Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas

3 de septiembre de 2009

Last films in Animacam: A Meiga Chuchona

Lenda tradicional galega. Unha muller vai perdendo todos os seus fillos dun estrano mal que os deixa febles e enxoitos ata acabar con eles.

ArteAutor presenta esta historia de meigas, feitizos, conxuros e maleficios dirixida por Pablo Millán, producida por Ana Lombao e narrada por Luis Iglesias Diz.

Baseada nunha lenda tradicional galega, esta curta conta a historia dunha muller que está a dar a luz continuamente bebiños, xa que o seu incondicional amor de nai ha de ser repartido entre os demais. Por estranas e descoñecidas circunstancias, os seus nenos non deixan de finar e aparecer mortos logo duns días de escomezar a medrar tralo seu nacemento. Logo de ter calcetado con axilidade moitos patucos de lá para os seus nenos para que estes non colleran frío nos pés, desesperada por acudires máis veces ao camposanto que ninguén, e logo de pedirlle consello a médicos e veciños, dinlle que vaia ver a unha muller do bosque, que sabe de todo. Ela tíñao claro: isto é cousa da Meiga Chuchona...

14 de agosto de 2009

Festas en Cotobade

Na primeira fin de semana deste mes celebrouse en Cotobade a Rapa das Bestas. Tódolos anos celébrase nesta vila pontevedresa unha tradición que nos chega dende a Idade de Bronce, cando se trataba de domesticar aos cabalos salvaxes. O rito consiste en marcar e rapar as crins dos cabalos que viven nos nosos bosques. Todo isto ten lugar no curro, o recinto onde se acorrala aos animais. Aquí, os gandeiros máis expertos, denominados agarradores, forcexean cos animais ata reducilos e conseguir rapalos.

O sábado 1 de agosto puidemos disfrutar dunha gincana de cabalos e dunha carreira de ponys. O domingo celebrouse a Primeira Feira Cabalar de Cuspedriños, con postos de exposición e venta de todo o relacionado cos cabalos, a artesanía, a alimentación, etc. Tras toda unha tarde de "traballo" o grupo musical Calibre amenizou a festa para despedila ata o ano que vén.

Pero Cotobade é unha terra festeira. Por iso mañá, 15 de agosto, poderedes disfrutar da Festa de Santa María en Santa María de Sacos e o domingo 16 da Festa de San Bartolomeu en Famelga Aguasantas.

Romaría Vikinga '09

7 de agosto de 2009

Festival Intercéltico de Moaña

Esta fin de semana pasada clebrouse a XXV edición do Festival Intercéltico. O venres 31 puidemos disfrutar das actuacións entregadas e espectaculares de Gwendal e Óscar Ibañez e o sábado 1 de agosto actuaron Milladoiro e amigos. Foi un auténtico éxito con máis de catro mil asistentes completando totalmente o aforo dos mil cincocentos asientos. O público agradeceu o cambio de ubicación do Festival ao Paseo Marítimo de Moaña, con moitas máis facilidades de acceso, e a única queixa foi a corta duración do festival aínda que como di o refrán: "O bo, se breve, dous veces bo!".

O Festival Intercéltico do Morrazo comezou a súa andadura no ano 1985, organizado pola Asociación Cultural Semente Nova, que foi no seu tempo a Banda de Gaitas máis representativa do noso país, representando a Galicia no mítico Festival de Lorient. Da escola de gaitas desta banda xurdiu por exemplo Xosé Manuel Budiño.

Na terceira edición, tendo en conta a repercusión social e organizativa que acadou, foi o propio Concello de Moaña o que se encargou da organización dun festival que co paso dos anos foise consolidando como referencia musical do mundo do folk, chegando a ser o máis veterano dos de Galicia, por ser o único celebrado de maneira ininterrompida durante vinte e cinco anos.

Xa son tres as diferentes localizacións nas que se ten celebrado, e miles de persoas, chegadas de todo o mundo, as que teñen gozado da música de primeira calidade que o Festival ofreceu.

O festival foi declarado de Interese Comunitario polo Parlamento Europeo e de Interés Cultural polo Ministerio de Cultura en diversas ocasións e colaborou directamente coa organización dos mellores festivais de Europa como o de Lorient.

5 de agosto de 2009

Os vikingos invaden Catoira!!!

Un ano máis os vikingos volveron a Catoira cheos de risas viño para disfrutalo con todos nós.

A Romaría Vikinga celébrase en Catoira o primeiro domingo de agosto, dende a súa primeira edición no ano 1960. Este ano desde as dez da mañá puidemos disfrutar cos pasarrúas de grupos folclóricos, da mexillonada e viño tinto do Ulla e mercado medieval, de ¡Quen dixo circo! con Duende Sico e á unha a gran dramatización do desembarco vikingo e defensa das Torres de Oeste. Logo o espectáculo medieval Zancalino, o xantar campestre, a actuación de grupos folclóricos e a verbena popular.

Trátase dunha festa profana, que rememora o papel que desempeñou Catoira na defensa de Galicia fronte ós ataques dos piratas normandos e sarracenos na busca do tesouro da Igrexa Compostelá.

Para prepararnos para tal aventura do vinte ao vintetrés de xullo puidemos asistir ao curso de Dirección de Banda Romaría Vinkinga, á conferencia de Manuel Velasco sobre "A vida cotiá dos viquingos" e os concertos do Vikinsons con Noise Project, O som do Galpom, Guezos e Tonhito de Poi e Rasa Loba. O sábado un de agosto celebrouse a Cea Vikinga e a continuación a Cerimonia da Paz.

A Romaría Vikinga é hoxe patrimonio de tódolos catoirenses, que traballaron duramente e con ilusión para convertela nunha das festas máis famosas e peculiares de Galicia, sendo declararada no ano 2002 festa de Interese Turístico Internacional.

31 de julio de 2009

Festa da Carballeira de Zas 2009

Prepárate esta fin de semana para disfrutar dunha gran festa en Zas. Este sábado, 1 de agosto, a partir das seis da tarde actuarán a Asociación Cultural Castro Meda de Zas, o grupo de baile Donaire de A Coruña, a Banda de gaitas Maruxia de Laxe e o grupo Ruote de A Coruña. E todo isto só para ir quentando os ósos para tolear co baile a partir das nove da noite co grupo Tejedor de Asturias, Capercaillie de Escocia e Mutenrohi e O Sonora Maxín de Galicia.
O acceso á festa son 5 euros, con agasallo de CD exclusivo con 2 cancións de cada grupo que actúa.
Pero a gran festa de Zas non remata aquí. Ben certo é que dura só un día, pero que día!!! Todo enteiriño!! Para que non te teñas que marchar por culpa das queixas das túas tripas, prepararáse un menú do día que incluirá: churrasco, raxo, calamares, pementos de Padrón, patatas ali-oli e empanada. Todo regado con viño exclusivo da Carballeira, cervexa, refrescos, auga, licores e unha riquísima queimada que se repartirá de balde a tódalas persoas que compren o "xerro" típico. E despois desta enchenta, non pensarás irte para casa!? porque hai unha zona de acampada estupenda e acceso ás duchas e aseos do polideportivo do Concello.
Acude a festa e comparte a túa alegría pola festa! E logo non esquezas mandarnos as túas fotos para participar no CONCURSO DE FOTOS DE FESTAS co que podrás gañar UNHA FIN DE SEMANA PARA DÚAS PERSOAS EN BALNEARIOS DE GALICIA. Podes consultar as bases na Sección Paralela de Festas de animacam.tv

A curta ROMÁNTICA de Nacho Abia

Nacho Abia volve a sorprendernos con "Romántica". Unha curtametraxe, realizada en 2D por ordenador, que se desenvolve nun mundo a metade de traxecto entre un conto medieval e a nosa moderna sociedade globalizada. Unha terra de cabaleiros e guerras, de castelos, de trobadores, de dragóns e de feitizos. Pero tamén un mundo de sorprendente tecnoloxia, de telebasura e publicidade, de comida rápida e atascos de hora punta. En pouco máis dun minuto, o director vigués, relátanos a historia da relación entre unha rapaciña pequena e un monstro que se atopan de súpeto nun bosque. A través desta peza Nacho reflicte as diferencias de linguaxe entre ambas criaturas. Algo tamén moi propio do noso tempo.

27 de julio de 2009

Spot do novo suplemento de A Peneira: KALAIKIA

A Peneira vén a presentarnos o seu novo suplemento cultural "Kalaikia" a través deste spot publicitario no que un enorme boneco animado realizado con revistas da propia publicación pulula por Vigo marcando "outro ritmo".
O autor desta pequena peza de vinte segundos é Nacho Abia Carrera. Este vigués leva xa máis de dez anos no mundo do audiovisual galego impartindo diferentes cursos de animación 3d na escola de cine de Vigo, de caracterización e de efectos especiais. Tamén participou na construción dos decorados e na edición off line de "Los lunes al sol" e nas animacións 3D dos spots para a promoción autonómica de Coca-Cola. Ao longo da súa intensa traxectoria xa traballou tanto para o mundo da animación como para o da ficción e o espectáculo. Actualmente é socio da productora Sétimo Ceo.

Festas do Carme de Redes


Como cada ano, o dezaseis de xullo celebráronse en Redes (Ares) as Festas do Carme. A comisión de festas, formada por Yoli, Neves, Eva e Tuchi, comezou a súa rolda anual percorrendo cada día unha parte da parroquia recaudando os cartos necesarios para a festa.
Durante esta xornada festiva a veciñanza de Redes puido disfrutar das tradicionais bombas de palenque, da alborada amenizada polo grupo de gaitas Retrincos, da procesión marítima pola ría acompañada pola banda de música e das fermosas pezas a cargo da orquesta "Hiroshima"

9 de julio de 2009

A Rapa das Bestas de Sabucedo

DIARIO EL PAÍS

Unha loita en estado puro, unha festa única pola súa espectacularidade, home contra a besta no estado máis salvaxe, puro e natural. A aventura comeza cando un aloitador se aproxima a domar a besta que está enganosa e reacia a prestar a súa axuda para ser rapada.

Dende 1963, a Rapa das Bestas de Sabucedo foi declarada, festa de interese turístico nacional pola súa singularidade e beleza única. Máis de seiscentos cabalos, divididos en catorce mandas, que viven libres nunha vastísima extensión mestúranse co abundancia da xente e o amplo imperio da natureza. Os habitantes e verdadeiros expertos na Rapa, preparan a súa loita coa besta e rezan ante San Lourenzo na misa anterior á rapa para pedir axuda e protección ao seu patrón.

Tomada coma a conversión do neno en home, é toda unha proba de coraxe, valentía e forza na cal a loita nobre e honorábel co cabalo respéctase en todo momento. Celebrada habitualmente o primeiro fin de semana de xullo, é unha das festas máis representativas de toda Galicia e de España, e un referente turístico en todo o mundo. Este ano foron milleiros os visitantes que acudiron a Sabucedo para presenciar a Rapa das Bestas, unha festa inigualábel que, ano tras ano, vai enchendo e engrandecendo a súa historia.

7 de julio de 2009

The werepig: a historia dun porco en apuros


The werepig
é o último traballo do director Sam Ortí, un dos profesionais do stop-motion máis recoñecidos actualmente no panorama español. Este autor traballou con Pablo Llorens (outro gran nome do stop-motion español) e na factoría Aardman (Wallace e Gromit). No 2003 creou a súa propia productora de curtas de animación, baixo a cal tamen naceu esta obra: Conflictivos productions.

Dous anos de traballo, un deles construíndo miniaturas (empregáronse máis de 100.000), oito meses de rodaxe e dous de posproducción foron necesarios para producir esta peza que narra a historia de dous adolescentes estadounidenses que na súa viaxe a Galicia descubren algo que marcará as súas vidas: as diferencias gastronómicas entre a comida basura e a comida da casa.

The werepig converteuse na curtametraxe de animación en stop-motion máis ambicioso que se produciu en España ata o momento. O cal convirte a Sam nun dos mellores animadores do estado, tras demostralo cos seus anteriores traballos “Encarna” e “El ataque de los Kriters asesinos”.