Un vixía do faro é espertado do seu profundo sono por un estrano becho nocturno verdadeiramente inusual.
A Escola de Imaxe francesa Gobelins, presenta unha nova curtametraxe en 2D, que ten coma protagonista a un vixía dun faro e unha estraña luz que o invade de súpeto no seu posto. Dirixida por David FRANCOIS, Rony HOTIN, Jérémie MOREAU, Baptiste ROGRON, Gaëlle THIERRY e Maïlys VALLADE, cunha exquisita caracterización das personaxes e unha recreación brillante dos espazos abertos; Gardien du phare amosa unha estética única e innovadora na creación dos backgrounds e adaptada perfectamente á atmosfera da historia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario