Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
9 de julio de 2009
A Rapa das Bestas de Sabucedo
Unha loita en estado puro, unha festa única pola súa espectacularidade, home contra a besta no estado máis salvaxe, puro e natural. A aventura comeza cando un aloitador se aproxima a domar a besta que está enganosa e reacia a prestar a súa axuda para ser rapada.
Dende 1963, a Rapa das Bestas de Sabucedo foi declarada, festa de interese turístico nacional pola súa singularidade e beleza única. Máis de seiscentos cabalos, divididos en catorce mandas, que viven libres nunha vastísima extensión mestúranse co abundancia da xente e o amplo imperio da natureza. Os habitantes e verdadeiros expertos na Rapa, preparan a súa loita coa besta e rezan ante San Lourenzo na misa anterior á rapa para pedir axuda e protección ao seu patrón.
Tomada coma a conversión do neno en home, é toda unha proba de coraxe, valentía e forza na cal a loita nobre e honorábel co cabalo respéctase en todo momento. Celebrada habitualmente o primeiro fin de semana de xullo, é unha das festas máis representativas de toda Galicia e de España, e un referente turístico en todo o mundo. Este ano foron milleiros os visitantes que acudiron a Sabucedo para presenciar a Rapa das Bestas, unha festa inigualábel que, ano tras ano, vai enchendo e engrandecendo a súa historia.
7 de julio de 2009
A Feira das Meigas de Cedeira
A Feira das Meigas de Cedeira é unha das máis ilustres e sinceiras homenaxes que recibe esta figura tan característica e representativa de Galicia. O clásico "Habelas hailas" vólvese un clamor popular nunha festa que une artesanía, música, danza e tradición a través dos integrantes da organización da Concellería de Cultura, Xuventude e Deporte de Cedeira e dos participantes, que recrean á perfección maleficios, conxuros e males de ollo para gusto dos espectadores.Este ano, a feira recibiu milleiros de visitantes de todos os rincóns da nosa terra e tamén doutras para gozar de seráns de verán do máis tradicional. De venres a domingo, Cedeira vistiuse de "meiga" para celebrar unha das súas festas máis insignes. Por cortesía da organización da Festa, contamos con fotografías correspondentes á pasada edición 2008. Contaremos en breves momentos con máis instantáneas da feira das Meigas.
Disfruten da maxia e a fantasía da Feira das Meigas!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
