Mostrando entradas con la etiqueta agosto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta agosto. Mostrar todas las entradas

14 de agosto de 2009

Festas en Cotobade

Na primeira fin de semana deste mes celebrouse en Cotobade a Rapa das Bestas. Tódolos anos celébrase nesta vila pontevedresa unha tradición que nos chega dende a Idade de Bronce, cando se trataba de domesticar aos cabalos salvaxes. O rito consiste en marcar e rapar as crins dos cabalos que viven nos nosos bosques. Todo isto ten lugar no curro, o recinto onde se acorrala aos animais. Aquí, os gandeiros máis expertos, denominados agarradores, forcexean cos animais ata reducilos e conseguir rapalos.

O sábado 1 de agosto puidemos disfrutar dunha gincana de cabalos e dunha carreira de ponys. O domingo celebrouse a Primeira Feira Cabalar de Cuspedriños, con postos de exposición e venta de todo o relacionado cos cabalos, a artesanía, a alimentación, etc. Tras toda unha tarde de "traballo" o grupo musical Calibre amenizou a festa para despedila ata o ano que vén.

Pero Cotobade é unha terra festeira. Por iso mañá, 15 de agosto, poderedes disfrutar da Festa de Santa María en Santa María de Sacos e o domingo 16 da Festa de San Bartolomeu en Famelga Aguasantas.

31 de julio de 2009

Festa da Carballeira de Zas 2009

Prepárate esta fin de semana para disfrutar dunha gran festa en Zas. Este sábado, 1 de agosto, a partir das seis da tarde actuarán a Asociación Cultural Castro Meda de Zas, o grupo de baile Donaire de A Coruña, a Banda de gaitas Maruxia de Laxe e o grupo Ruote de A Coruña. E todo isto só para ir quentando os ósos para tolear co baile a partir das nove da noite co grupo Tejedor de Asturias, Capercaillie de Escocia e Mutenrohi e O Sonora Maxín de Galicia.
O acceso á festa son 5 euros, con agasallo de CD exclusivo con 2 cancións de cada grupo que actúa.
Pero a gran festa de Zas non remata aquí. Ben certo é que dura só un día, pero que día!!! Todo enteiriño!! Para que non te teñas que marchar por culpa das queixas das túas tripas, prepararáse un menú do día que incluirá: churrasco, raxo, calamares, pementos de Padrón, patatas ali-oli e empanada. Todo regado con viño exclusivo da Carballeira, cervexa, refrescos, auga, licores e unha riquísima queimada que se repartirá de balde a tódalas persoas que compren o "xerro" típico. E despois desta enchenta, non pensarás irte para casa!? porque hai unha zona de acampada estupenda e acceso ás duchas e aseos do polideportivo do Concello.
Acude a festa e comparte a túa alegría pola festa! E logo non esquezas mandarnos as túas fotos para participar no CONCURSO DE FOTOS DE FESTAS co que podrás gañar UNHA FIN DE SEMANA PARA DÚAS PERSOAS EN BALNEARIOS DE GALICIA. Podes consultar as bases na Sección Paralela de Festas de animacam.tv