Mostrando entradas con la etiqueta Leo Ka. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Leo Ka. Mostrar todas las entradas

26 de octubre de 2011

Unha nova estrea de cinco grandes films da mellor animación internacional

 Novas estreas na carteleira de Animacam que farán as delicias de todos os públicos no Festival máis animado.

Hoxe temos o inmenso pracer de presentar cinco novas estreas nun mércores moi especial. Grandes reencontros e novas benvidas, servirán para pór o toque animado internacional do Festival Animacam.

E se de grandes reencontros falamos, é para nós un gran pracer dar a benvida ao noso queridísimo amigo Iván Maximov que ano tras ano nos ilustra coas súas grandes animacións de recoñecido prestixio internacional. Señoras e señores, nenos e nenas, dende Rusia e por cortesía do gran Iván Maximov, pasen e vexan "Tides to and fro"

Para dar un toque máis adulto pero moi, moi divertido presentámosvos a obra "No Da", que nos chega dende Chile por cortesía do director Pablo Alibaud e que nos narra dos perigos do amor en idades avanzadas. As risas están aseguradas amigos!

Pola súa banda, hoxe e despois da gran acollida que a serie de Leo Ka tivo no festival, temos o inmenso pracer de presentarvos unha edición especial de "Casino flotante", para que podades volver gozar das aventuras do axente secreto Juan Bardo sen cortes nin interrupcións.

Xa na categoría retrospectiva, dende Italia chéganos a obra de Julia Gromskaya " l´anima maví", un filme cheo de cromatismo que nos fala da encrucillada dos soños e o encontro coa alma pura e cristalina. Unha preciosa animación que vos encherá de sentimentos.

E para o público adulto, tamén na categoría retrospectiva, na carteleira de Animacam loce a divertida obra francesa "Happy Hour", dirixida por Maxime Paccalet e que nos conta unha divertida aventura nun café. Non a perdas

Así rematan as presentacións de hoxe en Animacam. Non sen antes ofrecervos un avance das estreas do próximo venres, que terán como protagonistas ao mellor da Filmoteca Vasca, ademais dunha homenaxe a unha directora moi especial.

Saúdos animados amigos !!!

21 de octubre de 2011

Animacam ofrécevos grandes clásicos animados internacionais para un fin de semana moi especial

Remata unha nova semana e Animacam ofrécevos unha proposta moi animada para estes días. Dende Taiwan, Rusia, Noruega e Arxentina chégannos uns moi interesante clásicos da animación internacional que farán que gocedes dunha moi grata compañía. 


Para iniciar as presentacións, e como de clásicos falamos, a categoría retrospectiva vístese de gala para recibir grandes obras da Animación Internacional.

Desde Taiwan chéganos a obra "Roue", unha proposta da prestixiosa animadora Taili Wu que nos mostra un autoretrato composto por fragmentos dos seus soños, recordos infantís e emocións. Unha obra de gran beleza plástica e técnica moi depurada que fará que disfrutedes dun intre inesquecible.

A mitoloxía escandinava móstrasenos en toda a súa esencia grazas á cortesía de Tuva Synnevag; quen coa súa obra "Sáiva", cóntanos unha preciosa historia sobre a cultura Sami personificada na procura dunha muller en prol do seu amado morto. Unha belísima animación que non vos debedes perder.

Cun toque tenro e moi gráfico, desde Rusia Olga Kudryavtseva con "Prol Ptitsu" cóntanos a tenra historia do soño dun paxarillo que talvez non se cumpra como el esperara. Unha marabillosa curtametraxe de animación que fará as delicias de maiores e pequenos.

Para entrar na categoría curtametraxe, e se de clásicos e paxarillos falamos, que mellor que nosa gran amiga Ileana Andrea Gómez Gavinoser que nos volve a agasallar cunha tenra, poética e reflexiva historia dun paxaro en forma de oda á liberdade. Grazas de novo Ileana por mostrarnos tan substanciais historias tingíndoas de tanta máxica poesía.

E para finalizar ... SI!, xa está aquí o que moitos estabades a esperar ... o gran desenlace da aventura de Juan Bardo. Grazas á man de Leo Ka, as peripecias do máis famosos axente secreto arxentino dentro do "Casino Flotante" chegan ao seu fin. Conseguirá Juan o seu obxectivo?, non te perdas o fenomenal desenlace desta aventura mentres agardamos con ansía que cheguen moitas máis. Moitas grazas pola achega amigo Leo; o dito, agardamos con ilusión saber pronto de máis aventuras de Juan Bardo.

Desexando que gocedes dun fin de semana ao grande; dende equipo Animacam facémosvos chegar os nosos mellores desexos, non se antes lembrarvos que o vindeiro luns vos espera unha nova cita co mellor da animación mundial na carteleira máis animada.

Feliz fin de semana a todos!!!!

  

19 de octubre de 2011

Continua a gran semana da animación internacional coa estrea de 5 obras de primeiro nivel na carteleira máis animada


Isto está que arde amigos. É un gran pracer para nós presentar as cinco obras que hoxe se estrean na carteleira de Animacam e que competirán polos premios das súas respectivas categorías.

Catro grandes curtametraxes animación e un máis que feliz reencontro na categoría multimedia, serán os protagonistas deste mércores animado en Animacam 2011.

Para comezar coas presentacións de hoxe temos o inmenso pracer de presentarvos unha obra que causou e está a causar sensación en diversos festivais internacionais así como nas redes sociais especializadas. Dende Dinamarca a cortesía de Henrik Malmgren agasállanos con "The Guest", un dinámico drama social cheo de acción que espertará o noso lado máis tenro e reflexivo, e que nos chega co irrefutable aval do éxito cultivado no festival "Siggraph" de Los Ángeles , o que é considerado por moitos como o evento máis importante da animación 3D no mundo.

Acompáñalle na categoría curtametraxe un gran traballo do director español Gerardo de la Fuente, quen nos presenta a súa obra "El amor era eso". A impecable argumentación que caracteriza a esta obra interactiva sérvese do 3D e imaxe real para mostrarnos unha moi interesante proposta que bo seguro agradará aos públicos máis esixentes.

O lado máis humano chéganos da man de Carmen Díaz, que coa súa obra "FQ" penétranos no máis cru da enfermidade que dá nome ao curto, a Fibrosis Quística. Un vídeo homenaxe que non poderedes deixar de compartir. Moitas grazas pola túa achega Carmen.

Cambiando de terzo; onde sobran presentacións é na obra do director Arxentino Leo Ka "Casino Flotante", que hoxe presenta o seu terceiro capítulo nunha serie que está que arde (nunca mellor dito). Non o perdas

E para finalizar, o equipo Animacam énchese de felicidade de presentar un ano máis a nosa ben querida Inma Carpe. A dobre gañadora da categoría retrospectiva do festival Animacam en 2009 e 2010, agasállanos cunha interesante proposta en forma Spot para a categoría multimedia, "Daddy's girl", que non debedes deixar de ver. Benvida a casa Inma !!!.

Desexando que gocedes da oferta que vos propomos, só queda convidarvos a que compartades connosco o vindeiro venres as novas estreas que vos temos preparadas en Animacam.

Saúdos Animados amigos!!!
  


17 de octubre de 2011

Cinco grandes éxitos da animación internacional inauguran unha nova semana no festival Animacam

 O mellor da Animación Arxentina e unha máis que reputada achega musical por parte dos directores nomeados aos Premios "Gramy", Yuval e Merav Nathan, abren unha nova semana de animación no Festival Internacionald de Animación, Animacam

Para comezar unha nova semana, hoxe luns, temos o inmenso pracer de presentarvos cinco obras do máis destacado da animación internacional, que brillan con luz propia na carteleira de Animacam.

Para iniciar as presentacións, dende Arxentina chégannos tres obras dun dos seus directores de animación con máis prestixio e reputación internacional deste país, Juan Pablo Zaramella, que cos seus máis de 50 galardóns, agasalla a toda a gran familia de Animacam con tres xoias animadas que son de obrigado visionado para todos os amantes do xénero.

"En la ópera" é unha animación en plastilina de gran cromatismo, ambientación e beleza plástica que nos mergulla nunha velada operística chea de sentimento, baixo a ambientación musical da obra operística "Cavalleria Rusticana". Un grandísimo traballo de animación que cultivou unha moi boa acollida en diversos festivais de gran calado internacional.

Juan Pablo, tamén nos presenta na categoría curtametraxe unha divertida e moi elaborada proposta de comicidade animada baixo o nome "Hotcorn" . Unha divertida e excepcionalmente recreada idea visual que nos mostra a calidade das obras deste reputado director.

Como colofón final á presenza de Juan Pablo Zaramella na IV edición do festival, nada mellor que presentar o súa premiada "Lapsus". Unha animación tradicional que tras recoller múltiples premios nos cinco continentes loce con suma exquisitez na categoría retrospectiva do festival. Non te perdas a gran beleza visual, formal e de significado deste clásico da animación arxentina.

Coñece o traballo de Juan Pablo Zaramella

Para entrar na categoría multimedia ao grande, da man do gran animador Guy Ben Shetrit, presentámosvos un elaboradísimo clip que, baixo a dirección dos nomeados aos Gramy Yuval e Merav Nathan agasállannos con "lose this child", un videoclip animado que presenta un dos traballos do grupo musical que está a triunfar no panorama Rock canadense e norteamericano, Eatliz, e que se inclúe dentro do seu álbum "Teasing Nature".

 Coñece o traballo de Yuval e Merav Nathan

E como o prometido é débeda, hoxe toca a estrea do segundo capítulo da serie animada "Casino Flotante". Unha serie que nos chega dende Arxentina da man de Leo Ka, que nos presenta a divertida parodia do máis famosos axente secreto arxentino e que poderedes gozar en exclusiva na categoría curtametraxe do festival Animacam.

Aquí vos deixamos esta grandísima carteleira para que a gocedes en toda a súa esencia, non sen antes instarvos o vindeiro mércores a unha nova cita con máis obras de primerísimo nivel dentro da Animación Internacional.

Agardámosvos!!!