Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

14 de julio de 2009

As Festas de San Bieito en Allariz: sempre con gran cabeza



Este fin de semana do venres 10 ao domingo 12 de xullo celebráronse en Allariz as Festas de San Bieito, organizadas pola Concellería de Cultura de Allariz, que este ano tiveron grande expectación así como todas as festas celebradas no concello (véxase tamén, a Festa do Boi a mediados de xuño).

A organización da festa tivo en conta aos públicos de todas as idades e levou a cabo actividades de todo tipo: para os mais pequenos, os multixogos da Cidade Deportiva "O Seixo" , a Festa da Escuma no campo de Vilanova xunto cos inchables, agardaban para que os cativos da casa desfrutaron do bo tempo e do lecer deste fin de semana alaricano.

Nas festas populares, nunca se han de esquecer as romarías, verbenas, bailes, danzas e pasarrúas que amenizaron as tardes e noites de Allariz cos seus ritmos: dos máis folclóricos e tradicionais (coas Bandas de Música de Vilatuxe e Catoira) ata aos máis modernos e caribeños (interpretados pola Orquestra Super Combo de Ourense e a Orquestra Ría de Arosa no Campo da Barreira).

O deporte tamén estivo presente: torneos de fútbol, baloncesto e tamén a coñecida e tradicional Carreira Popular na Praza do Eiró. Aproveitando a beleza e abundancia do río Arnoia, o Campionato Infantil de Pesca Fluvial no contorno de Portovello precede o sábado ao espectáculo de serán dos títeres para os máis pequenos, a cargo da compañía Cachirulo coa obra "Típico Tópico". As noites despedían o día de festa cos espectáculos pirotécnicos a cargo de Josman no Campo de Vilanova.

Máis o principal ingrediente que fai desta festa única, inigualábel, máxica e singular, son os xigantes e cabezudos que desfilan en procesión a mañá do domingo de Festa. Acompañados pola música da Escola Municipal de Danzas e Gaitas de Allariz e a Banda de Música de Catoira, os xigantes e cabezudos pasearon mostrando a súa grandeza por todos os rincóns do casco da vila, con acabados realmente ben rematados e traballados e con diversidade nas figuras e personaxes creadas.
En fin, todos os ingredientes mesturados para unha gran festa galega: boa música, boa comida, bo espectáculo, boa marcha e tamén entretemento para todas as idades.

7 de julio de 2009

A Feira das Meigas de Cedeira

A Feira das Meigas de Cedeira é unha das máis ilustres e sinceiras homenaxes que recibe esta figura tan característica e representativa de Galicia. O clásico "Habelas hailas" vólvese un clamor popular nunha festa que une artesanía, música, danza e tradición a través dos integrantes da organización da Concellería de Cultura, Xuventude e Deporte de Cedeira e dos participantes, que recrean á perfección maleficios, conxuros e males de ollo para gusto dos espectadores.
Este ano, a feira recibiu milleiros de visitantes de todos os rincóns da nosa terra e tamén doutras para gozar de seráns de verán do máis tradicional. De venres a domingo, Cedeira vistiuse de "meiga" para celebrar unha das súas festas máis insignes. Por cortesía da organización da Festa, contamos con fotografías correspondentes á pasada edición 2008. Contaremos en breves momentos con máis instantáneas da feira das Meigas.
Disfruten da maxia e a fantasía da Feira das Meigas!