Desde a escuridade duns cantís perdidos, un pintor maníaco marcado polo seu pasado tráxico ,e o seu fíel axudante investigan incansables na busca dun remedio contra as incesantes treboadas. O mar e os anos van devorando pouco a pouco a casa na que habitan, onde ruxe unha caldeira encantada,e rebulen fantasmas atormentados, que os guiarán na súa loita a procura da luz .
Jorge Morais naceu en Vigo en 1981 e formouse en Belas Artes. Tras uns anos incrementando o seu potencial académico, decantouse polo mundo de animación, e tras anos de traballo realizou a súa primeira curtametraxe de animación 3D. Recentemente, nunha entrevista, o autor comentou o xurdimento da idea:
"O conto de O Pintor de Ceos naceu de algo tan simple como a visión que teño de min traballando en casa. Explícome... eu vivo a uns 50 metros do mar nunha casa cunha tremenda cristaleira, o que me permite gozar dunha magnífica panorámica da ría de Vigo. Se a iso súmaslle o tempo que paso traballando en casa e o difícil que en ocasións se pon as cousas ao sacar proxectos para diante, xa case tes a historia contada. O único que me quedaba era conseguir a atmosfera adecuada e atractiva para a curta e niso Galicia púxomo fácil."
No hay comentarios:
Publicar un comentario