Tras disfrutar dunha semana completa con cinco películas nas cales contemplábamos diferentes rexistros, queremos obsequiarvos con outras cinco estreas: cinco obras de animación en 2D e 3D; historias tristes e alegres para que contedes cun fin de semana do máis ledo.
31 de marzo de 2010
Juan del Monte
Chacarera de mence
Esa que canta o raposiño
O que rouba as galiñas
E quédase soíño.
Esa que canta o raposiño
O que rouba as galiñas
E quédase soíño.
Juan Carlos Camardella presenta unha nova obra en Animacam: Juan del Monte, a historia dun simpático raposo que debece por roubar galiñas. Este autor arxentino compite na sempre difícil categoría de curtametraxe con esta experiencia de aventuras coa técnica de animación 3D.
30 de marzo de 2010
Jelly Sunday
Gretchen saca unha xelatina da súa pota no seu dormitorio mentres os seus pais fan un picnic no xardín. A xelatina cobra vida de súpeto e a nena comeza un baile aloucado co seu novo amigo "Jelly".
Gobelins presenta unha nova obra en Animacam: Jelly Sunday, a historia dunha rapaza e a xalatina. Esta comedia francesa compite na categoría de animación multimedia coa técnica de animación 2D por ordenador.
A memoria dos cans
29 de marzo de 2010
Desanimée... Unha muller desacougada
Unha muller ao final da súa xuventude está sentada no seu sucio e noxento apartamento. Non importa o que aconteza, ela reflexiona.
Anne Leclerq preséntanos esta dramática obra sobre o desánimo e o desacougo que padece unha muller mirando o seu piso, no que nada ten, no que nada quere facer... simplemente mira como pasa o tempo...
Interesante aposta da animadora belga, competindo na sempre difícil categoría de curtametraxe con esta experiencia en stop-motion.
26 de marzo de 2010
Este venres estamos de estrea!
Tras disfrutar dunha semana completa con cinco películas nas cales contemplábamos diferentes rexistros: historias curiosas que abarcaban dende as lendas tradicionais ata as as técnicas máis anovadoras e modernas, procedentes de todas as partes do globo; hoxe venres, queremos obsequiarvos con outras cinco estreas: cinco obras de animación en 2D, 3D, plastilina; historias tristes e alegres para que contedes cun fin de semana do máis ledo.
Juan Manuel Costa presenta unha nova obra en Animacam: Elvira, a historia dun circo único e verdadeiramente circense. O seu compatriota Juan Carlos Camardella presenta en sociedad en 3D a Juan del Monte, un simpático raposo que debece por roubar galiñas. Os franceses de Gobelins presentan unha nova cortiniña para Annecy: Jelly Sunday, a historia dunha nena que se ve ataca por unha xelatina domingueira. A belga Anne Leclerq mostra a tristeza e agonía, acompañado das voltas de cabeza dunha muller no seu piso en Desanimée. Por último, Simone Massi dende Italia, ofrécenos unha tenra historia en 2d tradicional debuxado ao carboncillo en La memoria dei cani. Bo fin de semana e a disfrutar!

Un bo día de picnic
Ritual diario, o ciclo absurdo... Cada personaxe segue ao seu predecesor... Sempre... Infinitamente...
Monika Gallab preséntanos este interesante traballo en Retrospectiva no cal trata de transmitir a pesadez, o agotamento diario, a vileza e crudeza da rutina que nos machaca por dentro. Empregando backgrounds sinxelos e con moi boa representación da perspectiva, sitúa a diferentes personaxes, diferentes estereotipos que continúan a "labor" que outros lle deixan antes...

25 de marzo de 2010
A verdadeira historia de Carapuchiña
Baseada na obra orixinal de Charles Perrault, a pequena carapuchiña disponse a visitar a súa doce avoíña atopando un fatal desenlace que nada ten que ver cos Contos de Fadas.
Inma Carpe retorna a Animacam presentando unha das súas primeiras obras de animación, cando comezaba a dar os seus primeiros pasos en España: Le petit chaperon rouge (A pequena carapuchiña vermella). Unha historia en 2D tradicional con música clásica rítmica e envolvente que conta con múltiples xiros de torca que sorprenden a espectador, acostumado ao clásico conto de Carapuchiña

Kinhasa 2.0.: First and second Life
Unha campaña de Internet axuda na liberación dun candidato á Presidencia encarcelado para falar abertamente da carencia de democracia. Movéndose entre unha Kinshasa militarizada e o Second Life, (un programa de charla virtual de 3D), o poder subversivo de Internet para a democracia é explorado a través do retrato da inquietude dunha capital africana.
Teboho Edkins preséntanos unha historia dende O Congo que mistura a realidade coa "segunda vida" (Second Life), facendo de ambas unha realidade total (ficción + virtualidad + realidade). Unha fortísima e interesante aposta este crisol de técnicas que nos presenta o autor, experimentando cunha tecnoloxía anovadora coma é Second Life, para darlle un particularísimo cariz á historia.

24 de marzo de 2010
O vixía do faro
Un vixía do faro é espertado do seu profundo sono por un estrano becho nocturno verdadeiramente inusual.
A Escola de Imaxe francesa Gobelins, presenta unha nova curtametraxe en 2D, que ten coma protagonista a un vixía dun faro e unha estraña luz que o invade de súpeto no seu posto. Dirixida por David FRANCOIS, Rony HOTIN, Jérémie MOREAU, Baptiste ROGRON, Gaëlle THIERRY e Maïlys VALLADE, cunha exquisita caracterización das personaxes e unha recreación brillante dos espazos abertos; Gardien du phare amosa unha estética única e innovadora na creación dos backgrounds e adaptada perfectamente á atmosfera da historia.

23 de marzo de 2010
Unha alfareira cun segredo...
Unha alfareira descobre o segredo das potas máis lindas da vila.
Juan Manuel Costa, creador e animador arxentino especializado en stop-motion, preséntanos esta obra chea de folclore e particularidade arxentina. Inspirada nunha lenda popular do Amazonas e adicada a Ricardo Vilca, unha vendedora de potas non consegue chamar a atención da xente, que está abraiada cas potas de barro que vende unha competidora. A alfareira continua intentando mellorar as súas potas, pero continua sen vender ningunha... Finalmente, decide espiar a súa "inimiga" e descobre o segredo que encerrar as potas máis bonitas da vila.

22 de marzo de 2010
Comezamos a semana con estreas!
Abrimos este luns de marzo con cinco novas obras de animación de diferentes técnicas, diversos argumentos e novos creadores coma experimentados directores presentando as súas obras a través da rede nesta casa da animación como é Animacam!
Juan Manuel Costa preséntanos unha historia doce e chea de folclore, sobre unha alfareira que descobre o segredo das potas da vila. Unha historia en stop-motion chea de maxia e beleza visual propia dos arxentinos, xunto cunha nova experiencia en Second Life dende a República do Congo, presentada por Teboho Edkins: Kinhasa 2.0.
Inma Carpe, gañadora da Segunda Edición en Retrospectiva pola súa obra In the winter palace, repite este ano en Animacam con outra obra na mesma categoría: Le petit chaperon rouge, xunto con outra obra de Retrospectiva como Nice day for a picnic, da belga Monika Gallab. Para rematar, a escola Gobelins presenta outra tenra historia no 2D máis tradicional: Gardien du phare (The Lighthouse keeper).

Etiquetas:
animacam,
carapuchiña vermella,
curtametraxe,
festival internacional de animación online,
inma carpe,
juan manuel costa,
kinhasa,
la ollera,
multimedia,
retrospectiva,
teboho edkins
18 de marzo de 2010
Them and their circunstances...
Conta unha historia sobre o día a día dunha inocente familia. Cinco tramas, catro personaxes con diferentes puntos de vista. Historias aparentemente aleatorias, mais, aínda así, sumamente conectadas coa principal: un conxunto de incidentes nun mesmo día. A animación comeza polo final da historia e logo o espectador pode atopar a pista coma proba para unir as pezas do crebacabezas.
Esta é unha animación online experimental, que introduce unha nova forma de ver a animación. Combina vídeos e flash con ActionScript. Todas as películas póñense xuntas en flash e mediante o código de programación ActionScript, a xente pode ver máis de dúas tomas de ángulo ao mesmo tempo, seleccionar os capítulos e os segmentos de vídeo e crear as súas propias historias. Tamén hai animacións en flash dinámicas propias para que as animacións e os vídeos en flash interactúan entre si, cruzando os marcos. Este marco non só significa o obxecto literal no marco do traballo da artista coreana, senón tamén a fronteira entre o traballo de vídeo lineal e a interactividade de flash non lineal.

17 de marzo de 2010
A experiencia musical de Spektr
As eternas marabillas do espazo e o tempo. Os soños afastados e os misterios doutros mundos, outra vida. As estrelas. Os planetas. O home estivo cara a cara con eles durante séculos, aínda é apenas capaz de penetrar nos seus segredos descoñecidos. Algún día, un día a barreira será perforada. Por que debemos esperar? Por que non agora? ... unha experiencia musical con SPEKTR.
O director Thomas Pors e o animador Anders Nejsum, baixo o desarrollo e produción de Simulakrum, presentan esta experiencia en 2D na cal os integrantes do grupo musical Spektr se inmiscúen noutras dimensións, noutros escenarios extraídos e recreados da ciencia ficción máis afastada que busca coma resposta a eterna pregunta da relación do espazo e o tempo.

16 de marzo de 2010
Piscis de Juan Pablo Camardella
Un barco pesqueiro chega a unha illa buscando un tesouro; leva como prisioneira a quen pode abrilo.
Interesante historia en 3D presentada polo arxentino Juan Pablo Camardella que nos narra as aventuras dunha indíxena que resulta prisioneira dun banco de peixes que a empregan para acadar o seu máis prezado tesouro... a aventura está en camiño, e ninguén sabe como vai rematar...

15 de marzo de 2010
Dodudindon: primeira cortiniña de Gobelins
Na súa gaiola de ouro, entre os convidados de pluma, un paxariño e un pavo nunha granxa de cría, comeza a bailar, anunciando o comezo.
A Escola de Imaxe francesa Gobelins preséntanos unha das súas cortiniñas creadas para o Festival Internacional da Curtametraxe de Annecy. Dirixida por Lucrèce Andreae, Julien Chheng, Tracy Nowocien e Rémy Schaepman e cunha duración de 48 segundos, móstranos unha historia máxica encadrada no máis elegante e "posh" dos ambientes...

12 de marzo de 2010
Supa Pirate Booty Hunt: o amor morde
Supa Pirate Booty Hunt narra as aventuras e desventuras do pirata Zack e a tartaruga Daniel e a súa travesía polos sete mares... Neste episodio, o capitán Zack busca embelesar a unha dama, pero a súa pescuda continuará sendo eterna...
Steven Sieders é o creador desta serie de animación amosada en internet a través das redes sociais coma Facebook e das plataformas de broadcasting coma Youtube. En menos dun minuto de duración das súas pezas conseguirá arrincarvos un sorriso!

Novas estreas en Animacam
Este venres, pechamos a semana estreando cinco novas obras de animación de diversa temática, técnica, argumento e procedencia. Aproveitamos para agradecer a todos os participantes a súa colaboración e presencia en Animacam.
A curtametraxe experimental coreana Their circunstances, a escola Gobelins presenta unha das súas cortiniñas para Annecy 2009 en Multimedia: Dodudindon, xunto coa serie animada de Steven Sieders, Supa Pirate Booty Hunt, e dúas novas obras en Retrospectiva: Things that go bump in the night dos daneses de Simulakrum e a obra en animación 3D Piscis do arxentino Juan Carlos Camardella.
11 de marzo de 2010
The tile jale toilet: tentando ir ao baño...
Unha rapaciña ten que ir ao baño...
Magnífica recreación do portugués Joao Rodrigues, na categoría Retrospectiva. A boa utilización da mistura de técnicas empregadas (flash, 2D e stop-motion) dota a obra dun carácter orixinal, único e auténtico.
Unha rapaza que non aguanta máis, quere facer uso do urinario, pero atópase con multitude de obstáculos que lle impiden poder relaxarse e facer as súas necesidades tranquilamente...
10 de marzo de 2010
Homenaxe aos peregrinos de Animacam
Queremos realizar unha pequena homenaxe a todos peregrinos que participaron na II Edición do Festival Internacional de Animación Online, Animacam.tv, aportando as súas fotos e vídeos e tamén as súas experiencias.
9 de marzo de 2010
Eu inténtoo, e o intento, e o intento...
Todo o que facemos e creamos, non é máis que, un intento...
Ciro Guerra preséntanos esta fantástica metáfora acerca dos nosos obxectivos, as nosas ideas e os nosos desexos, que ten coma protagonista a un neno que quere xogar coa súa pelota pero nin tan sequera, por agasallos caídos do ceo, é capaz de cumprir o seu soño...
Estupenda recreación gráfica en 2D tradicional, Intento é unha animación colombiana do ano 2001, presentada en numerosos festivais e que participa na III edición de Animacam na categoría Retrospectiva
Vivir Aquí: Reportaxe sobre Animacam
Reportaxe no espazo dominical en prime-time Vivir Aquí da Televisión de Galicia, na que se realiza unha visita ás instalacións da produtora e o reporteiro conversa co seu director, Xosé Luis Carneiro, facendo referencia tamén ao Festival Internacional de Animación Online, Animacam.tv
8 de marzo de 2010
Pandore: a loita dunha nena contra os seus monstros
Nos tempos do mítico Monte Olimpo, unha rapariga libera a un perigoso monstro dunha caixa misteriosa. Asustará o monstro ao pequeno demo que o soltou?
Pandore é unha curtametraxe de animación francesa realizado por Marion Stinghe, Meryl Franck, Benoît Guillaumot, Nicolas Caffarel e Elen Lle Tannou; estudantes e animadores da Escola francesa Gobelins. A película, de 2009, remóntase ao período helénico, cando no monte Olimpo sucedían cousas inimaxinables, e máis, en canto abrías a caixa de Pandora...

5 de marzo de 2010
Dick Terrapin: a historia dun neno e a súa tartaruga
Un raparigo novo aprende sobre a vida a través da súa tartaruga (a súa mascota favorita). Dick Terrapin é unha película de animación debuxada a man, dirixida e escrita polo animador irlandés Damien O'Connor. Compite na categoría Retrospectiva este ano en Animacam. Damien presenta aquí unha historia encantadora sobre a doce relación entre un neno e a súa tartaruga por mascota.
IFTA (Película irlandesa e Premio De televisión) foi nominada á mellor curta. A película foi mostrada en festivais por todo o mundo e dúas veces difundida pola TV europea.
Flaming Arrow de Jupiter One: dirixida por Robertas Nevecka
Nunha cidade ficticia, a banda de Jupiter One están a tocar a súa canción na azotea dun edificio de doce pisos. O corazón do cantante está roto porque a súa noiva traizoouno con outro. Agora esixe vinganza. A moza infiel vive nun edificio próximo. El trae grandes barrís de queroseno ao tellado e planea disparar frechas empapadas de queroseno en chamas contrael edificio para prenderlle lume. O vocalista de The Flaming dispara a primeira frecha. O edificio está en chamas.
Robertas Nevecka é o director deste novo videoclip da banda de rock Jupiter One, representando ao single Flaming Arrow. O novísimo animador lituano mostra así, un dominio do modelado de personaxes e da construción e movemento 3D acorde á música. Esta obra é a primeira presentada na categoría Multimedia do Festival Animacam, na cal se poden presentar todo tipo de traballos: Anuncios publicitarios, móbiles, videoxogos, cabeceiras e pilotos de televisión, videoarte e videoclips.

Animacam presenta a súa Terceira Edición
Estimad@s amig@s, benvidos a Animacam 2010!
Nesta Terceira Edición, o Festival, a pesares dos nosos esforzos non conseguiu manterse alleo á crise económica mundial que a todos nos afecta e, debido a iso, vémonos obrigados a realizar unha reestruturación do mesmo, que esperamos sexa o máis puntual posible.
1º.- Na Sección Oficial, as Categorías a Concurso serán tres: Curtametraxe, Multimedia e Retrospectiva, premiadas con 2.000 Euros cada unha. Os premios serán outorgados polo Público mediante a emisión dos seus votos a través do portal web.
2º.- O Blog do Festival, nesta III Edición, será unha Plataforma de Noticias Interactiva en tres idiomas (galego, español e inglés), para que enviedes toda canta información consideredes oportuna.
3º.- Na Sección Paralela, O Camiño, os Peregrinos poderán seguir animando o Camiño de Santiago compartindo as súas experiencias enviando os seus vídeos.
Finalmente, agradecemos a vosa compresión polas circunstancias actuais e esperamos seguir contando, máis que nunca, coa vosa participación e confianza.
Moitas gracias.
Atentamente.
Equipo de Animacam.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)