O certame de relatos curtos deu un xiro de 180º cando Xoán Arco da Vella comezou a achegar as súas aportacións: textos sentidos, palabras entrecruzadas con emocións que desexa compartillar con todos nós a través deste Foro literario de Animacam, que pretende achegar as historias, lendas e contos das diferentes culturas do mundo.
Este é un dos seus relatos:
AVELAIÑA NOVA
No xardín hai tres farois.
Alumean durante a noite hasta que o amañecer chega.
Na escuridade brillan con intensidade e, mentres os vagalumes debuxan puntiños sobre a herba, un grupo de avelaíñas fan as súas danzas o seu redor. Sómente bailan así durante a noite nos días que vai calor.
Unha delas, moi noviña, andaba despistada, tanto que case se torra ao tropezar co vidro quente.
Pasou que mentres duraba o luscoefusco, veu, sobre unas flores, unha bolboreta moi diferente a ela. ¡Tiña e o seu finísimo po tinguido de cores! , iso facíala moi elegante.
As súas compañeiras, e mais ela, eran ben escuras.
Ignoraba que as trazas non poden elixir, nin elas ni ninguén. Eche o que hai.
Para ser bolboreta de cores hai que nacer xa tinguida.
Na escola no se aprenden esas cousas.
Mi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario