18 de enero de 2013

4 obras de Animación de Estonia finalistas na categoría Online de Animacam 2012



Estonia presenta a súa candidatura a mellor director no V Festival Internacional de Animación Animacam 2012, con catro obras de primerísimo nivel e contrastada traxectoria internacional 

A mellor animación de Estonia salta á palestra da man de Animacam 2012 con catro obras de Animación que, como non pode ser doutra maneira, utilizan a técnica máis desenvolvida e empregada neste país: o Stop Motion de Marionetas.

O tres primeiros finalistas chégannos da man da produtora NUKUFILM OÜ e son as seguintes:


Happy Birthday, obra dirixida polo consagrado Rio Unt e animada polo coñecido animador estoniano Andres Tenusaar, enfoca en 12 minutos unha peculiar visión sobre o sempre controvertido dilema moral de ciencia ou relixión. 

Neste filme móstrase a peculiar visión sobre un fantástico duelo entre o Xesús bíblico e un robot feito polo home. Logrará romper o robot as dogmas formados e converter a relixión ao seu favor, ou o status quo reinante manterase firme?. 




Con Triangle Affair, Andres Tenusaar ponse á fronte da dirección combinándoa coa animación, na que se acompaña da calidade artística de Marili Toome, para ofrecernos unha espectacular coreografía de 10 minutos de duración á que, ademais de gran plasticidade, complementa cun profundo sentido metafísico da realidade.

 Porque non hai triángulo sen esquinas, non hai ningunha dirección sen un triángulo e non hai movemento sen unha dirección ...




Como culmen á participación de NUKUFILM na sección Online de Finalistas, Animacam 2012 ten o inmenso pracer de presentarvos a premiada obra do novo animador Estoniano Ulo Pikov: Body Memory. 

Body Memory é unha premiada curtametraxe dotada dunha enorme calidade técnica que, baixo un transfondo claustrofóbico, móstranos a estreita relación da memoria do corpo en consonancia coa herdanza ancestral dos nosos antepasados e o sinal que esta xera nos descendentes. 




Para completar esta nutrida oferta, Animacam 2012 prcese en presentar a ópera prima de Anu Laura Tuttelberg, Fly Mill.

Fly Mill recibiu máis dunha decena de premio internacionais dende Xeorxia até Brasil, pasando por Alemaña, Portugal e México entre outros. 

Neste filme, Anu Laura Tuttelberg a través dun cuidadísimo traballo con marionetas, cóntanos  a historia dun home que vive nun antigo muíño de auga e todos os días fai un pan especial para os patos que o coida. Despois de moitos días de rutina diaria, o muiñeiro decide deixar aos seus paxaros en liberdade. Para facer isto, ten que ser máis astuto que os cazadores que disparan regularmente ás aves no campo veciño ...

Conseguirao?, descobre a resposta en Animacam 2012 facendo click.



Unha vez reamtadas as presentacións, lembrámosvos que podedes votar ao voso "mellor director" rexistrándovos na WEB de Animacam 2012 e puntuando o filme en escala de 1 a 5 estrelas. A que esperas? ... rexístrate facendo click e vota !!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada