Como guinda para o pastel, terminamos esta semana estreando cinco obras de animación máis no Festival Animacam, dado que, a falta de 12 días para finalizar o prazo de recepción de obras a concurso, son máis de 250 traballos chegados de todas partes do mundo. Nesta ocasión, estreamos interesantes films en stop-motion, 3D e 2D desde España, Bulgaria, Arxentina e Cuba.
La Competitiva é un excelente e elaboradísimo traballo en stop-motion dirixido por Hernán "Mono" Cieza e Adriana "Peca" Delfino, ambientado nunha fábrica de caganers, clásica figura do Belén do Nadal. As figuras suspiran pola camareira, e entre se, disputarán unha competición para lograr o amor da dama. Jaykel Pérez, desde Cuba, preséntanos unha curtametraxe 3D baseado nunha traxicomedia sobre un carteiro e o paquete que leva desde a Antártida a Centroamérica. De novo, o grupo Divulgar da Universidade de Vigo presenta outro vídeo interactivo: Utilización de aboias de deriva para o seguimento de verteduras mariñas, un documental con fins didácticos e instructivos pensado para o ensino universitario.
Penko Gelev preséntanos desde Bulgaria unha interesante animación 3D protagonizada o molusco Egi e varias criaturas que circulan ao redor da estrada. Unha nova achega en sátira social producida polo Gekkon Animation Studio titulada Doroga. Finalmente, o arxentino David Vecchio preséntanos Fábula en DM: A avoíña, o tres cerditos, o lobo, un falcón verde? Unha fábula para nenos? "Fábula en Dm" é un regreso ás orixes destas historias tan particulares que se relataban durante o medioevo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario