Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curtametraxe. Mostrar todas las entradas

22 de marzo de 2010

Comezamos a semana con estreas!

Abrimos este luns de marzo con cinco novas obras de animación de diferentes técnicas, diversos argumentos e novos creadores coma experimentados directores presentando as súas obras a través da rede nesta casa da animación como é Animacam!

Juan Manuel Costa preséntanos unha historia doce e chea de folclore, sobre unha alfareira que descobre o segredo das potas da vila. Unha historia en stop-motion chea de maxia e beleza visual propia dos arxentinos, xunto cunha nova experiencia en Second Life dende a República do Congo, presentada por Teboho Edkins: Kinhasa 2.0.
Inma Carpe, gañadora da Segunda Edición en Retrospectiva pola súa obra In the winter palace, repite este ano en Animacam con outra obra na mesma categoría: Le petit chaperon rouge, xunto con outra obra de Retrospectiva como Nice day for a picnic, da belga Monika Gallab. Para rematar, a escola Gobelins presenta outra tenra historia no 2D máis tradicional: Gardien du phare (The Lighthouse keeper).

18 de marzo de 2010

Them and their circunstances...

Conta unha historia sobre o día a día dunha inocente familia. Cinco tramas, catro personaxes con diferentes puntos de vista. Historias aparentemente aleatorias, mais, aínda así, sumamente conectadas coa principal: un conxunto de incidentes nun mesmo día. A animación comeza polo final da historia e logo o espectador pode atopar a pista coma proba para unir as pezas do crebacabezas.

Esta é unha animación online experimental, que introduce unha nova forma de ver a animación. Combina vídeos e flash con ActionScript. Todas as películas póñense xuntas en flash e mediante o código de programación ActionScript, a xente pode ver máis de dúas tomas de ángulo ao mesmo tempo, seleccionar os capítulos e os segmentos de vídeo e crear as súas propias historias. Tamén hai animacións en flash dinámicas propias para que as animacións e os vídeos en flash interactúan entre si, cruzando os marcos. Este marco non só significa o obxecto literal no marco do traballo da artista coreana, senón tamén a fronteira entre o traballo de vídeo lineal e a interactividade de flash non lineal.

12 de marzo de 2010

Novas estreas en Animacam


Este venres, pechamos a semana estreando cinco novas obras de animación de diversa temática, técnica, argumento e procedencia. Aproveitamos para agradecer a todos os participantes a súa colaboración e presencia en Animacam.
A curtametraxe experimental coreana Their circunstances, a escola Gobelins presenta unha das súas cortiniñas para Annecy 2009 en Multimedia: Dodudindon, xunto coa serie animada de Steven Sieders, Supa Pirate Booty Hunt, e dúas novas obras en Retrospectiva: Things that go bump in the night dos daneses de Simulakrum e a obra en animación 3D Piscis do arxentino Juan Carlos Camardella.

4 de septiembre de 2009

Last films in Animacam: Ganância!

"Ganancia" cóntanos unha historia sobre un home ambicioso que faría todo o posibel para acadar os seus propios fins. Quem todo quer, todo perde!

Claudio Sá cóntanos a historia da Merceiria Mórais, na cal todos os clientes, veciños, amigos e compradores acodían para mercar todo o que precisaban. Mais o seu dono era avaro e cruel. Unha persoa tan ruín que miraba a bolsa, o billete e a moeda, antes que a súa propia saúde. E a dos demáis... Calquera día destes a súa loucura volverase en contra del. E en contra dos demáis...

7 de julio de 2009

The werepig: a historia dun porco en apuros


The werepig
é o último traballo do director Sam Ortí, un dos profesionais do stop-motion máis recoñecidos actualmente no panorama español. Este autor traballou con Pablo Llorens (outro gran nome do stop-motion español) e na factoría Aardman (Wallace e Gromit). No 2003 creou a súa propia productora de curtas de animación, baixo a cal tamen naceu esta obra: Conflictivos productions.

Dous anos de traballo, un deles construíndo miniaturas (empregáronse máis de 100.000), oito meses de rodaxe e dous de posproducción foron necesarios para producir esta peza que narra a historia de dous adolescentes estadounidenses que na súa viaxe a Galicia descubren algo que marcará as súas vidas: as diferencias gastronómicas entre a comida basura e a comida da casa.

The werepig converteuse na curtametraxe de animación en stop-motion máis ambicioso que se produciu en España ata o momento. O cal convirte a Sam nun dos mellores animadores do estado, tras demostralo cos seus anteriores traballos “Encarna” e “El ataque de los Kriters asesinos”.