5 de octubre de 2011

A prestixiosa escola de Animación Gobelins presenta as súas obras en Animacam IV


Da man dos compañeiros de Premium Films, chégannos as obras dunha das academias de animación máis importantes a nivel internacional. A promoción de alumnos 2010 da prestixiosa academia francesa Gobelins presentan os seus traballos en Animacam; e para celebralo programamos máis de 20 estreas que se realizarán dende hoxe até o vindeiro venres. Non volo perdades.

Para comezar ofrecémosvos cinco traballos de coidadísima calidade que poderedes gozar na categoría curtametraxe.

Estes filmes foron realizados por alumnos do segundo curso, no ano escolar 2010. As obras realizáronse en exclusiva para o festival "d´Annecy 2010" e vós poderedes gozalas en primicia en Animacam IV edición.

"Chaman" móstranos unha aposta representativa do festival na imaxe dun pequeno Chaman.

"Junk Space" guíanos a través dunha metáfora deportiva cara a esencia da enerxía.

Con "M.Eustache" viaxardes a unha clásica escena teatral dotada dunha gran comicidade que non deixará indiferente a ningún sorriso.

Mentres que con "Red River Bay" descubriredes a poesía das formas e o cromatismo nunha sinerxía en grao sumo harmónico.

Para finalizar "Soapy Trip" convídanos a descubrir un universo de imaxinación sen límites que vos fará viaxar á cara máis positiva de cada esencia.

Pero isto non é todo, porque a promoción de alumnos de Gobelins 2010, tamén nos ofrece as cinco animacións Multimedia máis importantes dese ano; que baixo o nome de Iko, Omoho, Teeniz, Uti e Yummy, temos o inmenso pracer de presentarvos.

E como neste caso unha imaxe si vale máis que mil palabras, só podemos convidarvos a que as gocedes unha a unha en Animacam IV edición.

Participa en Animacam

No hay comentarios:

Publicar un comentario