Nacho Abia volve a sorprendernos con "Romántica". Unha curtametraxe, realizada en 2D por ordenador, que se desenvolve nun mundo a metade de traxecto entre un conto medieval e a nosa moderna sociedade globalizada. Unha terra de cabaleiros e guerras, de castelos, de trobadores, de dragóns e de feitizos. Pero tamén un mundo de sorprendente tecnoloxia, de telebasura e publicidade, de comida rápida e atascos de hora punta. En pouco máis dun minuto, o director vigués, relátanos a historia da relación entre unha rapaciña pequena e un monstro que se atopan de súpeto nun bosque. A través desta peza Nacho reflicte as diferencias de linguaxe entre ambas criaturas. Algo tamén moi propio do noso tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario