17 de marzo de 2010

A experiencia musical de Spektr

As eternas marabillas do espazo e o tempo. Os soños afastados e os misterios doutros mundos, outra vida. As estrelas. Os planetas. O home estivo cara a cara con eles durante séculos, aínda é apenas capaz de penetrar nos seus segredos descoñecidos. Algún día, un día a barreira será perforada. Por que debemos esperar? Por que non agora? ... unha experiencia musical con SPEKTR.

O director Thomas Pors e o animador Anders Nejsum, baixo o desarrollo e produción de Simulakrum, presentan esta experiencia en 2D na cal os integrantes do grupo musical Spektr se inmiscúen noutras dimensións, noutros escenarios extraídos e recreados da ciencia ficción máis afastada que busca coma resposta a eterna pregunta da relación do espazo e o tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario