17 de octubre de 2011

Cinco grandes éxitos da animación internacional inauguran unha nova semana no festival Animacam

 O mellor da Animación Arxentina e unha máis que reputada achega musical por parte dos directores nomeados aos Premios "Gramy", Yuval e Merav Nathan, abren unha nova semana de animación no Festival Internacionald de Animación, Animacam

Para comezar unha nova semana, hoxe luns, temos o inmenso pracer de presentarvos cinco obras do máis destacado da animación internacional, que brillan con luz propia na carteleira de Animacam.

Para iniciar as presentacións, dende Arxentina chégannos tres obras dun dos seus directores de animación con máis prestixio e reputación internacional deste país, Juan Pablo Zaramella, que cos seus máis de 50 galardóns, agasalla a toda a gran familia de Animacam con tres xoias animadas que son de obrigado visionado para todos os amantes do xénero.

"En la ópera" é unha animación en plastilina de gran cromatismo, ambientación e beleza plástica que nos mergulla nunha velada operística chea de sentimento, baixo a ambientación musical da obra operística "Cavalleria Rusticana". Un grandísimo traballo de animación que cultivou unha moi boa acollida en diversos festivais de gran calado internacional.

Juan Pablo, tamén nos presenta na categoría curtametraxe unha divertida e moi elaborada proposta de comicidade animada baixo o nome "Hotcorn" . Unha divertida e excepcionalmente recreada idea visual que nos mostra a calidade das obras deste reputado director.

Como colofón final á presenza de Juan Pablo Zaramella na IV edición do festival, nada mellor que presentar o súa premiada "Lapsus". Unha animación tradicional que tras recoller múltiples premios nos cinco continentes loce con suma exquisitez na categoría retrospectiva do festival. Non te perdas a gran beleza visual, formal e de significado deste clásico da animación arxentina.

Coñece o traballo de Juan Pablo Zaramella

Para entrar na categoría multimedia ao grande, da man do gran animador Guy Ben Shetrit, presentámosvos un elaboradísimo clip que, baixo a dirección dos nomeados aos Gramy Yuval e Merav Nathan agasállannos con "lose this child", un videoclip animado que presenta un dos traballos do grupo musical que está a triunfar no panorama Rock canadense e norteamericano, Eatliz, e que se inclúe dentro do seu álbum "Teasing Nature".

 Coñece o traballo de Yuval e Merav Nathan

E como o prometido é débeda, hoxe toca a estrea do segundo capítulo da serie animada "Casino Flotante". Unha serie que nos chega dende Arxentina da man de Leo Ka, que nos presenta a divertida parodia do máis famosos axente secreto arxentino e que poderedes gozar en exclusiva na categoría curtametraxe do festival Animacam.

Aquí vos deixamos esta grandísima carteleira para que a gocedes en toda a súa esencia, non sen antes instarvos o vindeiro mércores a unha nova cita con máis obras de primerísimo nivel dentro da Animación Internacional.

Agardámosvos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario