Mostrando entradas con la etiqueta camiño de santiago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta camiño de santiago. Mostrar todas las entradas
10 de marzo de 2010
Homenaxe aos peregrinos de Animacam
Queremos realizar unha pequena homenaxe a todos peregrinos que participaron na II Edición do Festival Internacional de Animación Online, Animacam.tv, aportando as súas fotos e vídeos e tamén as súas experiencias.
18 de noviembre de 2009
Como comezou Animacam?
A relación de Animacam.tv co período estival ten que ver coa adoración humana ao Sol desde tempos prehistóricos. O tránsito de caminantes a través de Europa, cara ao final da Terra, no actual Finisterrae galego, para “ver morrer ao Sol” foi un ritual absorbido pola cristianización de Europa e simbolizado no actual Camiño de Santiago, que coincide co percorrido do Sol desde que nace ata que se pon.A partir desa idea, o festival Animacam.tv pretende convocar a creadores de debuxos animados de calquera lugar do mundo, pois en todo el deuse culto ao sol mediante celebracións coincidentes cos solsticios, eses días nos que o astro rei alcanza o seu punto máis afastado (no verán) e máis próximo (no inverno) sobre o horizonte.
30 de septiembre de 2009
Andanzas no Camiño con Serxio e Carlos
Puxémonos en contato con Serxio. Respostou ao teléfono coa súa característica simpatía e amabilidade e comentounos que ían facer noite na Casa Grande de Augas Santas, en Allariz. Lamentabelmente, non nos foi posíbel acodir á cita e finalmente, á seguinte etapa, que levaba aos camiñantes ata Coles, puidemos compartir unha charla do máis amigabel e marabillosa. Contáronnos as súas vivencias no Camiño, coma foron as súas noites nesta semana correspondente ao Bono Iacobus e tamén anédotas e experiencias persoais que ilustraron un marco formidable no cal estabamos enmarcados.
É fascinante coñecer a persoas con esa alegría, esa mirada e sorriso cara a vida, unha verdadeira virtude nos tempos que corren. Porque sen humor estamos perdidos, tanto Serxio como Carlos, emanan sorrisos e boa conversa a raudales.
En canto a súa experiencia no Camiño, Serxio destaca:
"O máis fermoso do Camiño é a vivencia e o contato co resto dos camiñantes. Coñeces xente extraordinaria coa compartes a túa experiencia. Parece que fas unha viaxe arredor do mundo cando en realidade estás soamente nun sitio." "Ao fin e ao cabo é coma o Camiño da vida: atoparaste xente boa e xente mala, lugares máis fermosos e outros que menos, pero sempre hai que seguires camiñando."
Etiquetas:
animacam,
animación,
bono iacobus,
camiño de santiago,
compostela,
festival,
internacional,
online,
peregrinación,
peregrinos,
serxio gonzález,
turgalicia
18 de agosto de 2009
Un pelegrín en cadeira de rodas realiza un vídeo sobre o Camiño de Santiago e gaña o Terceiro Sorteo Virtual de Animacam.tv
Serxio González Riveiro, de 42 anos, natural de Vilagarcía de Arousa e en cadeira de rodas desde os 22 anos, gaña o Terceiro Sorteo Bono Iacobus da Sección Paralela (O Camiño) do Festival Internacional de Animación Online, cun video sobre a súa peregrinación de 900 kilómetros, dende Roncesvalles ata Fisterra, realizada no 2008. O gañador, casado e con tres fillos, gozará dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, sitas no Camiño Portugués ou na Vía da Prata. O autor-pelegrín, que goza dun excelente sentido do humor, convertiu a peregrinación en reto persoal de superación e fíxoa cadrar co Ano Internacional do Discapacitado .
O Festival Animacam.tv, para animar o Camiño de Santiago, coa Sección Paralela “O Camiño”, pretende crear unha hemeroteca, fototeca e videoteca virtual dirixida a aqueles turistas e pelegríns que realizasen ou realizen o Camiño de Santiago.
Para incentivar a participación, o Festival, cos patrocinios de Turgalicia e Xacobeo, sortea dende xuño ata setembro, catro BONO IACOBUS dunha semana para dúas persoas en casas de turismo rural de Galicia, a escoller polo gañador entre o Camiño Portugués ou o da Vía da Prata.
O afortunado do terceiro sorteo que tivo lugar na sede do Festival esta mañá, 17 de agosto de 2009 ás 09.00 horas, foi o devandito Serxio González Riveiro, aportando unha montaxe audiovisual en video baixo o título “ETAPAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO FEITAS POR SERPEREGRINO EN CADEIRA DE RODAS”, coa cal amosa a súa visión persoal da peregrinación a Compostela.
Con esta acción da Sección Paralela, ademáis da Sección Oficial cos filmes a competición, Animacam transmite a súa vocación de vínculo intercultural e divulgador do respecto á diversidade de pensamentos e culturas, a través dunha experiencia que reúne a centos de milleiros de pelegríns, turistas e internautas de todo o mundo.
Etiquetas:
animacam,
animación,
bono iacobus,
camino de santiago,
camiño de santiago,
compostela,
festival,
internacional,
pelegríns,
peregrinación,
peregrinos,
sorteo,
way of saint james
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)