Continuamos estreando a ritmo frenético, cinco animacións diarias, mentres continúan chegando novas películas á Sección Oficial do Festival a falta de cinco días para finalizar o prazo de presentación de obras a competición en Animacam. Nesta ocasión, mestúranse historias doces e nostálxicas baseadas na vida cotiá, xunto con acontecementos reais históricos e por outra banda o humor bélico contra o medo ao paso do tempo e a morte. Variedade temática procedente de diferentes puntos do planeta como Irán, España, Croacia e Italia.
Maryam Khalilzade móstranos unha doce e emotiva historia titulada Photo. A autora iraniana centra o protagonismo nun acordeonista que toca todos os días para amenizar as rúas e endulzar a vida dos viandantes mentres se imaxinan o seu propio libro de vida. Antonio Caeiro dirixe un novo clip de A volta dos nove. Trata neste caso dunha animación realizada por Pablo Millán e Ana Lombao que nos ilustran o comentario da testemuña da execución do nove de Baredo no lugar que dá nome ao documental. Escargot é unha obra do autor Manuel Sumberac, producida pola Academy of Fine Arts de Zagreb, que narra a historia de dous exércitos de carafio que loitan co mesmo fin, contra o último brote do talo.
Francisco J. Sánchez Calvo presenta a súa obra en plastilina Tempo Sombra. Esta curta empezou realmente fai a friorenta de 10 anos, cuxo decorado e boa parte do boneco son de entón. Unha historia sobre os monstros que crea a escuridade cando o tempo esgótase. Finalmente, Federico Anastasi repite participación en Animacam presentando a súa videoclip "Papier Carbone" - Arman Méliès, producida por Undicidecimi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario