Interesante selección de obras de animación para comezar outubro en Animacam 2011. Arxentina e EE UU darán paso a unha semana chea de novidades e estreas en Animacam.
Dende Arxentina da man de Carlos Montoya chégannos dous Spots televisivos en grao sumo representativo da calidade publicitaria deste país, que competirán na categoría Multimedia polo seu respectivo premio.
Con "te hago la pata" móstrasenos a través dun Stop motion pixelización, un spot representativo e iconográfico para un centro de capacitación.
Con "te doy una mano", e utilizando a mesma técnica que co anterior anuncio, Carlos Montoya ofrécenos unha continuidade da campaña de comunicación para o Centro de Capacitación Agropecuaria nº4 de Aluminé - Neuquen.
Para a categoría curtametraxe temos o inmenso pracer de presentarvos "El fantasma", unha obra Arxentina que tamén nos chega da man de Carlos Montoya e na que os mozos de El Entretecho, nárrannos a través dun moi elaborado traballo en plastilina, unha libre adaptación do conto de George Loring Frost, "El creyente". Non podedes perdérvola.
Mentres que para a categoría retrospectiva presentámosvos"Aqualibrae", unha obra de Chanya Hetayothin que, caracterizada por unha coidada ambientación e gran calidade narrativa, mostra o ciclo de vida a través da relación entre os seres vivos e a fonte orixinal da vida, o océano.
Desexando que a oferta sexa do voso gusto e como adianto a modo de invitación, comunicámosvos que este mércores o mellor das escolas de Animación francesas volverán brillar en Animacam. Desta forma, as obras de animación máis destacadas da escola Gobelins en 2010 lucirán na carteleira de Animacam cun pase que se iniciará este mércores e que concluirá o vindeiro venres.
Non o perdas!!!
Participa en Animacam
No hay comentarios:
Publicar un comentario