
Sanni Lahtinen. un animador finlandés estudante de artes plásticas e animación, preséntanos a súa obra Murto (Housebreaker), unha elaborada cinta realizada en plastilina que narra a historia dun ladrón, que despois dun roubo de diamantes, encérrase nun agocho cunha ave como mascota. Desde Bélxica, Jean Debauche presenta Eenzam Huisje, a historia dunha casa abandonada custodiada pola pantasma dunha anciá, que conta cunha trama moi ben desenvolvida orquestrada e ambientada por un bo fío musical. Alberto Rodríguez narra unha simpática historia en 3D: The wrong glasses. Lisa e Wilson son unha parella de anciáns que viven nun pequeno apartamento acompañados das súas mascotas: Fredy; un peixe dunha estraña especie e Fabio, un gato tamén entrado en anos. Todo é harmonía ata que un descoido fai que se sucedan unha serie de accidentes con pouca fortuna para as mascotas.
Unha curtametraxe que critica un problema da sociedade humana moderna. É unha peza baseada nun carácter non-narrativo , que a través da utilización de imaxes fortes e animación repetitiva difunde a mensaxe. Esta idea é contorna á cal vira a curtametraxe do grego Georgios Cherouvim, titulado Theros. Unha reconstrución 3D que busca a través da imaxe contemplemos a problemática social actual. "Na túa propia casa, na túa propia habitación... cando menos espérascho. A peor dos teus pesadelos pode aparecer esta noite..." Vixía ao teu ao redor, pois, pode haber un visitante nocturno que che faga pasar unha noite de espanto. Esta animación de Xavi Morcillo pecha esta carteleira de estreas de hoxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario