18 de enero de 2013

4 obras de Animación de Estonia finalistas na categoría Online de Animacam 2012



Estonia presenta a súa candidatura a mellor director no V Festival Internacional de Animación Animacam 2012, con catro obras de primerísimo nivel e contrastada traxectoria internacional 

A mellor animación de Estonia salta á palestra da man de Animacam 2012 con catro obras de Animación que, como non pode ser doutra maneira, utilizan a técnica máis desenvolvida e empregada neste país: o Stop Motion de Marionetas.

O tres primeiros finalistas chégannos da man da produtora NUKUFILM OÜ e son as seguintes:


Happy Birthday, obra dirixida polo consagrado Rio Unt e animada polo coñecido animador estoniano Andres Tenusaar, enfoca en 12 minutos unha peculiar visión sobre o sempre controvertido dilema moral de ciencia ou relixión. 

Neste filme móstrase a peculiar visión sobre un fantástico duelo entre o Xesús bíblico e un robot feito polo home. Logrará romper o robot as dogmas formados e converter a relixión ao seu favor, ou o status quo reinante manterase firme?. 




Con Triangle Affair, Andres Tenusaar ponse á fronte da dirección combinándoa coa animación, na que se acompaña da calidade artística de Marili Toome, para ofrecernos unha espectacular coreografía de 10 minutos de duración á que, ademais de gran plasticidade, complementa cun profundo sentido metafísico da realidade.

 Porque non hai triángulo sen esquinas, non hai ningunha dirección sen un triángulo e non hai movemento sen unha dirección ...




Como culmen á participación de NUKUFILM na sección Online de Finalistas, Animacam 2012 ten o inmenso pracer de presentarvos a premiada obra do novo animador Estoniano Ulo Pikov: Body Memory. 

Body Memory é unha premiada curtametraxe dotada dunha enorme calidade técnica que, baixo un transfondo claustrofóbico, móstranos a estreita relación da memoria do corpo en consonancia coa herdanza ancestral dos nosos antepasados e o sinal que esta xera nos descendentes. 




Para completar esta nutrida oferta, Animacam 2012 prcese en presentar a ópera prima de Anu Laura Tuttelberg, Fly Mill.

Fly Mill recibiu máis dunha decena de premio internacionais dende Xeorxia até Brasil, pasando por Alemaña, Portugal e México entre outros. 

Neste filme, Anu Laura Tuttelberg a través dun cuidadísimo traballo con marionetas, cóntanos  a historia dun home que vive nun antigo muíño de auga e todos os días fai un pan especial para os patos que o coida. Despois de moitos días de rutina diaria, o muiñeiro decide deixar aos seus paxaros en liberdade. Para facer isto, ten que ser máis astuto que os cazadores que disparan regularmente ás aves no campo veciño ...

Conseguirao?, descobre a resposta en Animacam 2012 facendo click.



Unha vez reamtadas as presentacións, lembrámosvos que podedes votar ao voso "mellor director" rexistrándovos na WEB de Animacam 2012 e puntuando o filme en escala de 1 a 5 estrelas. A que esperas? ... rexístrate facendo click e vota !!!



8 de enero de 2013

Hoxe comeza o período de votacións dos finalistas Online en Animacam 2012



O inicio da fase de votacións Online ten lugar dende hoxe 8 de xaneiro até o próximo 8 de febreiro, por parte dos usuarios e internautas que se rexistren na WEB de Animacam.

 Para poder votar os teus filmes favoritos na V edición de Animacam debes estar rexistrado na web ... así que, a que esperas?, rexístrate xa e se o primeiro en apoiar ao teu filme favorito dos 41 participantes. 

Gozade da proposta amigos!!!


7 de enero de 2013

ANIMACAM 2012 presenta a súa selección de Finalistas


A Organización do V Festival Internacional de Animación ANIMACAM 2012 presenta a súa selección de finalistas On-line e Off-line.

Un total de 77 filmes competirán polos premios ao Mellor Director/a e á Mellor Película de Animación (41 deles On-line/Off-line e 36 exclusivamente Off-line). O premio ao Mellor Director/a, será outorgado polo Público On-line a través dos seus votos mediante rexistro de usuario na web de Animacam e o Premio á Mellor Película de Animación será outorgado polo Público asistente ás proxeccións das películas finalistas que terán lugar no Museo de Arte Contemporánea Gas natural Fenosa na Coruña, durante a semana do 4 ao 9 de febreiro de 2013.

Finalistas On-line: 5/6/7/8 de febreiro, de 17:30 a 19:00 Horas

Finalistas Off-line: 5/6/7/8 de febreiro, de 19:30 a 21:30 Horas

O inicio da fase de votacións Online, terá lugar desde mañá 8 de xaneiro até o próximo 8 de febreiro por parte dos usuarios e internautas que se rexistren na WEB de Animacam.