A relación de Animacam.tv co período estival ten que ver coa adoración humana ao Sol desde tempos prehistóricos. O tránsito de caminantes a través de Europa, cara ao final da Terra, no actual Finisterrae galego, para “ver morrer ao Sol” foi un ritual absorbido pola cristianización de Europa e simbolizado no actual Camiño de Santiago, que coincide co percorrido do Sol desde que nace ata que se pon.
A partir desa idea, o festival Animacam.tv pretende convocar a creadores de debuxos animados de calquera lugar do mundo, pois en todo el deuse culto ao sol mediante celebracións coincidentes cos solsticios, eses días nos que o astro rei alcanza o seu punto máis afastado (no verán) e máis próximo (no inverno) sobre o horizonte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario