12 de junio de 2012

Un millón de gracias polo voso millón de visitas

 Hoxe, despois de catro anos xuntos, Animacam quérevos dar as gracias por compartir connosco este longo camiño, por facernos gozar da vosa compañía nesta longa travesía e por axudarnos a formar a gran familia animada que ano tras ano se reúne en cada unha das edicións que conforman este encontro.

Gracias aos participantes e aos seguidores, aos profesionais do sector e as novas promesas, ás produtoras e ás escolas de animación, ás distribuidoras ... a todos gracias por seguir compartindo a ilusión deste proxecto e, coa vosa dedicación e interese, facer posible que Animacam alcanzase o millón de visitas no seu Portal Web. 

 A través deste logro, non podemos máis que reafirmar o noso compromiso convosco: para seguir axudándovos a promocionar as vosas obras, para que a animación internacional atope a súa pequena casa na rede de redes e, sobre todo, para facer que sigades gozando duns inesquecibles momentos animados.

 Con todo iso, só queda dicir que vos esperamos en Animacam V coa mesma ilusión que o primeiro día e con todas as ganas de continuar facendo camiño xuntos.

Moitas Gracias a Todos !!!


Equipo Animacam