De novo, actualizamos a nosa carteleira en Animacam con cinco novas películas de debuxos animados chegadas dende diferentes puntos do planeta. Destacan as novas aportacións de obras desenvolvidas en 3D, stop-motion, animación tradicional e combinación de técnicas entre imaxe real e animación que xeneran novos experimentos no sector dignos de ser admirados. Nesta ocasión, chégannos obras dende Holanda, España, Francia e Estados Unidos.
Iván Díaz, destacado animador de Gata Estudio, tras participar na pasada edición de Animacam coa súa obra Cuervo, regresa presentando o seu novo filme: Nocta. Un traballo que amosa as consecuencias dunha noite de festa, alcol e substancias psicotrópicas. Sil van der Woerd, dende Holanda, participa coa obra White Swan, un experimento audiovisual que combina imaxe real con animación 3D onde unha rapaza exhausta e temerosa é capturada nun escuro e mecánico mundo. Eun-Ha Paek, unha experimentada animadora estadounidense, de orixe coreana, mostra unha curiosa e elaborada animación tradicional baixo o título Hunger like the wolf: unha obra sobre o amor, a transformación, e da angustia.
Gerardo de la Fuente participa cunha nova obra nesta edición de Animacam. Tras presentar ¿Qué nos ha pasado?, o autor nos amosa unha animación en 3D titulada Oxígeno, unha historia que narra un día na vida do home que o tiña todo. Por último, o estudio francés Lardux Films, baixo a producción de Christian Pfhol, amosan unha anovadora produción audiovisual: Cowboys don´t cry, unha reflexión que conclúe coa seguinte afirmación: "Os vaqueiros non teñen medo a morrer. A súa morte, sempre espectacular, é o gran final dun destino tráxico".
No hay comentarios:
Publicar un comentario