Da Universidade de Vigo, da licenciatura de Publicidade e Relacións Públicas son tres rapazas que presentaron os seus traballos finais de carreira en stop-motion. Formaron a produtora ficticia Sagradísimas Virtudes. Elas son Carmela Serantes, Ana González e Aida Pérez que presentan tres spots publicitarios con diferentes causas e produtos e servizos a anunciar.
Tranquilidade de Ana González e narrada e locutada por Manuel Torrente, presentador de telexornais da TVG, é un percorrido por diferentes situacións que ocorren sempre do mesmo xeito e onde non hai lugar a alteracións, equiparando a marca de Mercedes con esta ausencia de imprevistos que transmite seguridade.
A infancia é coma unha viaxe de ilusións nun barco que moitas veces fan naufragar as mans da explotación. A ONG Save the children fai un chamamento á acción para salvar estas ilusións. Ilusións é un traballo de Aida Pérez que denuncia a situación de explotación infantil vivida en máis de 20.000 nenos en España.
Coa nova consola, Nintendo Wii, as sensacións á hora de xogar son múltiples e variadas, chegando ata o punto no cal xa non existen os límites. Carmela Serantes móstranos Música maestro!, un spot publicitario para anunciar o xogo Wii Music, o cal nos permite sacar a música que todos levamos dentro, por iso amosa a un home que lle saen instrumentos do seu corpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario