Mostrando entradas con la etiqueta peregrinación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta peregrinación. Mostrar todas las entradas
10 de marzo de 2010
Homenaxe aos peregrinos de Animacam
Queremos realizar unha pequena homenaxe a todos peregrinos que participaron na II Edición do Festival Internacional de Animación Online, Animacam.tv, aportando as súas fotos e vídeos e tamén as súas experiencias.
30 de septiembre de 2009
Andanzas no Camiño con Serxio e Carlos
Puxémonos en contato con Serxio. Respostou ao teléfono coa súa característica simpatía e amabilidade e comentounos que ían facer noite na Casa Grande de Augas Santas, en Allariz. Lamentabelmente, non nos foi posíbel acodir á cita e finalmente, á seguinte etapa, que levaba aos camiñantes ata Coles, puidemos compartir unha charla do máis amigabel e marabillosa. Contáronnos as súas vivencias no Camiño, coma foron as súas noites nesta semana correspondente ao Bono Iacobus e tamén anédotas e experiencias persoais que ilustraron un marco formidable no cal estabamos enmarcados.
É fascinante coñecer a persoas con esa alegría, esa mirada e sorriso cara a vida, unha verdadeira virtude nos tempos que corren. Porque sen humor estamos perdidos, tanto Serxio como Carlos, emanan sorrisos e boa conversa a raudales.
En canto a súa experiencia no Camiño, Serxio destaca:
"O máis fermoso do Camiño é a vivencia e o contato co resto dos camiñantes. Coñeces xente extraordinaria coa compartes a túa experiencia. Parece que fas unha viaxe arredor do mundo cando en realidade estás soamente nun sitio." "Ao fin e ao cabo é coma o Camiño da vida: atoparaste xente boa e xente mala, lugares máis fermosos e outros que menos, pero sempre hai que seguires camiñando."
Etiquetas:
animacam,
animación,
bono iacobus,
camiño de santiago,
compostela,
festival,
internacional,
online,
peregrinación,
peregrinos,
serxio gonzález,
turgalicia
20 de agosto de 2009
Serxio González: o camiño sobre rodas
O terceiro gañador do Sorteo Bono Iacobus da Sección Paralela O Camiño do Festival Animacam.tv, Serxio González, non para de compartillar a súa experiencia no Camiño de Santiago, que realizou en 2003, repetindo en 2008.Nada máis e nada menos que 900 kilómetros en cadeira de rodas que comezou cun amigo dende Roncesvalles e rematou pola súa propia conta. Este pelegrín, que dende os 22 anos está en cadeira de rodas, embarcouse na experiencia da peregrinación como vía de escape e disfrute persoal e anima tanto a persoas que se atopan na súa situación, como aquelas que non, a que realicen a mesma experiencia, xa que lle resultou gratificante e satisfactoria. Diferentes medios de comunicación como La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou ABC, recolleron a súa aventura nas súas páxinas.
Esta mañá, mentres gozaba das súas vacacións en Valencia (confesounos que ía disfrutar do Gran Premio de Fórmula 1), realizou dúas entrevistas a dúas radios: a primeira, ás 10.15 da mañá para "Voces de Compostela", programa de Radio Voz, na cal compartiu as súas impresións con Xosé Luis Carneiro, director de Animacam.tv, quen aproveitou para felicitar e agradecer a súa participación ao premiado e informar acerca das actividades levadas a cabo polo Festival.
Ás 12.45, OID Radio (da Organización de Integración del Discapacitado) no programa conducido por Agustín Torres "De buena mañana" dende Talavera de la Reina, expresou o seu agradecemento tanto a Animacam coma a Turgalicia, patrocinador do festival, e explicou a súa paixón e gusto pola fotografía e video creación.
Este pelegrín, cun amplísimo sentido do humor e unha amabilidade exquisita, conta con repetir a travesía: aínda que recoñece que moitos dos tramos non son accesibles e non están adaptados para discapacitados, ten previsto realizar o Camiño de Santiago de novo, pero desta vez, pola Vía da Prata.
Etiquetas:
abc,
animacam,
animación,
bono iacobus,
faro de vigo,
festival,
internacional,
la voz de galicia,
online,
pelegríns,
peregrinación,
peregrinos,
serperegrino,
serxio gonzález,
sorteo
18 de agosto de 2009
Un pelegrín en cadeira de rodas realiza un vídeo sobre o Camiño de Santiago e gaña o Terceiro Sorteo Virtual de Animacam.tv
Serxio González Riveiro, de 42 anos, natural de Vilagarcía de Arousa e en cadeira de rodas desde os 22 anos, gaña o Terceiro Sorteo Bono Iacobus da Sección Paralela (O Camiño) do Festival Internacional de Animación Online, cun video sobre a súa peregrinación de 900 kilómetros, dende Roncesvalles ata Fisterra, realizada no 2008. O gañador, casado e con tres fillos, gozará dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, sitas no Camiño Portugués ou na Vía da Prata. O autor-pelegrín, que goza dun excelente sentido do humor, convertiu a peregrinación en reto persoal de superación e fíxoa cadrar co Ano Internacional do Discapacitado .
O Festival Animacam.tv, para animar o Camiño de Santiago, coa Sección Paralela “O Camiño”, pretende crear unha hemeroteca, fototeca e videoteca virtual dirixida a aqueles turistas e pelegríns que realizasen ou realizen o Camiño de Santiago.
Para incentivar a participación, o Festival, cos patrocinios de Turgalicia e Xacobeo, sortea dende xuño ata setembro, catro BONO IACOBUS dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, a escoller polo gañador entre o Camiño Portugués ou o da Vía da Prata.
O afortunado do terceiro sorteo que tivo lugar na sede do Festival esta mañá, 17 de agosto de 2009 ás 09.00 horas, foi o devandito Serxio González Riveiro, aportando unha montaxe audiovisual en video baixo o título “ETAPAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO FEITAS POR SERPEREGRINO EN CADEIRA DE RODAS”, coa cal amosa a súa visión persoal da peregrinación a Compostela.
Con esta acción da Sección Paralela, ademáis da Sección Oficial cos filmes a competición, Animacam transmite a súa vocación de vínculo intercultural e divulgador do respecto á diversidade de pensamentos e culturas, a través dunha experiencia que reúne a centos de milleiros de pelegríns, turistas e internautas de todo o mundo.
Etiquetas:
animacam,
animación,
bono iacobus,
camino de santiago,
camiño de santiago,
compostela,
festival,
internacional,
pelegríns,
peregrinación,
peregrinos,
sorteo,
way of saint james
13 de agosto de 2009
RUESTA: perdido rincón en el Pirineo oscense
RUESTA es un pequeño documental grabado con un teléfono móvil cuando pasamos por Ruesta. Ruesta está situado en el prepirineo oscense y fue abandonado en la década de los cincuenta cuando se construyó la presa de Yesa. Era el pueblo más importante de la comarca. Hoy en día un albergue da cobijo al viajero.Interesante y provechosísima aportación que uno de nuestros visitantes ha realizado a nuestro Foro del Peregrino. El peregrino destaca de este lugar recóndito y paradisíaco su buena cocina y buen descanso. Además, incluye para nuestro deleite y disfrute, entrevistas, comentarios, opiniones y anécdotas de la experiencia vivida a lo largo del Camino.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)