolidando como referencia musical do mundo do folk, chegando a ser o máis veterano dos de Galicia, por ser o único celebrado de maneira ininterrompida durante vinte e cinco anos.
Xa son tres as diferentes localizacións nas que se ten celebrado, e miles de persoas, chegadas de todo o mundo, as que teñen gozado da música de primeira calidade que o Festival ofreceu.
O festival foi declarado de Interese Comunitario polo Parlamento Europeo e de Interés Cultural polo Ministerio de Cultura en diversas ocasións e colaborou directamente coa organización dos mellores festivais de Europa como o de Lorient.
No hay comentarios:
Publicar un comentario