31 de mayo de 2010

Last time in Clerkenwell

O ruso Alex Budovskiy preséntanos a segunda parte de Bathtime in Clerkenwell: Last time in Clerkenwell, unha divertida animación flash que narra o desenlace da primeira parte, na que a Revolución dos cucos está asentada e teñen Londres tomado por completo.

A segunda parte de Bathtime in Clerkenwell (2002) cóntanos como a Lexión Real de cucos, tras a súa conquista de Londres e a súa toma de poder. O Imperio dos Paxaros esténdese máis aló dos límites da Terra e cae en circunstancias inesperadas.

28 de mayo de 2010

The elephant

Milena Klebanov preséntanos unha fermosa e interesante historia: The elephant. Unha animación que encerra unha curiosa moralexa que todos deberiamos aprender: "Se contas cun aspecto diferente ao resto, non sintas vergoña".

Esta animación data do ano 2006, é unha experiencia plástica novedosísima que trata de amosar unha bonita historia a modo de fábula, protagonizada por un elefante e con secundarios con diversas especies da fauna.

27 de mayo de 2010

Xoves + estrea = Animacam!

De novo, este xoves presentamos cinco novas animacións a concurso na Sección Oficial do Festival Animacam. Son xa máis de 60 as animacións disponíbeis na páxina web. Nesta ocasión, as historias céntrase no drama, na melancolía e morriña pero tamén tendo un toque de picardía e renartería así como moita música!

Milena Klebanov preséntanos unha fermosa e interesante historia: The elephant. Unha animación que encerra unha curiosa moralexa que todos deberiamos aprender: "Se contas cun aspecto diferente ao resto, non sintas vergoña". Da animación israelí, pasamos a este doce filme sobre a pescuda dunha rapaciña, que descobre o mundo enteiro dentro dunha folla. Baixo o título Lebensader, a animadora alemana Angela Steffen, emprega a técnica de 2D tradicional misturada con backgrounds cheos de colorido. Joaquín Carrasquilla volve participar cunha animación creada para un programa de televisión llamado En 13 a ganar!

O ruso Alex Budovskiy preséntanos a segunda parte de Bathtime in Clerkenwell: Last time in Clerkenwell, unha divertida animación flash que narra o desenlace da primeira parte, na que a Revolución dos cucos está asentada e teñen Londres tomado por completo. Por último, Elliot Cowan dende Australia, móstranos un conto sobre a obsesión, a paranoia e o té quente: The thing in the distance.

O reloxo da audiencia dá a unha

O reloxo da audiencia dá a unha é unha curtametraxe realizada dentro do X Certame Internacional de curtametraxes cidade de Soria organizado pola Boca do Lobo Festival itinerante. Trátase dun documental de ficción sobre a historia do reloxo que preside a praza maior da cidade de Soria. Marco Polo e Antonio Machado entre outros figuran entre os protagonistas desta singular historia.

PDA (Pequenos Debuxos Animados) continúa coa súa participación en Animacam, presentando unha nova obra de animación, esta vez, realizada por 12 nenos sorianos de entre 9 e 12 anos de idade. Con este proxecto realizado e desenvolvido xunto co Instituto Cervantes, a asociación pretende mostrar a beleza e inocencia coa que un neno pode pensar, debuxar, trazar e retratar unha historia.

Produción: PDA

Duración: 3'34'' aprox.


Realización:
Natalia Pascual (9 anos), Arabela de Miguel Robledo (9 anos), César García Borque (12 anos), Lucía Ceña (9 anos), David Carramiñana Jimenez (12 anos), Gala Castro (12 anos), María Berzosa (12 anos), Angela Lorenzo García (12 anos), Alberto do Río (12 anos), Yago Tarazona Calvo (12 anos), Stephania Barcacel Cueto (10 anos), Iñigo Laínez (10 anos), Xara Baena (12 anos)

Agradecementos: Javier Alimaña, Rafael San Millán, Ramiro, Ana García

26 de mayo de 2010

Animacam Showreel 2010

Bathtime in Clerkenwell

A Gran Revolución dos cucos británicos, quen toman con fiereza Londres, obrigando a todos a meterse dentro dos reloxos de cuco.

Alex Budovskiy preséntanos unha das súas primeiras animacións titulada Bathtime in Clerkenwell. Nacido en 1975 en San Petesburgo, o animador ruso conta cunha ampla experiencia no eido da animación, tanto en flash (como é o caso), coma en 2D e 3D, Bathtime in Clerkenwell é a precuela da animación Lastime in Clerkenwell na que os cucos toman Londres e comezan o seu goberno de tiranía.

25 de mayo de 2010

Animando o Camiño de Santiago e loitando contra a adversidade


A Asociación Murciana de Enfermos de Parkinson de Inicio Temperán (EPIT) realizou un novo proxecto este ano santo Xacobeo a través do cal os seus integrantes realizaron o Camiño de Santiago a pé e con apoio de autobús.


Os peregrinos iniciaron o seu camiño cara a Compostela o día 5 de abril polo Camiño francés dende Burgos e finalizaron o 11 do mesmo mes (Día Internacional do Parkinson). Os participantes na extraordinaria iniciativa gravaron a súa experiencia en vídeo e colaboran co Festival Animacam, enviando as súas imaxes, captadas durante a peregrinación a Santiago.

Animacam pretende animar o Camiño de Santiago, tamén a través da súa Sección Paralela destinada a peregrinos e visitantes que percorren a travesía cara a Compostela, como o caso de EPIT. A Asociación compartiu con todos os visitantes do site, a experiencia da súa peregrinación a Santiago, colgando os seus vídeos en Animacam, disponibles na Sección Paralela do Festival en portada.

A organización murciana nace da vontade de traballar, axudar e servir a quen foi tocado pola enfermidade de Parkinson, principalmente en idades relativamente temperás. Dada a falta de presenza de asociacións e entidades específicas centradas nesta enfermidade, EPIT centra o seu traballo na información, orientación, asesoramento e apoio psicolóxico aos afectados de Parkinson de Inicio Temperán.


Ademais desta interesante e innovadora proposta, EPIT organiza congresos e encontros relacionados cos enfermos, celebrando xa tres edicións do mesmo; e complementa devanditos eventos con actos presenciais e reunións con outras asociacións nas que se desarollan diversas actividades culturais.


Nun contexto de dificultades engadidas ás xa propias da enfermidade, a aparición de EPIT xorde tras constatar a carencia e falta de organizacións e asociacións específicas de Parkinson Xuvenil ou Temperán, para reivindicar o distintivo de EPIT respecto do paciente de parkinson en idade avanzada.


Con esta acción da Sección Paralela, ademais da Sección Oficial coas películas a competición, Animacam transmite a súa vocación de vínculo intercultural e divulgador do respecto á diversidade de pensamentos e culturas, a través dunha experiencia que reúne por centos de miles de peregrinos, turistas e internautas de todo o mundo.

Para máis información sobre Animacam.tv
info@animacam.tv
+ 34 988 465 190 / 649 126 630

14 canonazos bailables de Chimiboga

Show-reel de Chimiboga.com. 14 canonazos bailables

O arxentino Ayar Blasco preséntanos diversas animacións flash creadas durante o ano 2009 que conforman o show-reel de Chimiboga, empresa de animación arxentina. Entre os canonazos que nos amosa, atopamos a particular historia de Bugs Bony: o coello drama, así como a sátira de personaxes clásicos de Disney coma Pluto e o rato Mickey. Outras historias como O té, O Banco, A terapia de grupo do Doutor Bucay e Toda a verdade acerca de fumar droga nos parques completan esta graciosa animación que resume a labor de Chimiboga durante o pasado ano.

24 de mayo de 2010

A historia de Puppetboy

PuppetBoy está a suar arxila, xa que se está a preparar para a visita dunha dama. Aínda por riba, ponse máis nervoso cando ela chega.

Johannes Nyholm volve a participar en Animacam, tras presentar a súa obra Dreams of the Woods, un teatro de marionetas, presenta The Little Tale of the Puppetboy, unha historia en plastilina que narra o desacougo de Puppetboy pola espera dunha visita. Cando a visitante chega, a Puppetboy non lle deu tempo a preparar nada e os nervios traizóanlle sen ter a posibilidade de amosar ser un bo anfitrión.

21 de mayo de 2010

Este venres estamos de estrea!

De novo, tornamos aos venres como final da semana laboral para ofrecervos cinco animacións de estrea en Animacam, e así ter ocasión de disfrutar e animarse a fin de semana. Esta semana destacamos a mistura de técnicas de animación, as diferentes liñas argumentais seguidas polos creadores, as peculiaridades e particulares das animacións de diferentes países e destacar a participación dun anuncio latino con más de 25 anos e unha nova animación de PDA (Pequenos Debuxos Animados) creada por un grupo nenos españois dende Soria.

Johannes Nyholm volve a participar en Animacam, tras presentar a súa obra Dreams of the Woods, un teatro de marionetas, presenta The Little Tale of the Puppetboy, unha historia en plastilina que narra o desacougo de Puppetboy pola espera dunha visita. Ayar Blasco dende Arxentina regresa con 14 cañonazos bailables de Chimiboga, abrindo boca con pequenos relatos cómicos feitos en flash. Tamén de Latinoamérica, chega un novo spot de Joaquín Carrasquilla, onde un animado King Kong de plastilina presenta unha bebida refrescante. Esta animación data do ano 1984 e vén dende Panamá.

Alex Budovskiy
estrena en Animacam Bathtime in Clerkenwell, unha historia en flash, que nos achega a Gran Revolución dos páxaros de cuco británicos, fartos de cumprir as ordes dos folgazáns, deciden tomar Londres. E por último, chéganos unha nova animación de PDA (Pequenos Debuxos Animados) creada por 12 nenos sorianos de entre 9 e 12 anos baixo o título El reloj de la audiencia da la una: un documental sobre a historia do reloxo que preside a praza maior da cidade de Soria.

Paz mundial

Joaquín está a ter un soño salvaxe, que comeza con George Bush coma unha pomba da paz e a súa particular resposta a un posíbel ataque perigoso.

Curiosa animación panameña presentada de novo por Joaquín Carrasquilla na que fai unha parodia da resolución de conflictos do anterior presidente norteamericano George Bush, misturando a imaxe real coa animación en plastilina.

20 de mayo de 2010

Nove razóns para non coller o bus en Budapest.

Benvidos a Budapest e usen o noso transporte público! Que teñan boa viaxe!

O húngaro Tamás Patrovits preséntanos esta simpática e ilustrativa animación na cal un cidadán de Budapest trate de coller o autobús con nefastas consecuencias. Nin unha, nin dúas, nin tres: Nove razóns para non coller o bus en Budapest.

19 de mayo de 2010

Os Pavilolos nas fallas valencianas

Os pavilolos volven a facer das súas, desta vez nas fallas de Valencia.

Paco Ortiz volve a participar en Animacam tras presentar nas pasadas edicións obras como Resiliente, e os catro anteriores volumes dos Pavilolos: un trío de graciosas, ledas e dicharacheras aves que buscan pasalo ben, sempre a costa de meterse cun dos paxariños. Esta simpática comedia elaborada en 2D tradicional, utiliza diversos estilos de fondo para recrear as máis cómicas situacións.

18 de mayo de 2010

In chase of

Un divertido vagamundo descobre un día que a morte o axexa pola rúa. Despois de tratar de escapar sen éxito, vese atrapado nun canellón sen saída. Pero afortunadamente para el, a morte en realidade non está a seguires ao vagamundo: o problema está no pelo.

Hayk Sahakyants dende Armenia preséntanos esta desternillante aventura en 3D sobre un mendigo que buscando entre lixo e tratando de sobrevivir, tópase coa morte cara a cara. A súa fuxida é totalmente en van, xa que da morte, ninguén pode escapar. Producida por Robert Sahakyants e David Sahakyants, Animacam presenta a primeira animación armenia nas súas tres edicións.

13 de mayo de 2010

Nenos españois e xordanos participan xuntos en Animacam cunha Curta de Debuxos Animados

Dezaoito nenos de entre seis e doce anos, de orixe española e xordana, co respaldo da asociación PDA (Pequenos Debuxos Animados) e a colaboración do Instituto Cervantes, realizaron unha curta de animación no seu centro de Ammán (Xordania) en tan só cinco días.

O filme dos pequenos, leva por título “O meu amigo Amyad”, ten unha duración de oito minutos e está baseado na vida real de dous beduinos que viven no deserto de Wadi Rum. O equipo dos dezaoito rapaces (nove españois e nove xordanos), que realizaron os debuxos, os fondos e a concepción da idea da obra nunha semana, estivo coordinado por PDA (Pequenos Debuxos Animados), unha asociación de artistas audiovisuais que realiza proxectos de curtametraxes de animación coa colaboración de nenos de idade temperá. Co emprego dunha metodoloxía lúdica e didáctica, pretenden así explicar o proceso de creación dun proxecto audiovisual animado.

Ademais desta obra, a asociación expuxo un tour de animacións desenvolvidas en diferentes puntos do país e o resto do mundo, por exemplo Madrid, Zlin (República Checa), Roma ou Orán (Alxeria). O equipo de PDA está composto por Mario Torrecillas (director), Tyto Alba (debuxante e animador), David Borrull (realizador de animación) e Pablo Hernández (experto en artes visuais); catro profesionais da animación que uniron as súas forzas para desenvolver este proxecto pioneiro na introdución á aprendizaxe da creación audiovisual.


Como non podía ser doutro xeito, Animacam seleccionou o traballo para Concurso na categoría de Curtametraxe da Sección Oficial, sumando así xa, nesta recentemente estreada 3ª Edición, 70 películas de 27 países, a catro meses aínda da fase de votación. Este é un claro exemplo de como Limaia Produccións S.L. (produtora con sede en Sandiás, organizadora de Animacam.tv) pretende, coas aportacións dos usuarios e navegantes, ser punto de encontro entre creadores de debuxos animados e internautas de todo o mundo, como o é o Camiño de Santiago para a humanidade.

12 de mayo de 2010

A viaxe á imaxinación dun caricaturista

É unha viaxe a través da imaxinación dun caricaturista, entramos no mundo dos seus debuxos, o cal é unha viaxe surrealista que todos disfrutarán.

El caricaturista é unha obra da categoría retrospectiva (unha das máis antigas presentadas ao Animacam) que nos chega da man de Joaquín Carrasquilla dende Panamá. Este experimentado animador é un todoterreo, xa que realiza tanto vídeos multimedia, publicidade, cortinillas animadas, cabeceiras de programas de televisión e tamén curtametraxes... Esta en concreto é unha obra que data de máis de vinte anos: foi creada en 1986.

11 de mayo de 2010

Dreams from the woods

Un día a Rapaza fuxe do seu amigo Big Bird na pescuda de aventuras polo mundo adiante. Porén, atraída pola fermosa música da frauta da Morte, pérdese na espesura do bosque. Unha obra de teatro de títeres de sombras sobre o amor e a dor.

O animador sueco Johannes Nyholm preséntanos esta doce e á vez aterradora historia de títeres que ten coma protagonista a unha mociña con gañas de descubrir un mundo novo. Esta animación innovadora (o sueco emprega habitualmente a técnica de plastilina e stop-motion para as súas obras) foi presentada en numerosos festivais coma A Quincena dos Realizadores de Cannes, o Festival Guldbaggen, o Festival Internacional de Eslovenia ou o Festival de Animación da India entre outros e recoñecida no Festival Brasileiro de Janela.

O significado da vida

Esta película foi creada durante o taller de animación con Phil Mulloy en Sofía, Bulgaria, 2008. O filme conta unha historia abstracta do sentido da vida e todas as cousas que nos rodean.

Unha secuencia de tiro rápido de símbolos con significado socialmente prescrito para unha banda sonora desarticulada. Meaning é unha curtametraxe experimental realizada por Borislava Zahova.

10 de mayo de 2010

Monstera deliciosa

Un home queda abraiado co aspecto dunha muller de atracción estrana nun invernadoiro cheo de xigantescas prantas tropicais.

A fantasía dos alumnos da escola francesa de animación Gobelins volve de novo a Animacam con esta fermosa e estrana historia: Monstera deliciosa. Dirixida por Jérémy Macedo, Julien Perron, Ornélie Prioul e Rémi Salmon, empregan de novo a técnica tradicional de animación 2D para recrear espectacular e coloridos escenarios.

7 de mayo de 2010

Super 8 Film Fighter

A increíble loita entre unha cámara de super 8 e unha cámara de vídeo.

Juan Carlos Ballesteros e Stefano Nicoli dirixen este logradísimo stop-motion no que o material audiovisual arcaico e obsoleto loita contra os novos instrumentos e maquinaria para sobrevivir. Luces, cámaras e sobre todo... acción! en Super 8 Film Fighter

6 de mayo de 2010

Os xoves son de estrea!

A partir de agora, as estreas de Animacam serán o xoves de cada semana. Tras disfrutar dunha semana completa con cinco películas nas cales contemplábamos diferentes rexistros, queremos obsequiarvos con outras cinco estreas: cinco obras de animación en 2D, stop-motion e animación con títeres; historias tristes e alegres para que contedes coa alegría e o ánimo deste mes de maio.

Dende España, Stefano Nicole nos presenta unha loita en stop-motion do máis curiosa: Super 8 Film Fighter; unha cámara de Super 8 enfróntase a un inimigo mordaz: a cámara de vídeo. Os franceses da escola de animación Gobelins, ofrécennos Monstera Deliciosa, un filme de Jérémy Macedo, Julien Perron, Ornélie Prioul & Rémi Salmon, sobre a fascinación dun home por unha estrana muller.
El caricaturista é unha obra da categoría retrospectiva (unha das máis antigas presentadas ao Animacam) que nos chega da man de Joaquín Carrasquilla dende Panamá. A animación de 1986 narra a viaxe a través da imaxinación dun caricaturista. O sueco Johannes Nyholm nos presenta Dreams from the Woods, unha obra de teatro de títeres de sombras sobre o amor e a dor, presentada á Quincena de Realizadores de Cannes. Por último, a animadora búlgara Borislava Zahova preséntanos Meaning, unha secuencia de tiro rápido de símbolos con significado socialmente prescrito para unha banda sonora desarticulada.

O inmeso do corpo humano

Zhivko Dimitrov preséntanos dende o Reino Unido unha apaixoante viaxe experimental na que o corpo humano é o auténtico protagonista en Body

Inspirado pola fenomenología e a función do corpo humano na conformación das percepcións da realidade, o corpo segue a viaxe dun personaxe ficticio en busca de respostas ás preguntas da gran vida, o universo e todo. O personaxe embárcase nunha viaxe polo espazo nun mundo de fantasía formado por orgánica, a materia corporal. Baixo as estrelas dos ollos, a través das corais de dedos entre os beizos como pingas de choiva que descobre unha realidade construída a partir do corpo humano. Xusto cando a súa viaxe lévao ao corazón do mundo, onde as leis e regularidades que rexen a mecánica da fantasía da realidade ponse de manifesto, espértase no seu mundo real que é un diametralmente oposto - en lugar dunha realidade composta polos órganos, atópase cuns organismos compostos de obxectos inanimados. Non se refiren a estas criaturas urbanas, escápase o personaxe de volta á natureza, onde unha misteriosa muller podería ser a celebración da clave das respostas cobizadas, unindo a súa viaxe pola realidade da súa viaxe a si mesmo.

Sementar para aforrar

Un home recibe un paquete á porta da súa casa. A etiqueta promete unha pranta que dá diñeiro como froito. E é totalmente certo!

Oihergi Estornes Rivera preséntanos a súa ópera prima en 2D tradicional empregando os softwares Toon Boom e Premiere para crear unha historia baseada nun dos pecados capitais máis extendidos: a avaricia. Un vello que recibe un paquete dun mensaxeiro agarde que medren cartos dunha pranta. Non é ouro todo o que reluce e a avaricia rompe o saco... Mostra da sabedoría popular do refraneiro é A árbore do diñeiro

5 de mayo de 2010

Pesadelos...

Unha parella está vendo unha película na televisión. Él descoñece o argumento e non entende que é o que está sucedendo.

Nova comedia do arxentino Ayar Blasco de Chimiboga. Un filme de terror na televisión; unha cea e unha parella discutindo porque el non deixa de interrumpir a súa moza. Esta animación en flash é unha das numerosísimas creadas por Chimiboga, sempre cun ton satírico, burlesco e cun humor moi propio de Arxentina. Agardemos que o rapaz non teña... Pesadelos

4 de mayo de 2010

Saga of Raakvil

O grupo creativo «GunArt Filme Studio» continúa traballando na creación dunha serie de ciencia ficción Saga «O espazo - Saga de Raakvils».

A trama orixinal do proxecto baséase en autores s de G. Miksitisa concepto «da saga para Raakvil» no que o lugar dunha civilización terrestre no proceso xeral do movemento da razón no tempo e o espazo, e como os problemas das relacións do home con outros as formas dunha vida considérase. Contra voo intergaláctico, as relacións da persoa e o "estraño", a súa mostra dos sentimentos analízanse. Nunha película concentrada que se ofrece para estimar a lealdade da poboación contra concibir de maneira diferente, polo que, en contra de "estraños".

3 de mayo de 2010

Un tour de manege

Un carrusel máxico leva a unha nena a unha viaxe ao océano da vida.

A escola francesa Gobelins continúa a presentar as obras dos seus alumnos en Animacam, empregando a rede como mecanismo de promoción dos traballos dos novos talento. Este venres é a quenda de Un tour manege dirixida por Nicolas ATHANE, Brice CHEVILLARD, Alexis LIDDELL, Françoise LOSITO e Mai NGUYEN.