"Lelo e as estacións" é o proxecto final do Máster en Creación e Comunicación Dixital, impartido pola Universidade da Coruña, de María Becerra Gestal, Xana Morales e Xabi Juiz. O proxecto consistía en facer unha animación en 3D e unha páxina web relacionadas con un conto popular ou unha lenda. Este traballo foi merecedor da Mención de Excelencia que o Master outorga aos mellores proxectos.
A través de un relato musicalizado e cantado, cóntasenos a historia de Lelo, un xoven burriño doméstico que vive nunha pequena granxa. Aburrido do frío e longo inverno, desexa que chegue a primavera para poder sair ó campo. Pero cando a ansiada estación chega, o noso amigo debe cumplir coas súas obrigas. Pero Lelo non perde a esperanza de que o traballo sexa levadeiro. Pero o sol, que o asexa dende o ceo, non llo porá sinxelo.
A técnica da animación é realmente orixinal, xa que a través dunhas personaxes de cartulinas e un fondo de cartón achégasenos con maior delicadeza e con moito colorido esta fermosa historia que, sen dúbida, non deixará indiferentes aos máis pequenos e co que podrán aprender a disfrutar das estacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario