7 de octubre de 2011

Animacam presenta os proxectos de animación dos alumnos da escola Gobelins en 2010

Animacam vístese de gala para ofrecer a todos os seus seguidores os proxectos de fin de estudo dos alumnos da prestixiosa escola de animación Gobelins.

E é que non tiñamos mellor maneira de pechar este monográfico sobre a prestixiosa escola francesa de Animación Gobelins, que ofrecervos como broche final as obras de animación que pechan os estudos para os alumnos da promoción 2010.

Enorme calidade gráfica e unha máis que destacable liña argumental son o selo do cinco obras que poderedes gozar na categoría curtametraxe, e que se resumen da seguinte maneira:

"Je t´aime" é un moi elaborado traballo de animación que nos achegará  nun universo de terror psicolóxico, ao máis puro estilo da escola xaponesa, seguro que non vos deixará indiferentes.

A cara máis divertida, picante e desenfadada chéganos coa obra "Jean Luc". Unha divertida curtametraxe de animación dotada de gran dinamismo, comicidade e cun toque un pouquiño picante, que baixo ningún concepto deberedes perdervos .

O lado cómico máis amable chéganos con "Le Royaume", unha divertida historieta que fará as delicias de pequenos e maiores, e que nos narra a historia dun rei que fará o imposible por ter o seu castelo.

Con "Smoke my Christmas", poderemos vivir as aventuras e desventuras da imaxinación dun vagabundo o día de nadal. Un traballo sobresaiente que nos guiará polos praceres que lle son negados a un peculiar indixente unha fría noite de inverno.

E para finalizar a categoría curtametraxe, ofrecémosvos unha bela alegoría sobre a guerra e as consecuencias que están xeran nas persoas, "Trois Petits Points" . Unha preciosa historia cun final un tanto indiferente.

Ademais desta gran oferta que desexamos que sexa de voso agrado, non queriamos pechar este ciclo dedicado á escola Gobelins sen ofrecervos na categoría multimedia tres breves achegas que identifican a idiosincrasia e saber facer que emana das súas aulas. Gozade da fin de semana na compaña de 
Animacam IV edición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario