Xavier pretendeu retratar o ambiente festivo da súa comarca con festas senlleiras e representativas, coma Festa Medieval Raigame de Celanova, e festas anovadoras e ocorrente, coma a Primeira Festa de Papaventos Chineses, que se deu cita en Ourense. Coas súas fotografías - unha das primeiras aportacións do Foro de Festas- o fotógrafo viuse recompensado pola súa paixón e a exactitude de saber como capturar o momento idóneo da imaxe. Ademais, este usuario tamén participou no Foro do Pelegrín, aportando un particular "Relato no camiño".
24 de septiembre de 2009
As festas de Ourense protagonistas no Primeiro Sorteo Galicia Natural
Xavier pretendeu retratar o ambiente festivo da súa comarca con festas senlleiras e representativas, coma Festa Medieval Raigame de Celanova, e festas anovadoras e ocorrente, coma a Primeira Festa de Papaventos Chineses, que se deu cita en Ourense. Coas súas fotografías - unha das primeiras aportacións do Foro de Festas- o fotógrafo viuse recompensado pola súa paixón e a exactitude de saber como capturar o momento idóneo da imaxe. Ademais, este usuario tamén participou no Foro do Pelegrín, aportando un particular "Relato no camiño".
5 de agosto de 2009
Que tal a colleita deste ano?
Xa fuches á Festa do Albariño de Cambados? Pois mándanos fotos para participar co noso Concurso de Festas, recorda que podes gañar un fin de semana en balnearios de Galicia!!!
Esta foi a edición 57 da Festa vinícola máis antiga de Galicia, a segunda en España, polo que xa está dentro do conxunto de Festas de Interés Turístico Nacional.
A orixe desta Festa sitúase no 1953 cando Bernardino Quintanilla desafiou ao seu amigo Ernesto Zárate para demostrarlle cal era o mellor albariño da colleita do 1952. Dende aquela faise un concurso de viño que este ano contou con sesenta adegas participantes e cun prestixioso panel de catadores para outorgar os cobizados premios. Pero a alabanza ao Albariño non se queda aí. Forma parte xa da tradición cambadesa o desfile do Capítulo Serenísimo do Albariño, que o domingo da festa sae desde a praza do Concello ata o Pazo de Fefiñáns, onde se celebra o acto de nomeamento das Damas e Cabaleiros de Honra. Nesta ceremonia, o Gran Mestre da orde toca aos escollidos cunha folla de vide, dálles de beber unha copa de viño, entrégalles a medalla e os viste coa capa do Capítulo. Tamén se fai entrega das distincións e nomeamentos de Xóvenes Albariñenses, Albariñense de Honra e Follas de Plata.
Tras todos este nomeamentos ten lugar unha comida oficial na cal se fan públicos os tres albariños premiados no Certame da Cata.
31 de julio de 2009
Festa da Carballeira de Zas 2009
Prepárate esta fin de semana para disfrutar dunha gran festa en Zas. Este sábado, 1 de agosto, a partir das seis da tarde actuarán a Asociación Cultural Castro Meda de Zas, o grupo de baile Donaire de A Coruña, a Banda de gaitas Maruxia de Laxe e o grupo Ruote de A Coruña. E todo isto só para ir quentando os ósos para tolear co baile a partir das nove da noite co grupo Tejedor de Asturias, Capercaillie de Escocia e Mutenrohi e O Sonora Maxín de Galicia.O acceso á festa son 5 euros, con agasallo de CD exclusivo con 2 cancións de cada grupo que actúa.
Pero a gran festa de Zas non remata aquí. Ben certo é que dura só un día, pero que día!!! Todo enteiriño!! Para que non te teñas que marchar por culpa das queixas das túas tripas, prepararáse un menú do día que incluirá: churrasco, raxo, calamares, pementos de Padrón, patatas ali-oli e empanada. Todo regado con viño exclusivo da Carballeira, cervexa, refrescos, auga, licores e unha riquísima queimada que se repartirá de balde a tódalas persoas que compren o "xerro" típico. E despois desta enchenta, non pensarás irte para casa!? porque hai unha zona de acampada estupenda e acceso ás duchas e aseos do polideportivo do Concello.
Acude a festa e comparte a túa alegría pola festa! E logo non esquezas mandarnos as túas fotos para participar no CONCURSO DE FOTOS DE FESTAS co que podrás gañar UNHA FIN DE SEMANA PARA DÚAS PERSOAS EN BALNEARIOS DE GALICIA. Podes consultar as bases na Sección Paralela de Festas de animacam.tv