22 de septiembre de 2010

Último día para enviar obras a Animacam

Estimados amigos e seguidores de Animacam!

Debemos anunciar que hoxe, 22 de setembro, é o último día para enviar películas de animación para participar nesta Terceira Edición do Festival Internacional de Animación Online, Animacam.tv. Foi un verdadeiro pracer contar coa colaboración, seguimento e amizade de tantos artistas, ilustradores, animadores, produtores e directores que comparten connosco o soño de camiñar xuntos para animar o mundo.


Durante o día de hoxe iremos estreando todas as obras que chegaron durante estes últimos días para que os internautas e visitantes poidan visionarlas e prepararse para o inicio da fase de votación que terá lugar mañá a partir das 20.00 horas (hora española, GMT).

Os animadores e creadores de debuxos animados que non enviasen os seus traballos a Animacam, aínda están a tempo de facelo! será unha auténtica honra contar coa súa participación nesta edición de 2010 correspondente ao ano Xacobeo Galicia.
Moitísimas grazas a todos polo voso ánimo, apoio e confianza

Un forte e caloroso abrazo do Equipo Animacam

http://www.animacam.tv

info@animacam.tv

No hay comentarios:

Publicar un comentario