7 de julio de 2009
The werepig: a historia dun porco en apuros
The werepig é o último traballo do director Sam Ortí, un dos profesionais do stop-motion máis recoñecidos actualmente no panorama español. Este autor traballou con Pablo Llorens (outro gran nome do stop-motion español) e na factoría Aardman (Wallace e Gromit). No 2003 creou a súa propia productora de curtas de animación, baixo a cal tamen naceu esta obra: Conflictivos productions.
Dous anos de traballo, un deles construíndo miniaturas (empregáronse máis de 100.000), oito meses de rodaxe e dous de posproducción foron necesarios para producir esta peza que narra a historia de dous adolescentes estadounidenses que na súa viaxe a Galicia descubren algo que marcará as súas vidas: as diferencias gastronómicas entre a comida basura e a comida da casa.
The werepig converteuse na curtametraxe de animación en stop-motion máis ambicioso que se produciu en España ata o momento. O cal convirte a Sam nun dos mellores animadores do estado, tras demostralo cos seus anteriores traballos “Encarna” e “El ataque de los Kriters asesinos”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario