Mostrando entradas con la etiqueta gobelins. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gobelins. Mostrar todas las entradas

7 de octubre de 2011

Animacam presenta os proxectos de animación dos alumnos da escola Gobelins en 2010

Animacam vístese de gala para ofrecer a todos os seus seguidores os proxectos de fin de estudo dos alumnos da prestixiosa escola de animación Gobelins.

E é que non tiñamos mellor maneira de pechar este monográfico sobre a prestixiosa escola francesa de Animación Gobelins, que ofrecervos como broche final as obras de animación que pechan os estudos para os alumnos da promoción 2010.

Enorme calidade gráfica e unha máis que destacable liña argumental son o selo do cinco obras que poderedes gozar na categoría curtametraxe, e que se resumen da seguinte maneira:

"Je t´aime" é un moi elaborado traballo de animación que nos achegará  nun universo de terror psicolóxico, ao máis puro estilo da escola xaponesa, seguro que non vos deixará indiferentes.

A cara máis divertida, picante e desenfadada chéganos coa obra "Jean Luc". Unha divertida curtametraxe de animación dotada de gran dinamismo, comicidade e cun toque un pouquiño picante, que baixo ningún concepto deberedes perdervos .

O lado cómico máis amable chéganos con "Le Royaume", unha divertida historieta que fará as delicias de pequenos e maiores, e que nos narra a historia dun rei que fará o imposible por ter o seu castelo.

Con "Smoke my Christmas", poderemos vivir as aventuras e desventuras da imaxinación dun vagabundo o día de nadal. Un traballo sobresaiente que nos guiará polos praceres que lle son negados a un peculiar indixente unha fría noite de inverno.

E para finalizar a categoría curtametraxe, ofrecémosvos unha bela alegoría sobre a guerra e as consecuencias que están xeran nas persoas, "Trois Petits Points" . Unha preciosa historia cun final un tanto indiferente.

Ademais desta gran oferta que desexamos que sexa de voso agrado, non queriamos pechar este ciclo dedicado á escola Gobelins sen ofrecervos na categoría multimedia tres breves achegas que identifican a idiosincrasia e saber facer que emana das súas aulas. Gozade da fin de semana na compaña de 
Animacam IV edición.


5 de octubre de 2011

A prestixiosa escola de Animación Gobelins presenta as súas obras en Animacam IV


Da man dos compañeiros de Premium Films, chégannos as obras dunha das academias de animación máis importantes a nivel internacional. A promoción de alumnos 2010 da prestixiosa academia francesa Gobelins presentan os seus traballos en Animacam; e para celebralo programamos máis de 20 estreas que se realizarán dende hoxe até o vindeiro venres. Non volo perdades.

Para comezar ofrecémosvos cinco traballos de coidadísima calidade que poderedes gozar na categoría curtametraxe.

Estes filmes foron realizados por alumnos do segundo curso, no ano escolar 2010. As obras realizáronse en exclusiva para o festival "d´Annecy 2010" e vós poderedes gozalas en primicia en Animacam IV edición.

"Chaman" móstranos unha aposta representativa do festival na imaxe dun pequeno Chaman.

"Junk Space" guíanos a través dunha metáfora deportiva cara a esencia da enerxía.

Con "M.Eustache" viaxardes a unha clásica escena teatral dotada dunha gran comicidade que non deixará indiferente a ningún sorriso.

Mentres que con "Red River Bay" descubriredes a poesía das formas e o cromatismo nunha sinerxía en grao sumo harmónico.

Para finalizar "Soapy Trip" convídanos a descubrir un universo de imaxinación sen límites que vos fará viaxar á cara máis positiva de cada esencia.

Pero isto non é todo, porque a promoción de alumnos de Gobelins 2010, tamén nos ofrece as cinco animacións Multimedia máis importantes dese ano; que baixo o nome de Iko, Omoho, Teeniz, Uti e Yummy, temos o inmenso pracer de presentarvos.

E como neste caso unha imaxe si vale máis que mil palabras, só podemos convidarvos a que as gocedes unha a unha en Animacam IV edición.

Participa en Animacam

15 de marzo de 2010

Dodudindon: primeira cortiniña de Gobelins

Na súa gaiola de ouro, entre os convidados de pluma, un paxariño e un pavo nunha granxa de cría, comeza a bailar, anunciando o comezo.

A Escola de Imaxe francesa Gobelins preséntanos unha das súas cortiniñas creadas para o Festival Internacional da Curtametraxe de Annecy. Dirixida por Lucrèce Andreae, Julien Chheng, Tracy Nowocien e Rémy Schaepman e cunha duración de 48 segundos, móstranos unha historia máxica encadrada no máis elegante e "posh" dos ambientes...

8 de marzo de 2010

Pandore: a loita dunha nena contra os seus monstros

Nos tempos do mítico Monte Olimpo, unha rapariga libera a un perigoso monstro dunha caixa misteriosa. Asustará o monstro ao pequeno demo que o soltou?
Pandore é unha curtametraxe de animación francesa realizado por Marion Stinghe, Meryl Franck, Benoît Guillaumot, Nicolas Caffarel e Elen Lle Tannou; estudantes e animadores da Escola francesa Gobelins. A película, de 2009, remóntase ao período helénico, cando no monte Olimpo sucedían cousas inimaxinables, e máis, en canto abrías a caixa de Pandora...