Este primeiro fin de semana de setembro ofrecemos aos usuarios, internautas e seguidores de Animacam, cinco novas películas de animación de diferentes estilos e temáticas, todas elas procedentes de España. Un país que, a medida que pasan os anos, continúa achegando e contribuíndo ao sector de animación con grandes obras de animación recoñecidas en múltiples festivais de todo o mundo. Animación tradicional sobre acetato, 3D, stop motion sobre tableta Codeco e 2D por computador son as técnicas representadas nesta carteleira de fin de semana.
A recoñecida animadora alacantina María Lorenzo -una das figuras destacadas no noso espazo, Mulleres Animando- participa de novo nesta Terceira Edición de Animacam coa súa última animación: La flor carnívora, unha animación tradicional sobre acetato que narra a soidade dunha muller á que as súas plantas carnívoras morren, aínda que non todas. O vigués Jorge Morais preséntanos a súa primeira curtametraxe de animación en 3D, O pintor de ceos, unha recoñecida obra premiada nos Mestre Mateo e o Festival de Cans, importantes certames do panorama audiovisual galego. unha historia chea de fantasía protagonizada por un pintor maníaco. Desde Galicia tamén nos chega unha interesante e nova animación realizada durante o circuíto audiovisual de Santiago de Compostela, Curtocircuito. ANIM 01, dirixida por Juan Lesta e Belén Montero, é un vídeo realizado na paleta gráfica codeco con magnetopíxeles físicos.
Jorge Vallejo continua presentando obras en Animacam. Tras a súa participación na Segunda Edición con Como está o mundo, Fermín! e na edición actual co extravagante Sepia Man, preséntanos unha obra que busca a concienciación social de face ao Gran desequilibrio existente entre o Terceiro Mundo e o mundo Occidental. Por último, Gerardo de la Fuente do Estudo Arte e Estratexia, participa en Animacam con ¿Qué nos ha pasado?, unha metáfora sobre as relacións de parella, que se van deteriorando co paso do tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario