Mostrando entradas con la etiqueta portugal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta portugal. Mostrar todas las entradas

11 de marzo de 2010

The tile jale toilet: tentando ir ao baño...


Unha rapaciña ten que ir ao baño...


Magnífica recreación do portugués Joao Rodrigues, na categoría Retrospectiva. A boa utilización da mistura de técnicas empregadas (flash, 2D e stop-motion) dota a obra dun carácter orixinal, único e auténtico.

Unha rapaza que non aguanta máis, quere facer uso do urinario, pero atópase con multitude de obstáculos que lle impiden poder relaxarse e facer as súas necesidades tranquilamente...

17 de septiembre de 2009

Last films in Animacam: Cine Clube de Avanca e Filmógrafo

O Cine Clube de Avanca e Filmógrafo presentan múltiples das súas obras en Animacam:

Iconos urbáns, os signos, as frechas de tránsito, as lendas da rúa, os escenarios das cidades, o ciclo dos días, encontros inesperados, traxedias, comedias, a soidade, a amizade: todo "no baile". Esta é a temática do videoclip, At the dance, dirixido por Xabier Almeida que transmite o axetreo e rutina diaria a modo de baile!

Os irmáns Desastre atoparon unha solución para máis dun problema! Estes dous "elementos" radicalizan e exaseran as solucións para os seus "pequenos" problemas. Os debuxos de Vitor Lopes son protagonistas tamén en Living in the trees, animación que se rixe pola máxima: "Cando non hai paciencia para escoitar aos demais, nada pode pasar". Tamén nos acerca a historia de Loldini, un home canón que busca ires ata o infinito e máis alá.
E criticando a opresión chinesa contra o Tíbet, e con motivo dos Xogos Olímpicos de Beijing de 2008: 10 ways to eliminate a buddist monk, é un grupo de vídeos que mostra as diferentes formas nas que o exército chinés doblega aos monxes budistas.

Por último, Vitor Hugo nos presenta en Airport Tunnel, unha viaxe máxica a través do son da OliveTreeDance recorda a rúa coma o escenario libre de todos os artistas que embelece a nosa vida cotidiana.

4 de septiembre de 2009

Last films in Animacam: Ganância!

"Ganancia" cóntanos unha historia sobre un home ambicioso que faría todo o posibel para acadar os seus propios fins. Quem todo quer, todo perde!

Claudio Sá cóntanos a historia da Merceiria Mórais, na cal todos os clientes, veciños, amigos e compradores acodían para mercar todo o que precisaban. Mais o seu dono era avaro e cruel. Unha persoa tan ruín que miraba a bolsa, o billete e a moeda, antes que a súa propia saúde. E a dos demáis... Calquera día destes a súa loucura volverase en contra del. E en contra dos demáis...

18 de agosto de 2009

Yulunga: unha homenaxe de Cristiano Mourato a súa familia

Yulunga é unha película sobre unha tribo, na cal se trata de mostrar e representar a relación entre o nacemento dun bebé san e a última loita dun águia.

Ao meu pai e ao meu avó: 1936- 2006. Con esta adicatoria aos seus seres queridos, Cristiano Mourato abre e presenta esta curtametraxe portuguesa na cal as cores vermella e negra son protagonistas do ritmo incesante e inquedante de formas e símbolos misturados con auténtica destreza e xenialidade. Feita con 2D tradicional, a obra dirixida por Mourato e producida por Quest animation, trata de mostrar, a través dunha sátira social o simbolismo e a semiótica da esencia do propio ser humano a partires da súa representación básica e máis próxima: o sistema tribal, que, en ocasións pecamos de tachalo de primitivo e non moderno, e moitas veces remata por seres a verdadeira mostra da nosa natureza.

Cun son acústico e vocal axeitado para a composición visual e a dinámica acadada, a obra presenta uns matices suxerentes e vivos, misturando figuras perfectamente recoñecibles con formas irrepetible e insinuantes.