Quen non foi a Ortigueira ou non escoitou falar algunha vez do seu Festival Celta? Despois de trinta e un anos o Festival Internacional do Mundo Celta segue a ser unha experiencia gratuíta e única que cada ano congrega na Vila mariñeira a miles de persoas chegadas de tódalas partes do mundo.
Os mellores concertos déronse cita dende o 9 ao 12 de xullo deste ano coas excelentes actuacións de La Bottine Souriante, Susana Seivane, Michael McGoldrick band e/ou Korrontxi entre outros. E para convertirse nun bo plato de degustación, Ortigueira completouse cos seguintes ingredientes: unha feira de artesanía, unha exposición fotográfica dos trinta anos de Festival, actuacións teatrais e obradoiros para meterse máis a fondo no amplo mundo da música celta.
O próximo Festival de Ortigueira terá lugar entre o 8 e o 11 de xullo do 2010. Así que, mentres a localidade volve de forma progresiva á normalidade tras as 96 horas de música celta desta edición, a organización traballa xa coa vista posta no ano que vén. No seu cartel artístico xa hai unha primeira banda confirmada, Qui hi ha?, gañadora do Proxecto Runas´09, que por terceiro ano consecutivo pretende dar a coñecer o traballo dos novos grupos deste estilo musical.
No hay comentarios:
Publicar un comentario